Autoestrada Central Galega

autoestrada de Santiago de Compostela a Dozón
(Redirección desde «AP-53»)

A Autoestrada Central Galega é unha vía de altas prestacións que interconecta entre Santiago de Compostela (AP-9) e o Alto de Santo Domingo (Dozón) e é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento.

AP-53
Autoestrada Central Galega
TipoloxíaAutoestrada de peaxe
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude56,59 km
Localización
InicioSantiago de Compostela - AP-9
FinAlto de Santo Domingo (Dozón) - AG-53

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios[1], mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios[2] ós oito meses da súa posta en servizo.

Construción

editar

O proxecto da autoestrada iniciouse baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns. A construción levouse a cabo por treitos:

Tramo Lonxitude (km) Inauguración
Santiago de Compostela - Silleda 33 Decembro 2002
Silleda - Lalín Leste 13 Decembro 2003
Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) 10 Xuño 2004

Os primeiros treitos foron inaugurados polo seguinte orde: o treito Santiago de Compostela - Silleda foi inaugurado en decembro de 2002,[3] o treito Silleda - Lalín Leste foi posto en servizo en decembro de 2003[4] e o treito Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) foi posto en servizo en xuño de 2004.[5]

O treito de autoestrada xestionado por ACEGA (Autoestrada Central Galega C.E.S.A.) consta de dúas estacións semitroncais de peaxe (en Vedra e Ponte) e tres accesos (Ribadulla, A Bandeira e Ponte, Silleda). Os tres accesos de Lalín son libres de peaxe, facendo así de circunvalación exterior da vila, tamén está libre de pago o semienlace de Dozón.

Problemática da peaxe

editar

O traxecto dende Santiago ata Dozón cóbrase a 6,15 € para turismos e a 8,65 € para camións tras continuas subidas dende a súa posta en servizo cando custaba 4,60 €. Estes altos prezos fan que sexa moi pouco utilizada por camións, que seguen a circular pola N-525 durante o treito de pago.

O problema da peaxe está en parte xerado pola gratuidade da autoestrada dende Lalín a Dozón, o que produce que se cobre a viaxe completa ata Dozón aínda que se saia na primeira saída de Lalín, 15 km de diferenza.

Alberto Núñez Feijóo prometeu durante a campaña electoral de 2009 rebaixar a peaxe, pero unha vez no goberno, supeditou a redución do prezo ao traspaso da autoestrada por parte de Fomento á Xunta[6]

Infraestruturas destacables

editar

Saídas

editar
número de saída nome da saída estrada coa que liga
  Santiago de Compostela - Boqueixón - Vedra
A Coruña - Vigo
A Estrada - Teo
 N-525 
 AP-9 
 AC-841 
  2 A Estrada - Cacheiras  AG-59 
  Sentido Santiago Peaxe de Vedra
  15 Ponte Ulla - Pontevea
A Estrada
 AC-241 
 CP-8902 
  24 A Bandeira - Chapa
A Estrada - Caldas de Reis
 N-525 
 N-640 
     Área de Servizo de Silleda
  33 Silleda
Vila de Cruces
Forcarei
 N-525 
  PO-205 
  PO-2205 
  Sentido Ourense Peaxe de Silleda
  41 Lalín Oeste - Polígono industrial Lalín 2000
Lugo
 N-525 
 N-640 
  46 Lalín Centro - Polígono industrial de Botos
Forcarei
Chantada
O Irixo
 N-525 
 PO-534 
 PO-533 
 PO-902  
  50 Lalín Leste  N-525 
  56 (Só en sentido Ourense) Dozón  N-525 
   Fin da AP-53, pasa a ser AG-53  AG-53 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar