ABBA
ABBA foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid).[1] O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974.[2] Desde entón, ABBA gañou popularidade empregando melodías pegadizas, letras simples e o seu son propio, caracterizado polas harmonías das voces femininas e o wall of sound, un efecto musical creado polo produtor Phil Spector. Björn e Agnetha contraeron matrimonio meses antes da formación do cuarteto, mentres que Benny e Frida fixérono en 1978; os catro cumprían coas súas obrigacións artísticas ao tempo que se ocupaban das súas novas familias. As súas gravacións tiveron un impacto comercial que os levou a converterse nos artistas de maior éxito da súa compañía discográfica —Universal Music Group— e a ser a banda con máis vendas nos anos 1970.[3][4]
ABBA en 1974. De esquerda a dereita: Benny Andersson, Anni-Frid Lyngstad, Agnetha Fältskog e Björn Ulvaeus. | |
Orixe | Estocolmo, Suecia |
Período | 1972 - 1982 |
Xénero(s) | pop |
Selo(s) discográfico(s) | Polar, Polydor, Atlantic, Universal, Epic, Vogue, RCA, PolyGram, Sunshine (Rhodesia-Zimbabwe), Ariston/Dig It (Italia) |
Na rede | |
https://abbasite.com e http://www.abbasite.com/ | |
|
ABBA foi o primeiro grupo pop europeo en experimentar o éxito en países de fala inglesa fóra de Europa, principalmente Australia, Nova Zelandia, Suráfrica, o Canadá e en menor medida os Estados Unidos. Porén, no cume da súa popularidade, ambos matrimonios disolvéronse e estes cambios reflectíronse na súa música, ao escribir letras máis profundas cun estilo musical diferente. A agrupación experimentou un declive comercial e finalmente decidiron separarse, de modo que en decembro de 1982 realizaron a súa última aparición como ABBA.[5]
Logo dun tempo fora do interese público, na década de 1990 o lanzamento de varios álbums de recompilación fixeron posible o seu regreso ao cume das listas de popularidade, e ABBA é agora un dos grupos de maior éxito, con vendas estimadas de entre 380 e 400 millóns das súas producións musicais en todo o mundo.[6][7][8][9][10] A súa foi interpretada por varios artistas recoñecidos, e tamén é a base do musical Mamma Mia!. A agrupación é un símbolo do seu país de orixe, ademais dunha figura importante na expansión do europop. Así, a súa popularidade abriu as portas a outros artistas europeos, unha das razóns polas que ingresaron ao Salón da Fama do Rock.[11][12]
Antes de ABBA
editarDesde os 18 anos de idade, Benny Andersson foi membro de The Hep Stars, unha banda sueca de pop rock que facía versións en sueco de éxitos internacionais. Benny tocaba o teclado e comezou a compoñer temas orixinais para a súa banda, moitos dos cales convertéronse en éxitos locais como: «No Response», «Sunny Girl», «Wedding», «Consolation» e «Speleman».[13] Tamén tiña unha frutífera colaboración co compositor Lasse Berghagen, con quen escribiu e produciu a canción «Hej, Clown» para o Melodifestivalen 1969, o festival que serve como preselección sueca para o Festival de Eurovisión. O tema empatou en primeiro lugar con «Judy min vän» de Tommy Körberg, pero na segunda rolda quedou no segundo posto. Este primeiro intento animou a Benny a seguir escribindo melodías para o festival.[14]
Do mesmo xeito, Björn Ulvaeus pertencía a The Hootenanny Singers, un grupo sueco de música folclórica e skiffle, que tiñan un contrato coa discográfica Polar Music. Björn comezou a escribir material para a súa banda, mentres intentaba sacar adiante unha carreira como produtor en Polar Music, onde se fixo amigo de Stig Anderson, o dono da discográfica.[13] A miúdo The Hootenanny Singers e The Hep Stars coincidían en varios espectáculos, e pronto os dous escritores comezaron unha relación profesional.[15]
En xuño de 1966 compuxeron a súa primeira canción xuntos, a cal titulouse «Isn't It Easy to Say», gravada por The Hep Stars. Stig viu moito potencial na súa colaboración e animounos a que realizasen máis composicións. Björn e Benny comezaron a tocar coa banda do outro no escenario e no estudio, pero non foi ata 1969 cando os dous compositores escribiron e produciron os seus primeiros éxitos: «Ljuva sextiotal», gravada por Brita Borg e «Speleman», o éxito de The Hep Stars.[16]
Agnetha Fältskog[nota 1] gravou o seu primeiro álbum de estudio cando só tiña 17 anos e os críticos recoñecérona como unha compositora talentosa. De feito, antes de formar parte de ABBA, Agnetha xa publicara catro álbums e máis de quince sinxelos en Suecia.[13] A inspiración nos seus primeiros anos proviña de cantantes co estilo de Connie Francis, aínda que a maioría das súas cancións pertencían ao xénero schlager. Xunto coas súas propias composicións gravou varias versións de éxitos estranxeiros e cantábaos nas súas xiras polos folkparks.[17]
Anni-Frid «Frida» Lyngstad cantou desde os 13 anos con varias bandas de jazz, incluso creou a súa propia agrupación chamada Anni-Frid Four. No verán de 1967 gañou unha competición nacional de talento coa canción «En ledig dag», onde o primeiro premio era un contrato coa discográfica EMI e unha presentación en directo nun popular programa de televisión. SVT transmitiu o episodio no «Dagen H», o que permitiu un nivel de audiencia alto durante a presentación de Frida.[18] Deste xeito lanzou varios sinxelos con EMI e tivo un éxito significativo nas listas de radio suecas. A partir de 1969, Frida comezou a viaxar e a presentarse con regularidade nos folkparks, ademais de facer aparicións en radio e televisión. En 1971 púxose en contacto con Benny para producir o seu primeiro álbum, onde conseguiu o seu primeiro sinxelo número un. Nesa canción, «Min egen stad», os catro futuros membros de ABBA cantaban nos coros.[18]
Previamente, Frida coñeceu a Björn en 1963 durante o concurso de talento, e a Agnetha durante un programa de televisión a principios de 1968. En marzo de 1969, Agnetha coñeceu a Björn nun concerto, volvéndose a encontrar durante a gravación dun especial de televisión e pronto convertéronse en parella.[13] O 1 de maio dese ano, Frida participou no Melodifestivalen 1969, onde coñeceu a Benny. Unhas semanas despois víronse nun concerto e ao pouco tempo tamén se comprometeron, pero ata 1978 non contraeron matrimonio.[13] The Hep Stars e The Hotennany Singers desintegráronse a finais da década de 1960, polo que Björn e Benny comezaron a gravar o seu primeiro álbum como dúo, chamado Lycka, o cal contiña composicións feitas ao longo deses anos. Frida e Agnetha colaboraron nos coros dalgúns temas.[15]
En abril de 1970, cando os catro estaban de vacacións en Chipre, o que empezou como un canto por diversión na praia, rematou nunha presentación improvisada ante os Cascos Azuis da ONU, sendo esta a primeira presentación dos futuros membros de ABBA.[15] En setembro de 1970 saíu á venda o álbum Lycka, acreditado simplemente ao dúo Björn & Benny. Para a promoción lanzáronse como sinxelos os temas «Det kan ingen doktor hjälpa» e «Tänk om jorden vore ung», con Agnetha e Frida como coristas, que obtiveron un éxito moderado. Finalmente, o 1 de novembro de 1970 en Gotemburgo os catro presentaron un espectáculo de cabaret denominado Festfolk —un xogo de palabras en sueco que significa ‘festa da xente’ ou ‘parellas comprometidas’—, recibindo críticas negativas.[1] Xunto con outros números, o cuarteto cantaba o éxito de Björn & Benny «Hej, gamle man» e cancións dos seus propios álbums. O espectáculo non captou a atención do público, e tras unha curta xira por Suecia os catro decidiron concentrarse nos seus proxectos individuais de novo.[19]
Formación do grupo (1971-1973)
