Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición
(Redirección desde «AESAN»)
A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), en castelán Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición, foi un organismo autónomo de España adscrito ao Ministerio de Sanidade e Consumo, que existiu entre 2002 e 2014. En 2014, polo Real Decreto 19/2014, de 17 de xaneiro, fundiuse co Instituto Nacional do Consumo dando lugar á Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición.
Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición | |
---|---|
Acrónimo | AESAN |
Tipo | axencia gobernamental |
Data de fundación | 2001 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Misión
editarA súa misión era garantir o máis alto grao de seguridade e promover a saúde dos cidadáns:
- Reducido os riscos das enfermidades transmitidas ou vehiculadas polos alimentos.
- Garantindo a eficacia dos sistemas de control dos alimentos.
- Promovendo unha alimentación variada e equilibrada que promova unha mellor saúde da poboación favorecendo a súa accesibilidade e a información sobre as mesmas.
Funcións
editar- Coordinar as actuacións relacionadas directa ou indirectamente coa seguridade alimentaria.
- Instar actuacións executivas e normativas, das autoridades competentes, especialmente en situacións de crises ou emerxencias.
- Coordinar o funcionamento das redes de alerta existentes no ámbito da seguridade alimentaria.
- Asesorar na planificación e desenvolvemento das políticas alimentarias.
- Elaborar, en coordinación coComité Científico, informes técnicos e difundilos.
Lista de Presidentes
editar- Pilar Farjas Abadía (2012-2014)
- Roberto Sabrido Bermúdez (2008-2012)
- Félix Lobo Aleu (2005-2008)
- María Purificación Neira González (2002-2005)
Lista de Directores Executivos
editar- Ángela López de Sá (2012-2014)
- Ana María Troncoso González (2008-2012)
- José Ignacio Arranz Recio (2004-2008)
- Pilar Farjas Abadía (2002-2004)