30 de decembro
día do ano
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 30 de decembro é o 364º día do ano do calendario gregoriano e o 365º nos anos bisestos. Queda 1 día para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1460: Guerra das Dúas Rosas – Batalla de Wakefield: gran vitoria dos Lancaster de Margarida de Anjou; Ricardo de York é executado por traizón ao rei; o seu fillo Eduardo sucédelle como Duque de York
- 1532: Inocencio VI, elixido novo papa.
- 1851: fundación do Condado de Whitfield.
- 1916: asasinado Grigori Rasputín a mans da familia real rusa, para pór fin á súa influencia sobre a tsarina Alexandra.
- 1922: créase a Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas a instancias do congreso dos sovietes.
- 1927: abre a primeira liña de metro xaponesa, en Toquio.
- 1947: o rei Miguel I de Romanía abdica baixo a presión dos comunistas.
- 1965: Ferdinand Marcos convértese en presidente de Filipinas.
- 1972: Guerra do Vietnam: os EUA suspenden os pesados bombardeos a Vietnam do Norte.
- 1973: Israel e o Vaticano establecen relacións diplomáticas.
- 1985: Stephen P. Synnott descobre a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2, a lúa do planeta Urano, Puck.
- 1996: reformado o estatuto de autonomía das Illas Canarias.
- 2000: a sonda Cassini-Huygens fai a maior aproximación ao planeta Xúpiter.
- 2004: nun incendio na discoteca Cromagnon, en Buenos Aires, morren 188 persoas e máis de 800 resultan feridas.
- 2004: en España, o Parlamento Vasco aproba o Plan Ibarretxe, que establece un novo estatuto político para o País Vasco.
Nacementos
editar- 39 - Tito, emperador romano (81)
- 1865 - Rudyard Kipling, escritor británico, Premio Nobel de Literatura (1936)
- 1884 - Hideki Tojo, Primeiro Ministro do Xapón durante a segunda guerra mundial (1948)
- 1906 - Carol Reed, director de cinema británcio (1976)
- 1928 - Bo Diddley, guitarrista e compositor de rhythm and blues, pioneiro do rock and roll.
- 1935 - Omar Bongo, presidente do Gabón.
- 1942
- Anne Charleston, actriz australiana.
- Michael Nesmith, guitarrista de Monkees.
- 1946 - Patti Smith, cantante estadounidense.
- 1961 - Ben Johnson, atleta canadense.
- 1973 - Maureen Flannigan, actriz estadounidense.
- 1975 - Tiger Woods, xogador de golf dos Estados Unidos de América.
- 1984 - LeBron James, xogador de baloncesto dos Estados Unidos.
Mortes
editar- 1591 - Papa Inocencio IX.
- 1870 - Joan Prim i Prats, conde de Reus e presidente do Consello de ministros catalán.
- 1896 - José Rizal, heroe nacional filipino.
- 1941 - El Lissitzky, artista, deseñador, fotógrafo, profesor, tipógrafo e arquitecto ruso (n. 1890).
- 1965 - Xosé Mosquera Pérez, mestre galeguista (n. 1895).
- 1995 - Heiner Müller, dramaturgo alemán (n. 1929).
- 1998 - Joan Brossa, poeta e artista plástico catalán.
- 2004 - Agustín Sixto Seco, médico galego.
- 2007 - Xaime Quessada, pintor galego.
- 2012 - Rita Levi-Montalcini, neuróloga italiana (n. 1909).
Festas e celebracións
editar- Festa da Traslación de Santiago: nesta data celébrase a traslación dos restos do apóstolo Santiago a Galicia. Segundo o historiador Fernando López Alsina, ata o 1080 esta era a única festividade dedicada ó apóstolo.[1]
Outros
editar
- ↑ https://xacopedia.com/busqueda-simple.php Xacopedia.com, s. v. Fiesta de Santiago e Traslación, fiesta de la.