editarPouco despois do lanzamento de Lycka, Agnetha lanzou o seu cuarto álbum de estudio, När en vacker tanke blir en sång[20] e contraeu matrimonio con Björn o 6 de xullo de 1971, nunha cerimonia que a prensa de Suecia cualificou como «a voda do ano».[21] Agnetha, Björn e Benny comezaron a presentarse xuntos ese verán e apareceron nalgúns concertos e programas de televisión.[22] Pola súa banda, con axuda de Benny, Frida comezou a producir a súa primeira produción discográfica, Frida, o cal presentouse en marzo de 1971 obtendo boas críticas. Stig Anderson fixouse a meta de entrar ao mercado internacional coa música de Benny e Björn: «Un día o seu dueto escribirá unha canción que se converterá nun éxito mundial», predixo.[16] Stig animou a Björn e Benny a escribir un tema para o Melodifestivalen, e despois de dúas entradas rexeitadas en 1971 («Det kan Ingen Doktor Hjälpa» e «Välkommen Till Världen»),[23] inscribiron no Melodifestivalen 1972 unha nova canción, «Säg det med en sång», interpretada por Lena Andersson. Aínda que o tema quedou en terceiro lugar, converteuse nun éxito en Suecia e convenceu a Stig de que ían por bo camiño.[24]
Porén, os primeiros sinais de éxito internacional chegaron por sorpresa en marzo de 1972, cando CBS Records lanzou no Xapón o sinxelo de Björn & Benny, «She's My Kind of Girl», que chegou ao número sete das listas de Oricon. Aínda que lanzaron dous sinxelos máis no Xapón —«Merry-Go-Round» e «Love Has Its Ways»— non lograron repetir o éxito.[15] A pesar disto, a popularidade de «She's My Kind of Girl» aseguroulles un lugar para representar a Suecia no Festival Yamaha Music, celebrado en Toquio. En novembro dese ano, Björn & Benny viaxaron ao Xapón coas súas parellas, quen tamén lles acompañaron no escenario interpretando o tema «Santa Rosa», que finalmente non obtivo ningún galardón.[25]
O primeiro éxito
editar«As mozas só viñeron axudar aos seus noivos. Non houbo un motivo ulterior. Non podía acreditar esa gravación a Benny & Björn, son as mozas que fan funcionar a gravación. Deberían ser acreditadas tamén... Lancen este disco, deixen que o público se familiarice convosco, non como un acto, senón como un grupo. Deixen que o público diga se hai un futuro para vós como cuarteto».Stig falando sobre o lanzamento de «People Need Love».[26]
Björn e Benny continuaron coas súas composicións e experimentaron con novos sons e arranxos vocais. Finalmente o 29 de marzo de 1972, os catro gravaron unha canción chamada «People Need Love», con máis versos cantados polas mulleres, adquirindo as súas voces máis importancia. Todos entusiasmáronse co novo son e Stig decidiu publicalo como sinxelo en xuño de 1972, baixo a súa discográfica Polar Music; debido a que os catro non pensaran aínda o crear un grupo, o lanzamento foi acreditado simplemente a Björn & Benny, Agnetha & Anni-Frid.[nota 2][27] «People Need Love» chegou ao número 17 nas listas combinadas de sinxelos e álbums en Suecia, suficiente para convencelos de que estaban en medio de algo bo.[28] O sinxelo tamén se converteu na súa primeira entrada ás listas de popularidade nos Estados Unidos, onde chegou ao número 114 da lista de Cashbox e ao posto 117 da lista Record World. Aí chamábanse Björn & Benny (with Svenska Flicka)[nota 3] e o seu selo discográfico era Playboy Records. Porén, de acordo a Stig, «People Need Love» puido ter un éxito máis grande nos Estados Unidos, pero unha discográfica pequena como Playboy Records non tiña suficientes medios de distribución para satisfacer a demanda.[29]
O 30 de abril de 1972, os catro apareceron por primeira vez en televisión como unha agrupación no programa sueco Vi i femman, cantando o tema «People Need Love».[30] Como o sinxelo foi un éxito local, decidiron gravar o seu primeiro álbum xuntos, a pesar de que o formar un grupo non era unha prioridade para ningún nese momento.[25] Así, as sesións de gravación comezaron o 26 de setembro de 1972, e para outubro terminaron un par de cancións.[25] Unha pista en particular incluíu ás chicas como líderes vocais, «Nina, Pretty Ballerina», onde as súas voces postas en harmonía deron por primeira vez unha idea da calidade dos seus talentos combinados. En outubro publicaron o sinxelo «He Is Your Brother», que aínda que non logrou entrar nas listas de vendas, acadou o número un das listas da radio.[31] O 23 de febreiro de 1973 naceu Linda Ulvaeus, a primeira filla de Agnetha e Björn. Previamente, o embarazo de Agnetha supuxera algúns problemas para a promoción dos seus sus primeiros sinxelos: durante a primeira presentación do grupo en Alemaña e Austria, Agnetha foi substituúda por Inger Brundin, unha amiga de Frida.[27]
Ring Ring
editarMentres continuaban as sesións de gravación, os membros do cuarteto continuaron con algúns proxectos individuais. Frida seguiu presentándose a varios espectáculos de cabaret en Estocolmo ata 1973. Nese mesmo ano, Agnetha interpretou a María Magdalena na produción orixinal sueca de Jesus Christ Superstar, recibindo críticas favorables. Björn seguiu traballando ocasionalmente con algúns dos seus compañeiros de The Hootenanny Singers ata o verán de 1974. O grupo e Stig –agora o seu representante– decidiron facer outro intento para o Melodifestivalen, esta vez coa canción «Ring Ring». As sesións de gravación realizáronse co enxeñeiro de son Michael B. Tretow, quen experimentou co wall of sound, unha técnica de produción musical que converteuse en particular son de ABBA.[25] O wall of sound consistía en gravar a melodía nunha cinta mestra, creando posteriormente varias copias desa cinta e reproducilas cunha separación de milisegundos, de xeito que se duplicase o número de elementos que se escoitaban nunha pista e conseguindo así un son máis forte e claro.[32]
Coa pista xa feita e a canción gravada en sueco, Stig arranxou unha tradución ao inglés coa letra por Neil Sedaka e Phil Cody, o que faría ao grupo un gañador seguro.[33] Porén, no Melodifestivalen de 1973 celebrado o 10 de febreiro, «Ring Ring» quedou en terceiro lugar sen oportunidade para presentarse no concurso internacional.[24] A pesar do resultado, o cuarteto mantivo os seus plans e lanzou o seu primeiro álbum, chamado Ring Ring, que contiña éxitos pasados como «People Need Love» e «He Is Your Brother», así como os sinxelos «Love Isn't Easy (But is Sure is Hard Enough)» e «Another Town, Another Train». Pola súa banda, o sinxelo «Ring Ring» tivo unha boa acollida en varios países europeos, pero Stig sentiu que o verdadeiro éxito chegaría só cun número un no Reino Unido ou nos Estados Unidos.[34]
Na primavera de 1973, canso de nomes difíciles, Stig empezou a referirse ao grupo en público como ABBA, acrónimo formado polas primeiras letras do nome dos seus integrantes: Agnetha, Björn, Benny e Anni-Frid.[35] Ao principio non foi tomado en serio, xa que «ABBA» era o nome dunha coñecida compañía de mariscos en Suecia, pero Stig chegou a crer que o nome si funcionaría no mercado internacional.[13] Porén, un periódico de Gotemburgo anunciou un concurso para encontrar un nome adecuado para a banda. O grupo recibiu nomes como «Baba» e «Friend and Neighbours», pero ao final todos foron rexeitados e no verán anunciaron que o nome oficial era ABBA;[35] posteriormente, Stig chegou a un acordo económico coa compañía de mariscos.[36] A primeira vez que o nome apareceu escrito nun papel foi durante as sesións de gravación que tiveron lugar no estudio Metronome de Estocolmo, o 16 de outubro de 1973. A primeira «B» no logotipo de ABBA foi posta ao revés nunha campaña de promoción da banda en 1976, e máis tarde converteuse no seu logotipo oficial e nunha marca rexistrada. No verán de 1973, ABBA comezou unha longa xira polos folkparks que abarcou desde xullo ata setembro, presentándose en máis de sesenta concertos ao aire libre. Despois da xira comezaron a traballar nun segundo álbum.[37]
Salto á fama (1974 - 1975)
editarVitoria en Eurovisión
editar- Véxase tamén: Festival de Eurovisión 1974.
