A Galicia de Maeloc
A Galicia de Maeloc, é o primeiro álbum de estudio do grupo tradicional galego Milladoiro. Foi gravado nos estudos Audiofilm de Madrid en febreiro de 1980 e publicado en 1980, baixo o selo Ruada. No mercado francés publicouse en 1983, baixo o selo Escalibur. Foi reeditado en 1984, baixo o selo Diapasón. En 1990 foi editado en CD, polo selo Doblón (Dial Discos).
A Galicia de Maeloc | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Milladoiro | ||||
Publicado | 1980 | |||
Gravación | Febreiro de 1980 | |||
Estudio(s) | Audiofilm (Madrid) | |||
Xénero(s) | Folk | |||
Selo(s) | Ruada, Escalibur, Diapasón, Doblón | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Trátase do primeiro disco galego que combina gaitas galega e irlandesa (uillean pipe), ocarina, zanfona, arpa, clavecín, frautas, etc.; e do primeiro que se editou no mercado francés.
Lista de cancións
editarN.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Danza se San Roque de Hío" | Tradicional | 4:01 |
2. | "Tecendo liño" | Tradicional | 1:44 |
3. | "Danza de Cariño" | Tradicional | 2:30 |
4. | "A bruxa" | Antón Seoane | 3:09 |
5. | "Muñeira do areal" | Tradicional | 2:42 |
6. | "Si Bheag Si Mhor - John Ryan's Polka" | O'Carolan, Tradicional | 3:29 |
7. | "Rosalía" | Antón Seoane | 3:51 |
8. | "Alalá - Muiñeira - Jiga" | Tradicional | 4:00 |
9. | "Danza de astureses" | Tradicional | 2:43 |
10. | "Ila vai ó mar" | Rodrigo Romaní | 4:07 |
11. | "Pasodoble do Berbés" | Tradicional | 3:00 |
12. | "Axéitame a polainiña" | Tradicional, R. Romaní | 4:14 |
13. | "Polcas (de Arousa e do Tapal)" | A. Seoane, R. Romaní, Laura Quintillán | 2:27 |