Tal como en anos anteriores, Björn, Benny e Stig creron na posibilidade de usar o Melodifestivalen e o Festival da Canción de Eurovisión para lograr un negocio musical seguro para a banda. A finais de 1973, Sveriges Television invitou aos tres a contribuír cunha canción para a edición de 1974. Dun número variado de novas composicións escritas durante os últimos meses, o grupo agora inspirado polo crecente glam rock no Reino Unido escolleu o tema «Waterloo», unha canción cun estilo pop glam producido co wall of sound arranxado polo enxeñeiro Michael B. Tretow.[37] O 9 de febreiro, ABBA obtivo o triunfo no Melodifestivalen 1974 ao obter un total de 302 puntos por parte dos xuíces, a puntuación máis alta obtida por un ganador no evento. O tema gañador foi publicado como sinxelo en inglés e en sueco, colocándose nos primeiros lugares das listas de popularidade suecas. En marzo lanzaron ao mercado o seu segundo álbum Waterloo que contiña a canción do mesmo nome, así como os sinxelos «Honey, Honey» e «Hasta mañana».[37]
«Despois do 6 de abril de 1974, o Festival de Eurovisión está morto, afortunadamente. Os días en que chicos e chicas máis ou menos lindos simplemente cantaban unha canción marcháronse. Agora esperamos máis que iso: unha boa canción, un bo show, unha boa vestimenta. ABBA introduciu unha nova fórmula e só podemos estar alegres por elo».—Disc Magazine, o día despois da vitoria de ABBA en Eurovisión.[38]
O 6 de abril de 1974, «Waterloo» representou a Suecia na XIX edición do Festival de Eurovisión celebrado no Domo de Brighton, Reino Unido. Durante a súa presentación os catro membros de ABBA levaron unhas vestimentas deseñadas por Inger Svvenke, e o director de orquestra Sven-Olof Walldoff disfrazouse como Napoleón Bonaparte. A pesar de que a interpretación vocal dos catro non foi a mellor, o número en si rompeu con varios estereotipos propios do festival.[35] Ao final da votación a canción obtivo vinte e catro puntos —seis máis que a representante de Italia «Si», de Gigliola Cinquetti— dándolle a Suecia a súa primeira vitoria no festival e a ABBA un éxito de alcance internacional.[39]
Gañar o festival brindoulles a oportunidade de viaxar por Europa e presentarse en importantes programas de televisión como Top of the Pops, Domino, Starparade, Toppop e ¡Señoras y señores!.[40] «Waterloo» chegou ao cume das listas na maioría dos países que visitaban, sendo o primeiro sinxelo número un de ABBA no Reino Unido. Nos Estados Unidos, grazas ao apoio da súa nova compañía discográfica Atlantic Records, o tema chegou ao número seis na lista Billboard Hot 100, contrario ao que pasou co álbum, que só chegou ao número 145 no Billboard 200.[41] Incluso en Australia, «Waterloo» ascendeu ao número catro nas listas da ARIA.[42][43]
O seguinte sinxelo de ABBA, «Honey, Honey», logrou escalar ao número vinte e sete nos Estados Unidos, así como ás tres primeiras posicións en Alemaña. Porén, no Reino Unido Epic Records —o seu selo discográfico nas illas Británicas— decidía publicar unha remestura de «Ring Ring» no seu lugar. Este non logou colocarse dentro do top 30 da lista UK Singles Chart, incrementando a crecente especulación de que o grupo era simplemente outro one-hit wonder de Eurovisión.[44] Para atopar un novo tema que continuase co éxito xa obtido, no cuarteto regresou ao estudio de gravación en agosto de 1974; algunhas pistas destas sesións foron publicadas máis adiante como parte do seu terceiro álbum de estudio.[31] En novembro decidiron lanzar unha destas cancións como sinxelo. Aínda que «So Long» tiña un estilo similar ao de «Waterloo», o seu lanzamento foi un fracaso comercial e é considerado como o sinxelo de menor éxito de ABBA a nivel internacional.[45]
Xiras de 1974 e 1975
editarEn novembro de 1974 ABBA comezou a súa primeira xira internacional, presentándose primeiramente en países como Dinamarca, Alemaña, e Austria. Esta primeira parte do tour non tivo moito éxito, mostra de que o grupo aínda non contaba cunha gran base de seguidores fóra de Escandinavia. De feito, debido á pouca demanda de boletos se viron forzados a cancelar varias datas, incluíndo o único concerto que tiñan previsto en Suíza.[46] Logo dun breve descanso, en xaneiro de 1975 realizaron a segunda parte da xira por Escandinavia, e contrario ao ocorrido na primeira parte, o espectáculo obtivo a atención do público e da prensa. O cuarteto presentouse en sete datas cun cheo total, finalizando cun gran concerto en Suecia.[47]
Ao finalizar a xira, a banda pasou os seguintes dous meses traballando no seu próximo disco. ABBA, o seu terceiro álbum de estudio, saíu á venda en abril de 1975 en conxunto co sinxelo «I Do, I Do, I Do, I Do, I Do». Ambos lanzamentos lograron unha boa recepción nalgunhas listas europeas e doutros países como Australia e Nova Zelandia, pero non así no Reino Unido.[48] Tras unha campaña de promoción por varios programas de televisión europeos, ABBA comezou a prepararse para outra serie de concertos. Durante tres semanas do verán de 1975, o grupo realizou unha pequena xira por Suecia orixinalmente planeada para o ano anterior, pero que foi cancelada tralo seu triunfo no Festival de Eurovisión.[46] Deste xeito presentáronse en dezaseis diferentes folkparks en Suecia e Finlandia, interpretando temas do seu máis recente álbum, atraendo a unha gran multitude. O seu espectáculo no parque de diversións Gröna Lund, Estocolmo, foi visto por unha audiencia estimada en 19 200 persoas. En total, esta pequena xira logrou recadar máis de 500 000 SEK.[49]
En xuño de 1975, mentres estaban de xira, Polar Music decidiu lanzar como sinxelo o tema «SOS» acadando de novo o éxito no Reino Unido, onde chegou ao número seis e logrou colocar ao álbum no número trece. Tras 18 meses ABBA volvía a ter éxito naquel país.[45] Nos Estados Unidos, «SOS» chegou ao número dez na lista de Record World e ao número quince no Billboard Hot 100, ademais de ser o primeiro número un de ABBA en México.[43][50] Tamén gañou un premio da Broadcast Music Incorporated por ser unha das cancións máis tocadas na radio estadounidense en 1975.[51] Despois de finalizada a xira, en agosto de 1975 comezaron a traballar no seu cuarto álbum, sen saber se este chegaría a ser publicado. Os catro continuaban involucrados en proxectos alleos ao grupo: Björn e Benny seguían compoñendo e producindo temas para outros artistas de Polar Music; Agnetha publicou o seu quinto álbum de estudio Elva Kvinnor I Ett Hus —onde se incluía a versión en sueco de «SOS»—; e Frida culminou o seu primeiro álbum de estudio chamado Frida ensam.[52]
Recepción en Australia
editarEn agosto de 1975, a emisión dos vídeos de «I Do, I Do, I Do, I Do, I Do», «Mamma Mia», «SOS» e «Bang-A-Boomerang» no programa de televisión australiano Countdown, deu comezo a un inmenso interese público por ABBA naquel país.[53] A finais dese ano RCA Records —o seu selo discográfico en Oceanía— decidiu publicar a compilación The Best Of ABBA; aínda que para moitos era demasiado pronto para que o grupo lanzara un álbum de recompilacións,[54] o material tivo un bo recibimento comercial, pasando dezaseis semanas no número un con vendas que superaron o millón de copias vendidas, que o converteu no disco máis vendido en Australia.[55] Debido á popularidade que tiña o vídeo, «Mamma Mia» foi publicado como sinxelo, de modo que «I Do, I Do, I Do, I Do, I Do», «Mamma Mia» e «SOS» ocuparon o posto un nas listas da ARIA de forma consecutiva.[56]
«Que país está máis preto do corazón de ABBA? É Australia... a popularidade do grupo é tremenda aló e expresouse tan marabillosamente. Dificilmente o podo describir. Por exemplo: a calquera parte do país ao que chegue ABBA, parece como se houbera chegado un xefe de Estado... Nunca viches algo como iso antes».
— Stig comentando sobre a recepción de ABBA en Australia.[57]
O éxito de ABBA en Australia e Nova Zelandia influíu na programación de lanzamentos por parte de Polar Music e dos seus outros selos discográficos en Europa.[44] Por exemplo, aínda que «Mamma Mia» non foi considerada como un posible sinxelo ata o seu lanzamento australiano, a canción chegou ao número un no Reino Unido a principios de 1976, ademais de acadar as primeiras dez posicións noutras listas europeas.[43][58] O seu primeiro álbum de recompilacións, sinxelamente chamado Greatest Hits —a versión europea de The Best of ABBA—, saíu á venda a finais de 1975. A compilación foi ben recibida polo mercado europeo, incluso no Reino Unido, onde as súas vendas o colocaron como o segundo disco máis vendido na década de 1970 naquel país. Permaneceu once semanas no número un e 130 semanas dentro da lista UK Albums Chart.[59] Ademais levou a ABBA por primeira vez dentro do top 50 da lista Billboard 200 dos Estados Unidos, onde eventualmente venderon un millón de copias e obtiveron un disco de platino.[60]
En Greatest Hits incluíuse outro tema, «Fernando», cuxa versión en sueco utilizouse en Suecia para facer promoción do álbum de Frida como solista, Frida ensam.[61] Logo da boa recepción que obtivo en Escandinavia, decidiron gravar unha versión en inglés. «Fernando» lanzouse como sinxelo na primavera de 1976, ocupou o número un en trece países e o cume das listas en Australia por catorce semanas, superando o récord de trece semanas de «Hey Jude» de The Beatles e converténdose no sinxelo máis vendido nese país.[62] Nos Estados Unidos, «Fernando» chegou ás primeiras dez posicións da lista Cashbox e ao número trece no Billboard Hot 100. Tamén chegou ao cume das listas Adult contemporary do Canadá e dos Estados Unidos, o primeiro número un de ABBA en ambos países. En total, «Fernando» vendeu máis de dez millóns de copias e converteuse no sinxelo máis vendido do grupo.[63]
O éxito (1976-1980)
editarA principios de 1976, mentres noutros países ABBA comezaba a ocupar os primeiros postos nas listas, nos Estados Unidos apenas conseguiron un sinxelo no top dez e as vendas dos álbums non daban boas cifras. O disco homónimo ABBA só chegou ao número 165 na lista de Cashbox e ao número 174 no Billboard 200.[64] Ademais, as críticas que a súa música recibía por parte dos profesionais eran variadas.[65] Para a revista Creem en particular, nos Estados Unidos o grupo resistira «unha moi desordenada campaña de promoción».[66] Pola súa banda, ABBA pasou gran parte de 1976 traballando no seu novo álbum de estudio, non sen realizar varios traballos de promoción en Europa e os Estados Unidos. En marzo, ABBA fixo unha visita a Australia onde apareceron en varios programas da radio e televisión, promovendo o seu sinxelo «Fernando». O domingo 20 de marzo de 1976 ás 6:30 pm, o canal 9 de Australia retransmitiu o programa The Best Of ABBA, un especial filmado durante a visita do cuarteto a semana anterior. A retransmisión foi vista polo 54% da cota de pantalla, rompendo o récord de audiencia imposto pola chegada do home á Lúa en 1969.[67]
A pesar de que estaba planeado que o novo álbum se publicase antes do verán de 1976, as constantes viaxes e xiras de promoción entorpeceron as sesións de gravación e o lanzamento do disco atrasouse para outubro.[68] Porén, o primeiro sinxelo do álbum publicouse en agosto de 1976 e presentouse durante a gala en honra á voda do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia e a raíña Silvia Sommerlath.[69] «Dancing Queen» volveuse un éxito instantáneo, vendendo máis de tres millóns de copias tan só en 1976,[70] logo de entrar ao top vinte nas listas de máis de vinte países, ademais de ser a súa primeira entrada ás listas de popularidade en países como o Xapón, Turquía e a Unión Soviética.[71][72][43] As críticas ao tema alagaban a composición, a instrumentación e a harmonía das voces de Frida e Agnetha.[65] «Dancing Queen» converteuse na canción insignia de ABBA, ademais de ser nomeada como unha das mellores cancións da historia segundo a revista Rolling Stone.[73]
O cuarto álbum de estudio do grupo púxose á venda no outono de 1976. Arrival representou un novo nivel de realización e complexidade tanto en composición como no traballo de estudio, incitando críticas entusiastas das revistas máis orientadas ao rock do Reino Unido, como Melody Maker e New Musical Express, e notas máis apreciativas por parte dos críticos estadounidenses.[65][74] Os tres sinxelos obtidos de Arrival —«Dancing Queen», «Money, Money, Money» e «Knowing Me, Knowing You»— tamén tiveron unha boa recepción crítica e comercial en Europa e Oceanía.[13] Porén, nos Estados Unidos a súa popularidade aumentou a menor escala, Arrival chegou ao número vinte no Billboard 200 e obtivo un disco de ouro polas súas vendas neste país.[60] En abril do seguinte ano, «Dancing Queen» converteuse no único número un de ABBA no Billboard Hot 100.[nota 4][64] En novembro de 1976, ABBA publicou o segundo sinxelo de Arrival, «Money, Money, Money», unha canción con estilo de cabaret que lle deu ao cuarteto un número un en Alemaña, Bélxica, México, Francia, Países Baixos, Nova Zelandia e Australia, onde a canción converteuse no seu sexto e último número un. Por contra, no Reino Unido e os Estados Unidos o grupo experimentou un pequeno declive e «Money, Money, Money» só puido situarse no número tres e cincuenta e seis, respectivamente.[43][75]
Xira por Europa e Australia
editarEn xaneiro de 1977, o status do grupo cambiou drasticamente e os seus membros xa eran famosos a nivel mundial.[76][77] Neste ano, Arrival estivo nomeado na primeira entrega dos premios Brit Awards na categoría de mellor álbum internacional do ano, grazas ás súas vendas e popularidade no Reino Unido.[78] Tralo lanzamento do sinxelo «Knowing Me, Knowing You»,[79] o 28 de xaneiro comezaron unha moi esperada xira por Europa e Australia, onde montaron un espectáculo no que presentaban os seus sinxelos de maior éxito e outros temas de tódolos seus álbums, ademais do mini-musical The Girl with the Golden Hair.[80] O concerto atraeu a atención da prensa a través de Europa Occidental, visitando Gotemburgo, Copenhaguen, Berlín, Colonia, Ámsterdam, Anveres, Essen, Hannover, Hamburgo e terminando con varios concertos no Reino Unido en Manchester, Birmingham, Glasgow e Londres.[46] Os boletos para as dúas presentacións no Royal Albert Hall estaban dispoñibles só por correo e máis tarde a oficina postal revelou que recibiron máis de 3,5 millóns de pedidos de boletos, o suficiente para encher o salón de concerto máis de 400 veces.[59] Un dos concertos no Royal Albert Hall foi filmado e gravado coa intención de facer un especial de televisión, pero isto nunca se concretou. Porén, existiron moitas críticas negativas acerca da presentación do grupo, como a carencia de «personalidade», e que os catro actuaban «moi refinados» e «estirados».[81]
En marzo de 1977, despois da manga europea da xira, ABBA presentouse en once datas en Australia ante un total de 145 000 espectadores. No concerto de apertura no Sydney Showgrounds en Sydney, máis de 20 000 persoas esperaron por horas baixo a choiva para observar á banda, polo que pese ás condicións do clima decidiron non cancelar o espectáculo. Posteriormente, os catro recordaron este concerto como un dos máis memorables da súa carreira.[82] En Melbourne, organizouse unha recepción cívica no concello da cidade e ABBA apareceu no balcón para saudar a unha multitude de 100 000 persoas;[46] nesta cidade o cuarteto ofreceu tres concertos no Sydney Myer Music Bowl, nun dos cales asistiu o primeiro ministro Malcolm Fraser.[83] En Adelaida, o grupo deu un concerto no estadio de fútbol West Lakes ante un récord de 21 000 espectadores, con outros 10 000 escoitándoos desde o exterior. Durante o primeiro de cinco concertos en Perth, houbo unha falsa ameaza de bomba, polo que todos tiveron que evacuar o lugar do concerto.[84]
A xira estivo acompañada dunha histeria en masa e unha atención sen precedentes os medios.[46] Para facer promoción e mostrar a resposta do público australiano cara á banda, Polar Music decidiu realizar unha película dirixida por Lasse Hallström. Nesta cinta, chamada simplemente ABBA: The Movie, aparecen varias escenas reais do cuarteto na súa visita a varias cidades, incluíndo fragmentos dos concertos, rodas de prensa e entrevistas con algúns seguidores de ABBA.[82] De regreso a Suecia, Benny e Björn comezaron a escribir temas inéditos para a película, que máis tarde se incluirían no seu quinto álbum de estudio. Pese o segundo embarazo de Agnetha, se lograron culminar as nove pistas do disco en menos de seis meses, e para outubro publicaron o primeiro sinxelo do álbum. «The Name Of The Game» mostrou outro cambio nas melodías e o estilo da súa música, volvéndose «máis maduros» e obtendo mellores críticas por parte da prensa especializada.[85] A canción chegou ao número un nas listas británicas, sendo o único lugar onde acadou o cume das listas, aínda que logrou situarse dentro dos dez primeiros postos en Australia, Nova Zelandia, Suráfrica, México e case toda Europa; quedando no número doce do Billboard Hot 100.[43][86]
The Movie e The Album
editarABBA: The Movie estreouse o 12 de decembro de 1977 en Estocolmo, unha semana despois de que Agnetha dera a luz ao seu segundo fillo con Björn, Christian.[87] Dirixida por Lasse Hallström —quen tamén dirixiu a maioría dos vídeos da agrupación—, a película orixinalmente planificouse para a televisión, pero Polar Music decidiu aumentar o presuposto para adaptala ao cine. Agregáronselle novas cancións e ABBA gravou unha serie de escenas en Estocolmo para completar a cinta.[82] Despois da súa estrea recibiu críticas favorables por parte da prensa europea e estadounidense; Leif Schulman de Billboard dixo que «sería inxusto comparala cas películas de Dick Lester con The Beatles ou con Woodstock, pero segue sendo unha das cintas pop máis refrescantes dos anos recentes».[88] Contrario ao ideado, a cinta non tivo unha boa recepción en Australia, onde a popularidade do grupo decaeu gradualmente.[53] Porén, ABBA: The Movie levouse aos cines estranxeiros ao tempo que a súa imaxe crecía noutros territorios: a finais de 1978 estreouse no Xapón, en 1979 chegou aos cines de Latinoamérica e para 1982 comezouse a exhibir nos cines da Unión Soviética e outros países comunistas.[89][90]
«Non estou tratando con catro actores novos, que queren converterse en grandes actores e actrices. Só están actuando como eles mesmos. Cando están actuando, o fan no escenario durante as súas presentacións. Polo demais, só seguinnos coa miña cámara para retratalos na gran pantalla o máis natural posible. Decidimos incorporar unha pequena historia para facer unha especie de tributo á arte do cine. ABBA di: ‘non somos actores’. E iso é certo».— Lasse Hällstrom falando sobre ABBA: The Movie.[91]
O mesmo día da estrea da súa película, ABBA publicou o seu quinto álbum de estudio The Album.[92] O sucesor de Arrival presentaba unha maior ambición lírica e musical e, aínda que foi o menos benvido polos críticos no Reino Unido, deulle ao grupo máis sinxelos con éxito mundial: «The Name Of The Game», «Take A Chance On Me» e «Eagle». O novo álbum incluíu as versións de estudio de The Girl with the Golden Hair, un mini-musical presentado durante a súa xira anterior. Entre elas destacaba «Thank You For The Music», que aínda que realmente nunca foi lanzado como sinxelo,[nota 5] converteuse nunha das canción máis coñecidas do cuarteto.[80] A principios de 1978, ABBA publicou «Take A Chance On Me» como o segundo sinxelo do álbum. O ritmo pegadizo da canción axudoulle a acadar as primeiras posicións das listas no Reino Unido, Europa Occidental, México e Suráfrica.[93] Aínda que «Take A Chance On Me» non chegou ao cume do Billboard Hot 100, logrou vender máis copias que «Dancing Queen», obtendo un disco de ouro da RIAA.[94]
Para 1978, ABBA e a súa obra eran recoñecidos por gran parte dos músicos daquela época. En maio culminaron os traballos para converter un cine abandonado no estudio de gravación de Polar Music. O novo «sitio da arte» en Estocolmo non só estivo utilizado por ABBA, senón tamén por outras grandes bandas como Led Zeppelin e Genesis.[95] A partir de entón, ABBA gravou a gran maioría das súas cancións neste estudio, o cal contaba coa máis alta tecnoloxía de gravación naquela época e unha localización privilexiada no centro de Estocolmo.[96] Ao seren os artistas de maior éxito de Polar Music, o cuarteto podía facer uso do estudio en horarios flexibles, situación que solucionou o problema de dispoñibilidade que se presentara ao alugar outros estudios.[85] Durante maio, ABBA dirixiuse aos Estados Unidos para realizar unha campaña publicitaria na que se presentaban como «o grupo máis vendedor da historia da música gravada»,[97] sendo invitados a un especial de televisión con Olivia Newton-John e Andy Gibb.[98] Como resultado desta campaña, «Take A Chance On Me» e The Album lograron subir posicións nas listas estadounidenses, chegando ao número tres e catorce no Billboard Hot 100 e o Billboard 200, respectivamente.[64] Nese mesmo mes, ABBA lanzou un sinxelo de promoción do seu novo álbum en Europa, «Eagle», a súa canción máis longa gravada en estudio.[99]
Consecuencias do éxito
editarO grupo comezou a ter algúns problemas no novo estudio de Polar Music en Estocolmo. As sesións de gravación do seu sexto álbum convertéronse nas máis longas e complicadas, xa que moitas das cancións gravadas e mesturadas durante este tempo aínda continúan sen ser publicadas, demostrando unha primeira crise creativa ao tardar máis dun ano en completar as dez pistas que integrarían o seu seguinte disco.[100] O cuarteto comezou as sesións de composición en febreiro de 1978 —dous meses despois do lanzamento de The Album—, pero esta vez sen que Stig Anderson participase no proceso.[85] Para agosto Polar Music premeunos para publicar un novo sinxelo, polo que elixiron unha das poucas pistas coas que estaban satisfeitos, «Summer Night City». Aínda que a canción converteuse nun éxito en Escandinavia e Irlanda, só acadou o número cinco no Reino Unido.[43][101] Os catro expresaron certa preocupación porque «Summer Night City» rompeu a súa racha de sinxelos número un naquel país; Agnetha dixo: «converteuse nun hábito que cada cousa que lanzábamos convertíase nun número un en Inglaterra».[95] Pese a todo, esta canción foi a plataforma para a incursión de ABBA na música disco co seu seguinte álbum.[102] O lado B do sinxelo —«Medley: Pick a Bale of Cotton/On Top of Old Smokey/Midnight Special»— era un popurrí que ABBA gravou para un disco de caridade para unha fundación contra o cancro en Alemaña tres anos atrás. Este tema permanece como a única canción que a banda gravou e que non era da súa autoría.[103]
Do 17 ao 26 de novembro, ABBA estivo de visita no Xapón nunha campaña de promoción do mesmo xeito que fixera nos Estados Unidos meses atrás. Se presentaron en diversas conferencias de prensa e programas de radio e televisión como The Best 10, Ginza Now e 11 pm. Durante esta xira de promoción presentaron o que se supoñía sería o seu novo sinxelo, If It Wasn't For The Nights.[104] A finais de 1978, a Unicef convidounos a colaborar cunha canción para o disco Music for Unicef, co obxectivo de doar as regalías do tema á organización. Neste evento tamén participaron outros artistas como Bee Gees, Olivia Newton-John, Earth, Wind & Fire, Donna Summer, Rod Stewart, entre outros.[105] Björn e Benny abandonaron a idea de lanzar If It Wasn't For The Nights como sinxelo e no seu lugar elixiron unha balada cun título en español. O 9 de xaneiro de 1979, o grupo presentouse co tema «Chiquitita» no concerto Music for Unicef ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas.[106] O sinxelo lanzouse nas seguintes semanas converténdose no número un en dez países; tamén chegou ao número dos no Reino Unido, ao catro en Australia e ao vinte e nove nos Estados Unidos. A canción segue sendo o sinxelo máis vendido na historia de América Latina, e o éxito nos países de fala hispana animounos a gravar un disco totalmente en castelán.[107] No ano 2004, Unicef estimou que recibiron ingresos por máis de 1 000 000 £ polas vendas da canción.[100]
«Necesitamos máis e máis tempo para crear un produto orixinal que non soe como a algún dos anteriores. O novo álbum, por exemplo, custounos unha enorme cantidade de esforzo... Nestes meses traballamos en case trinta cancións, das cales fixemos unha selección. As cancións descartadas soan ben de verdade, pero soan moi parecidas a outras cosas que gravamos e lanzamos antes».— Björn falando sobre o proceso de gravación de Voulez-Vous.[108]
A vida persoal dos catro tamén cambiara. Logo de máis de cinco anos de estar comprometidos, Benny e Frida casaron o 7 de outubro de 1978, nunha cerimonia privada nunha pequena igrexa de Lidingö.[96][109] Días despois do lanzamento de «Chiquitita», Björn e Agnetha anunciaron o seu divorcio. A noticia causou un interese masivo por parte da prensa, e conduciu a unha discusión acerca do futuro de ABBA. A parella asegurou aos medios e aos seus seguidores que continuarían o seu traballo como grupo e que o divorcio non les afectaría, aínda que a prensa continuou confrontándoos coas súas entrevistas.[110] Varios críticos definiron este cambio como «unha ruptura aparecida na imaxe de dúas felices parellas unidas para crear música pop».[69] A presión do público sobre os catro fixo que o traballo no álbum se acelerase en febreiro e marzo, de tal xeito que gravaron cinco temas do seu novo disco en tan só dous meses; dous destes foron producidos nos Estudios Criteria en Miami.[102] O seu sexto álbum de estudio, Voulez-Vous, foi finalmente lanzado en abril de 1979 coa asistencia do enxeñeiro de son Tom Dowd, entre outros.[96] O disco recibiu críticas variadas, xa que contaba cunha grande influencia da música disco, a cal dominaba a escena musical de finais dos anos 1970. Porén, as únicas dous baladas incluídas neste converteríanse nos sinxelos de maior éxito do álbum.[65] Voulez-Vous chegou ao cume das listas en Europa, Xapón e México; ademais, chegou ao top 10 no Canadá e Australia, e ao top 20 nos Estados Unidos.[102]
Ao mesmo tempo que o álbum, o cuarteto publicou o sinxelo «Does Your Mother Know?», o seu último sinxelo con Björn como líder vocal, que acadou o número un en Bélxica e Alemaña, o número catro nas listas inglesas, dezasete en México e dezanove no Billboard Hot 100.[43][111] De xeito similar, ningún dos sinxelos de Voulez-Vous acadou o número un no Reino Unido, pero si chegaron máis aló do número catro. A finais de xullo lanzouse o sinxelo de dobre lado A «Voulez-Vous»/«Angeleyes», que logrou quedar no número tres, ademais de acadar o número un en Bélxica e entrar ao top 10 en Irlanda, Suíza, Suráfrica, España, Francia e os Países Baixos. Nos Estados Unidos ambas cancións foron lanzadas por separado, de xeito que «Angeleyes» non chegou máis aló da posición 64 e «Voulez-Vous» estancouse no posto 80.[43][112]
En outono de 1979, en conxunto coa súa xira, o grupo lanzou o seu segundo álbum de recompilación, Greatest Hits Vol. 2, o cal contiña o seu novo sinxelo, «Gimme! Gimme! Gimme! (A Man After Midnight)». A canción volveuse o seu disco máis coñecido en Europa e o Xapón —onde chegou ao número 17 nas listas de Oricon—, ao situarse no número un en Bélica, Francia, Finlandia, Irlanda e Suíza; no tres no Reino Unido e no oito en Australia.[43][113] Mentres tanto, en México ABBA conseguiu o seu noveno e último número un con «As Good As New». Na Unión Soviética, debido á prohibición de exportar rublos só se admitían pagos en especie, polo que Polar Music cobraba as vendas dos seus discos en petróleo.[114]
Xira mundial e gravacións en castelán
editarTras ver o éxito obtido en países de fala hispana coa versión en inglés de «Chiquitita», ABBA decidiu gravar unha versión en castelán coas letras compostas por Mary e Buddy McCluskey, executivos de RCA Records na Arxentina. O cuarteto tamén presentouse nos programas Aplauso e 300 millones en España, onde obtiveron un disco de ouro polas vendas do sinxelo.[115] A versión en castelán converteuse nun éxito nas radios de España e América Latina, ademais de ser lanzada noutros territorios como Francia, Australia e o Xapón. Tan só en México e a Arxentina, a versión en español de «Chiquitita» vendeu máis de dous millóns de copias.[107][116] Para probar a súa racha de sorte, RCA Records animou ao grupo a gravar outra versión en castelán. O tema elixido para esta ocasión foi «I Have A Dream», que en español converteuse en «Estoy soñando». O sinxelo foi ben recibido en varios países castelanfalantes, convencéndoos de que deberían gravar un disco totalmente en español despois de terminar o seu tour.[117]
O 13 de setembro, ABBA comezou a súa primeira e única xira por Norteamérica no Northlands Coliseum, en Edmonton, cun cheo de 14 000 persoas. Durante as catro semanas seguintes, presentáronse un total de dezasete concertos totalmente vendidos, trece nos Estados Unidos e catro no Canadá.[118] Porén, víronse forzados a cancelar varias datas: o último concerto planeado de ABBA nos Estados Unidos foi cancelado debido á crise nerviosa que sufriu Agnetha durante o voo de Nova York a Boston, cando o avión privado no que viaxaba foi sometido a condicións extremas causadas por un tornado, sen que puidera aterrar durante moito tempo.[118] A xira rematou cunha presentación en Toronto no Maple Leaf Gardens ante unha multitude de 18 000 espectadores. Aínda que o espectáculo xerou as mesmas queixas que houbo na xira de 1977 e moitos asistentes aseguraron que ABBA era máis un grupo de estudio que unha banda en vivo, algúns críticos se impresionaron pola boa produción do espectáculo e o recibimento que tiveron entre o público, especialmente se se consideraba a súa condición en Norteamérica.[119][120][121]
Vídeos musicais, moda e presentacións
editarAínda que ABBA non foi un dos primeiros artistas en gravar vídeos especiais para os seus sinxelos, foron dos primeiros en utilizalos como ferramenta de promoción. A principal razón pola que o cuarteto comezou a gravar vídeos foi que as súas cancións se estaban facendo populares en diferentes territorios e que as aparicións en directo non sempre eran posibles. Deste xeito minimizaron o número de viaxes que tiñan que facer, especialmente a aqueles países que requirían voos moi longos.[122] Ademais, os catro tiñan as súas propias obrigas familiares e Agnetha, que sofre de fobia aos avións, negouse a estar separada dos seus fillos pequenos durante longos períodos de tempo. Stig viu o potencial de transmitir un sinxelo vídeo na televisión para dar a coñecer un sinxelo ou un álbum, permitindo promoción máis fácil e rápida que unha xira de concertos. Estes clips comezaron como gravacións da banda interpretando a canción nun estudo en branco, pero pronto cambiaron para mostrar escenas das vidas dos catro arredor de Estocolmo. Cando a canle de música MTV comezou a emitir en 1981, o grupo xa producira máis de vinte e cinco vídeos.[123] Algúns dos seus vídeos convertéronse en clásicos polo uso de traxes dos anos 70 e os seus efectos especiais, que mostraban aos membros do grupo en diferentes planos, xuntando diferentes parellas, superpoñendo o perfil duns cos outros, as caras dos outros ou cantando cara a cara. A maioría dos vídeos de ABBA, incluído ABBA: The Movie, foron dirixidos por Lasse Hallström, que posteriormente dirixiría películas como My Life as a Dog, The Cider House Rules e Chocolat .
ABBA caracterizouse amplamente polo uso de roupas combinadas de cores entre os catro. A primeira vez que usaron estes traxes característicos foi durante o Eurovisión 1974, onde os seus traxes deseñados por Inger Svvenke atraeron a atención do público europeo e foron parte esencial da súa presentación. Durante o resto da década, o grupo usou unha ampla gama de roupa cunha variedade de prendas, incluíndo kimonos, abrigos de pel, minisaias, botas con plataformas e sombreiros. Simon Freith e Peter Langley da revista Creem escribiron: "As rapazas levaban roupa de festa verdadeiramente incrible, vestidos sacos brancos cubertos cun gran estampado dun gato negro, traxes retocados con adornos de ópalo, caftáns autenticamente feros e catro veces máis grande do normal, parecen tarxetas de Nadal baratas. Os mozos levaban eses traxes dunha peza de nailon con cremalleira, traxes saídos dunha película de ciencia ficción, pantalóns acampanados dourados e botas extenuantes con tacóns. A tensión resultante entre a inocencia e a sofisticación é a base da atracción sexual de ABBA.[124] Os catro utilizaron estes traxes nas súas entrevistas, vídeos, sesións fotográficas, presentacións, concertos e para actos públicos, polo que a prensa comezou a cuestionalos sobre o seu uso. Neste sentido, Agnetha dixo: «en privado, somos completamente normais: por iso gústanos vestirnos con roupas chamativas no escenario. Sen algo de brillo, pareceríamos moi marulos.”[125] A última vez que levaron un destes traxes foi na súa xira mundial de 1979, onde os catro levaron traxes de índigo, azul e morado deseñados por Owe Sandström para combinar coa ambientación.[118] Moitos dos outfits de ABBA foron retomados por outros artistas nas décadas seguintes, recoñecendo a contribución do grupo ao mundo da moda.[126][127]
Pero realmente o caso de Abba era un asunto de diñeiro. Segundo o cuentan os membros do grupo no libro publicado para celebrar o 40 aniversario da súa vitoria en Eurovisión, para poder desgravar o custe do vestiario, tiñan que demostrar que se trata de roupa imposible de levar na rúa. De aí as plataformas exageradas, as lentexuelas e os pantalóns moi, moi acampanados.
É evidente que a roupa foi un elemento máis que contribuíu á imaxe do grupo. Como decía Björn Ulvaeus, vestían como locos, pero a xente se acordaría deles incluso se non ganaban o concurso. Aínda así, parecería ser demasiado para desgravar algunha corona. Pero se lembramos a historia de Suecia, vemos que non o é. Na época na que triunfaba Abba, as profesións liberais en Suecia pagaban un IRPF de ata un 83%. A isto se lle sumaban outros impostos e custos de seguridade social. Así, Astrid Lindgren, a creadora de Pippi Mediaslongas, nunha ocasión tivo que pagar máis do que ingresou aquel ano, un 102%. Indignada, escribiu o conto “Pomperipossa en Monismania”, unha sátira na que conta a experiencia surrealista. Polos mesmos motivos o coñecido director de cine sueco, Ingmar Bergman, amenazou con deixar o país.
ABBA sempre foi criticado por ser máis unha banda de estudo que unha banda en directo. Curiosamente, o cuarteto apoiou esta afirmación, argumentando que se sentían máis cómodos no estudo que no escenario. Por iso, a pesar da demanda de entradas, as tres xiras mundiais que realizaron non superaron as cincuenta datas e todas duraron menos de tres meses.[46] As críticas recibidas polos seus espectáculos foron mixtas: aínda que a prensa afirmaba que o grupo soaba bastante ben en directo, sinalaron a súa falta de carisma e personalidade como un dos seus maiores problemas ao estar sobre o escenario.[81][119][120] dixo Agnetha en nome dos catro: "a miña casa musical é o estudio, non o escenario".[118] Pola contra, a Frida sempre lle gustou ir de xira, afirmando que "Creo que estar no escenario é para morrer, eu Sinto seguro porque me gusta o que fago."[118] O cuarteto preferiu promocionarse a través da radio e da televisión, aparecendo en programas como Top of the Pops, Saturday Night Live, Aplauso, Toppop, Musikladen, entre e outros.[128] Non obstante, para estas actuacións ABBA utilizaba xeralmente sincronización labial. De feito, nos seus dez anos xuntos o cuarteto só cantou en directo en menos de dez programas de televisión.[68] Moitas destas actuacións foron dixitalizadas e lanzadas en DVD e para acompañar edicións especiais dos seus discos.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarAno | Álbum | Vendas e certificacións |
---|---|---|
1973[nota 6] | Ring Ring
|
Vendas mundiais: 2 500 000 Certificación de ARIA: 3 × Ouro |
1974 | Waterloo
|
Vendas mundiais: 4 500 000 Certificación de IFPI Alemaña: Platino Certificación de ARIA: 2 × Ouro Certificación de BPI: Prata |
1975 | ABBA
|
Vendas mundiais: 5 800 000 Certificación de ARIA: 11 × Ouro Certificación de BPI: Ouro Certificación de CRIA: Ouro |
1976 | Arrival
|
Vendas mundiais: 23 700 000 Certificación de ARIA: 21 × Ouro Certificación de BPI: Platino Certificación de RIAA: Ouro |
1977 | The Album
|
Vendas mundiais: 16 500 000 Certificación de CRIA: 2 × Platino Certificación de BPI: Platino Certificación de RIAA: Platino |
1979 | Voulez-Vous
|
Vendas mundiais: 17 000 000 Certificación de CRIA: 2 × Platino Certificación de BPI: Platino Certificación de RIAA: Ouro |
1980 | Super Trouper
|
Vendas mundiais: 21 500 000 Certificación de CRIA: 4 × Platino Certificación de BPI: Platino Certificación de RIAA: Ouro |
1981 | The Visitors
|
Vendas mundiais: 4 000 000 Certificación de IFPI Finlandia: 2 × Platino Certificación de BPI: Platino Certificación de IFPI Alemaña: Platino |
Álbums de recompilación
editarAno | Álbum | Vendas e certificacións |
---|---|---|
1975 | Greatest Hits
|
Vendas mundiais: 11 300 000 Certificación de RIANZ: 24 × Platino Certificación de ARIA: 20 × Platino Certificación de CRIA: 5 × Platino |
1979 | Greatest Hits Vol. 2
|
Vendas mundiais: 6 000 000 Certificación de IFPI Alemaña: Platino Certificación de BPI: Platino Certificación de RIAA: Ouro |
1980 | Gracias por la música
|
Vendas mundiais: 1 200 000 Certificación de PROMUSICAE: Platino |
1982 | The Singles: The First Ten Years
|
Vendas mundiais: 2 500 000 Certificación de BPI: Platino Certificación de ARIA: Ouro Certificación de IFPI Alemaña: Ouro |
1992 | ABBA Gold
|
Vendas mundiais: 28 000 000 Certificación de SNEP: Diamante Certificación de BPI: 13 × Platino Certificación de RIAA: 6 × Platino |
1993 | More ABBA Gold
|
Vendas mundiais: 2 500 000 Certificación de IFPI Suecia: Platino Certificación de BPI: Platino Certificación de IFPI Alemaña: Ouro |
1994 | Thank you for the Music
|
Vendas mundiais: 750 000 |
1999 | ABBA oro
|
Vendas mundiais: 1 000 000 Certificación de CAPIF: Ouro |
2001 | The Definitive Collection
|
Vendas mundiais: 3 000 000 Certificación de IFPI Alemaña: 2 × Platino Certificación de ARIA: 2 × Platino Certificación de BPI: Ouro |
2005 | The Complete Studio Recordings
|
Vendas mundiais: 25 000.[nota 7] |
2006 | ABBA Number Ones
|
Vendas mundiais: 500 000 Certificación de NFPF: Platino Certificación de RIANZ: Ouro Certificación de ZPAV: Oro |
2008 | The Albums
|
Vendas mundiais: 30 000 Certificación de IFPI Dinamarca: Ouro |
Notas
editar- ↑ Debido á dificultade para pronunciar o seu nome, en algúns países como Estados Unidos e Xapón, Agnetha era chamada «Anna».
- ↑ Como Agnetha e Frida tiñan un contrato discográfico cunha compañía diferente, a portada do sinxelo incluía a lenda «Agnetha Fältskog por cortesía de CBS-Cupol AB — Frida por cortesía de EMI».
- ↑ En galego: ‘Björn & Benny (coas chicas suecas)’.
- ↑ Obtiveron, ademais, outros tres números un noutras listas de Billboard, incluíndo dous no Hot Adult contemporary («Fernando» e «The Winner Takes It All») e un no Hot Dance Club Play(«Lay All Your Love On Me»/«Super Trouper»/«On and On and On»).
- ↑ En 1978, nalgúns países apareceu como dobre lado A xunto a «Eagle». En 1983, «Thank You For The Music» publicouse como sinxelo para promover a compilación The Anniversary Collection en determinados territorios, incluído o Reino Unido, Bélxica e os Países Baixos.
- ↑ Os lanzamentos feitos antes de 1974, foron publicados co primeiro nome do grupo: Björn & Benny, Agnetha & Anni-Frid.
- ↑ Só se fabricaron 25 000 exemplares.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Universal Music (2012). "The Story". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 25 de abril de 2012.
- ↑ Kathy McCabe y David Murray (5 de xullo de 2008). "How a 1970s pop group from Sweden became an adopted Australian icon". The Daily Telegraph (en inglés): 119 – 121. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ Jeffrey de Hart (26 de setembro de 2005). "ABBA film making DVD debut". Billboard (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ Jason Ankeny (2007). "ABBA Music News & Info". Billboard.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ "Reencuentro de ABBA: solo para la alfombra roja". El Mundo.es. 6 de xullo de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ "ABBA Biography". The Biography Channel.co.uk (en inglés). 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ Adam Sherwin (19 de abril de 2006). "It's ABBA on the phone making a lot more money, money, money". The Times (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ "Former ABBA drummed fund dead in garden". MSN.com (en inglés). 17 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ Potiez, Jean-Marie (2000). ABBA: The Book (en inglés). Aurum Press. ISBN 1854106988.
- ↑ "ABBA drummer found in pool of blood". The Local.se (en inglés). 30 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ Lewis Bazley (16 de decembro de 2009). "ABBA enter to the Rock and Roll Hall of Fame". In the News.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ "Abba entra en el Salón de la Fama del Rock de la mano de los Bee Gees". El Mundo.es. 16 de marzo de 2006. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Carl Magnus Palm (2008). "Liner notes - ABBA Gold". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de abril de 2012.
- ↑ Palm 2002, pp. 70-78.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 Carl Magnus Palm (2006). "Lycka — the only Björn & Benny album". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 16,0 16,1 Carl Magnus Palm (2005). "Stig Anderson — master of words". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Gabrielsson, Jan (27 de setembro de 1970). "Thanks for ALLERS said Agnetha with a bare stomach and makes songs that become hits". Allers (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2012.
- ↑ 18,0 18,1 Carl Magnus Palm (2010). "English traslation for liner notes- Anni-Frid Lyngstad". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 25 de abril de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2003). "People Need Love — The First ABBA Song". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2005). "The Agnetha Fältskog Solo Albums". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ de Hart, Jeffrey; Axelsson, Frank (marzo de 1973). "Agneta Fältskog: What's important to me? To give birth to my child and keep the family together". Se (en inglés). Consultado o de maio de 2012.
- ↑ Sara Rusell. "Midsommardans från Solliden (Mid summer dance from Solliden)". ABBA On TV.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ Palm 2002, p. 173.
- ↑ 24,0 24,1 "Sveriges ESC-segar". ESC Sweden.com (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 Carl Magnus Palm (2004). "Ring Ring — ABBA's journey towards Eurovision". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ van Leyde, Cees (xullo de 1977). "De Abba Story deel 3". Muziek Parade (en neerlandés) (Ámsterdam).
- ↑ 27,0 27,1 Universal Music (2012). "People Need Love / Merry-Go-Round". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Trent Nickson (2008). "Sweden". ABBA - The Worldwide Chart List (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ "Sitg Anderson: Interview". Songwriter (en inglés) (6): 23–25. 1981.
- ↑ Sara Russell (2008). "Vi i femman (We in Fifth Grade)". ABBA On TV.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ 31,0 31,1 Carl Magnus Palm (2001). "The Definitive Collection - liner notes, part 1". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ Middleton, Richard (1990/2002). Studying Popular Music. Filadelfia: Open University Press. ISBN 0-335-15275-9.
- ↑ Universal Music (2012). "Ring Ring (English version) / She's My Kind Of Girl". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Palm 2002, pp. 191-211.
- ↑ 35,0 35,1 35,2 Palm, Carl Magnus. "Waterloo — 30 years since ABBA's breakthrough". abbasite.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 12 de maio de 2016.
- ↑ Palm 2002, p. 210.
- ↑ 37,0 37,1 37,2 Carl Magnus Palm (2001). "Waterloo - liner notes". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ van Leyde, Cees (setembro de 1977). "De Abba Story deel 5". Muziek Parade (en neerlandés) (Ámsterdam).
- ↑ UER (2012). "Eurovision Song Contest 1974". Eurovision.tv (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ Sara Russell. "1974 Performances". ABBA On TV.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2015. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ "ABBA Album and Song Chart History". Billboard.com (en inglés). 2008. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Waterloo (English version) / Watch Out". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 43,00 43,01 43,02 43,03 43,04 43,05 43,06 43,07 43,08 43,09 Trent Nickson (2012). "ABBA - The Worldwide Chart Lists". Zipworld.com.au (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 44,0 44,1 Carl Magnus Palm (2008). "Mamma Mia — The Song That Saved ABBA". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 45,0 45,1 Carl Magnus Palm (2005). "Sending out an SOS". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 46,0 46,1 46,2 46,3 46,4 46,5 Carl Magnus Palm (2004). "ABBA On Stage". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Ian Cole (2009). "European Tour November 1974 & January 1975 - Venues". ABBA Omnibus.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2001). "ABBA - liner notes". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ Palm 2002, p. 268.
- ↑ Universal Music (2012). "SOS / Man In The Middle". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2012.
- ↑ BMI (2006). "BMI Repertoire Search: ABBA". Repertoire BMI.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2001). "Arrival - liner notes". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ 53,0 53,1 McCabe, Kathy; Murray, David (5 de xullo de 2008). "How a 1970s pop group from Sweden became an adopted Australian icon". The Daily Telegraph (en inglés): 119–121. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ William Ruhlmann. "Greatest Hits (Atlantic) - ABBA". All Music.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ Meldrum, Ian (17 de abril de 1976). "Abbamania bigger than Beatlemania". TV Week (Edición de Australia) (en inglés): 25. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ Kent, David (2006). Australian Charts Book 1993—2005 (en inglés). Turramurra: Australian Chart Book Pty Ltd. ISBN 0-646-45889-2.
- ↑ van Leyde, Cees (outubro de 1977). "De Abba Story deel 6". Muziek Parade (en neerlandés) (Ámsterdan).
- ↑ Universal Music (2012). "Mamma Mia / Intermezzo No. 1". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2015. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 59,0 59,1 Carl Magnus Palm (2007). "ABBA in Great Britain". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 60,0 60,1 Recording Industry Asociation of America (2012). "Searchable Database". RIAA.com (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2006). "The Frida Solo Albums". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Grainger, John (16 de agosto de 1976). "Why ABBA’s making millions out of the under 14s". Woman's Day (en inglés): 12. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ Kyle Anderson (10 de xuño de 2010). "Lady Gaga's 'Alejandro' Video: Who Are The Most Famous Fernandos And Robertos?". MTV.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2011. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ 64,0 64,1 64,2 "ABBA: Charts & Awards". All Music.com (en inglés). 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2012. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ 65,0 65,1 65,2 65,3 Trent Nickson (2007). "United States of America - Articles and Reviews". ABBA - The Worldwide Chart Lists (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Hull, Robot A. (xaneiro de 1976). "Review of 'ABBA'". Creem (en inglés) (Detroit).
- ↑ Palm 2002, p. 290.
- ↑ 68,0 68,1 Carl Magnus Palm (2006). "Arrival — The Making Of A Classic Pop Album". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 69,0 69,1 Carl Magnus Palm (2002). "ABBA Gold - Liner notes". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Oldham, Calder & Irwin 1995, p. 85.
- ↑ Universal Music (2012). "Dancing Queen / That's Me". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Fältskog & Ahman 1997, p. 65.
- ↑ "Dancing Queen". Rolling Stone (en inglés). 9 de decembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2008. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2007). "Reviews". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2013. Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Money, Money, Money / Crazy World". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Meyer, Frank (9 de febreiro de 1977). "ABBA major global force: Swedish massage for disk biz – Major force in global market.". Variety (en inglés) (Nova York: Reed Elsevier Inc.): 119 y 126. ISSN 0042-2738. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Rockwell, John (5 de marzo de 1978). "ABBA – Today the world, tomorrow the U.S.". The New York Times (en inglés) (Nueva York): 16D y 20D. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Brit Awards Ltd. (2012). "The BRITs 1977". Brits.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Knowing Me, Knowing You / Happy Hawaii". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 80,0 80,1 Carl Magnus Palm (2007). "The Girl With The Golden Hair — ABBA's mini-musical". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 81,0 81,1 (Palm 2002, p. 317)
- ↑ 82,0 82,1 82,2 Carl Magnus Palm (2007). "ABBA — The Movie on DVD". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ ABBA Mail (1977). ABBA Australian Tour 20 Year Celebration (en inglés). Sydney: RCA Records.
- ↑ Palm 2002, p. 524.
- ↑ 85,0 85,1 85,2 Carl Magnus Palm (2007). "The Name Of The Game— Into A New World". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "The Name Of The Game / I Wonder (Departure)". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Wood, John (1 de agosto de 1977). "Another baby for ABBA's Anna". New Zealand Woman's Daily (en inglés) (Auckland): 6-7. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ Schulma, Leif (14 de xaneiro de 1978). "ABBA - The Movie hits in Stockholm premieré". Billboard (en inglés) 90 (2): 86. ISSN 0006-2510. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Ian Cole. "ABBA THE MOVIE Soundtracks". ABBA Omnibus.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Burns, John F. (7 de marzo de 1982). "4 Swedish singers no longer a hit at Kremlin: Swedish pop group ABBA’s music is denounced in Soviet press...". The New York Times (en inglés) (Nova York): 7. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Bergsma, Anne (decembro de 1977). "ABBA: 'We zijn geen acteurs'". Veronica (en inglés) (Ámsterdan: Holland Media Groep).
- ↑ Carl Magnus Palm (2007). "ABBA - The Album — Pushing boundaries". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2008). "Take A Chance On Me — ABBA's farewell to innocence". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Palm 2002, p. 382.
- ↑ 95,0 95,1 Carl Magnus Palm (2003). "25 Years Of Summer Night City". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 96,0 96,1 96,2 Carl Magnus Palm (2001). "Voulez-Vous - liner notes". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Schulma, Leif (22 de abril de 1978). "Largest selling group ever? - Giant ABBA push for U.S., Japan". Billboard (en inglés) 90 (16): 76. ISSN 0006-2510. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Sara Russell (2009). "Olivia!". ABBA On TV.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 7 de maio de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Eagle / Thank You For The Music". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 100,0 100,1 Carl Magnus Palm (2004). "The Chiquitita Story". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Summer Night City / Medley: Pick A Bale Of Cotton - On Top Of Old Smokey - Midnight Special". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 102,0 102,1 102,2 Universal Music (2012). "Voulez Vous". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2008). "The Folk Medley— ABBA's rare cover versions". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Sara Russell (2003). "ABBA in Japan". ABBA on TV.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ Rockwell, John (10 de xaneiro de 1979). "Pop: Stars join to tape benefit for UNICEF". The New York Times (en inglés): 16. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2012.
- ↑ Meyer, Frank (17 de xaneiro de 1979). "A gift of song for the kiddies: ‘Music for UNICEF’ concert attracts rich catalog of songs for international fund". Variety (en inglés) (Nueva York): 75. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2012.
- ↑ 107,0 107,1 Varios autores (8 de setembro de 1979). "ABBA 5 Years". Billboard (en inglés) (Nielsen Business Media Inc.) 91 (36): ABBA–1—ABBA–48. ISSN 0006-2510.
- ↑ "ABBA wil jong zweeds talent opleiden". Joepie (en neerlandés) 27 (148): 29. 8 de abril de 1979.
- ↑ "ABBA: Das Glück, das keiner sehen solte". Rocky (en alemán). 7 de outubro de 1978.
- ↑ Hallgren, Lasse (27 de maio de 1979). "How much of Agnetha is there left after the years with ABBA?". Aftonbladet (en inglés) (Estocolmo: Confederación de Sindicatos Suecos). ISSN 1103-9500. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Does Your Mother Know / Kisses of Fire". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Voulez-Vous / Angeleyes". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ Universal Music (2012). "Gimme! Gimme! Gimme! (A Man After Midnight) / The King Has Lost His Crown". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ The Biography Channel (2005). "Trivia - ABBA Biography". The Biography Channel.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2009. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ Sara Rusell. "Aplauso". ABBA On TV.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ "ABBA in Argentina". ABBA Magazine (en inglés) (Stafford Pemperston) (25). xuño de 1980. ISSN 0141-8394.
- ↑ Carl Magnus Palm (2004). "ABBA en Español". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 118,0 118,1 118,2 118,3 118,4 Carl Magnus Palm (2004). "North American & European Tour 1979". ABBA Site.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ 119,0 119,1 Rockwell, John (4 de outubro de 1979). "Rock: ABBA, Swedish quartet, in New York debut.". The New York Times (en inglés) (Nueva York): 17. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ 120,0 120,1 Kirk (3 de outubro de 1979). "Concert Reviews: ABBA". Variety (en inglés) (Nueva York: Reed Business Information): 17. ISSN 0042-2738. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ Grein, Paul (6 de outubro de 1979). "Talent in action - ABBA : Convention Center, Anaheim, California". Billboard (en inglés) (Nielsen Business Media, Inc.) 91 (40): 46. ISSN 0006-2510. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2003). "The Definitive Collection DVD - liner notes, part 1". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ Carl Magnus Palm (2003). "The Definitive Collection DVD - track listing". Carl Magnus Palm.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ Frith, Simon; Langley, Peter (marzo de 1977). "Money Money Money - How Abba Won Their Waterloo". Creem (en inglés) (Detroit: Creem Media, Inc.).
- ↑ "Warum sich ABBA so oft verkleiden". Popcorn (en neerlandés): 38. 1978.
- ↑ Lisa Arnell (16 de xaneiro de 2012). "Stående ovationer för Agnetha Fältskog". Elle.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ Vincentelli 2004, p. 90.
- ↑ {{cita web|url= http://www.abbaontv.com/index.html|título=[Ligazón morta] ABBA On TV|data de acceso= 12 de maio de 2012|data= 2012|autor= Sara Russell| obra = ABBA On TV.com|language= english|archiveurl= https://web.archive.org/web/20120414050513/http://www.abbaontv.com/index.html|archivedate= 14 de abril de 2012}
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ABBA |
A Galipedia ten un portal sobre: Eurovisión |
Outros artigos
editarPredecesor: Anne-Marie David con «Tu te reconnaîtras» |
Gañadores do Festival de Eurovisión 1974 |
Sucesor: Teach-In con «Ding-a-Dong» |
Predecesor: The Nova con «You're Summer» |
Suecia no Festival de Eurovisión 1974 |
Sucesor: Lars Berghagen con «Jennie, Jennie» |
Predecesor: Malta |
Gañadores do Melodifestivalen 1974 |
Sucesor: Lars Berghagen |