13 de decembro
data
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 13 de decembro é o 347º día do ano do calendario gregoriano e o 348º nos anos bisestos. Quedan 18 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1294 - o papa Celestino V abdica logo de só cinco meses, porque desexa retornar á súa vida previa como asceta.
- 1545 - Comeza o Concilio de Trento en Trento, Italia.
- 1909 - Lese por primerira vez un discurso de ingreso na Real Academia Galega, en galego. Faino Amador Montenegro baixo o título de Alma d’a Poesía Gallega, responderíalle, tamén en galego, o académico Juan Barcia Caballero.
- 1937 - Durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa remata a Batalla de Nanjing coa vitoria das tropas xaponesas, dando comezo ao Masacre de Nanjing.
- 1938 - Créase a ONCE, daquela baixo o nome de Organización Nacional de Cegos.
- 1946 - Evasión do Santa Teresa: un grupo de 22 guerrilleiros antifranquistas galegos parte do Vicedo rumbo a Francia.
- 1949 - O Parlamento de Israel (Knesset) decide mudar a capital do país para Xerusalén.
- 1959 - Makarios III, arcebispo da igrexa ortodoxa chipriota, convértese no primeiro Presidente de Chipre
- 1967 - Lanzamento de Pioneer 8 para o estudo do espazo interplanetario.
- 1981 - O xeneral Wojciech Jaruzelski declara a Lei marcial en Polonia para impedir que Solidariedade desmantele o sistema comunista.
- 1996 - Kofi Annan é elixido como Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 2003 - Saddam Hussein, expresidente de Iraq, é capturado preto de Tikrit polas tropas estadounidenses.
Nacementos
editar- 1521 - Papa Sisto V.
- 1761 - John Moore, militar británico (m. 1809).
- 1797 - Heinrich Heine, poeta alemán.
- 1816 - Werner von Siemens, enxeñeiro e industrial alemán.
- 1854 - Thomas Watson, inventor estadounidense.
- 1862 - Xosé María Cao Luaces, caricaturista galego (m. 1918).
- 1865 - Ángel Ganivet, escritor español.
- 1878 - Manuel Graña González, xornalista e escritor galego (m. 1963).
- 1887 - Miguel Maura, político español.
- 1901 - Albino Núñez Domínguez, escritor, pedagogo e poeta galego (m. 1974).
- 1902 - Talcott Parsons, sociólogo estadounidense (m. 1979).
- 1911 - Trygve Haavelmo, economista noruegués, gañador do Premio Nobel de Economía en 1989.
- 1923 - Antoni Tàpies, pintor español.
- 1924 - Enrique Fuentes Quintana, economista español.
- 1925 - Dick Van Dyke, actor e comediante estadounidense.
- 1929 - Christopher Plummer, actor estadounidense.
- 1935 - Adélia Prado, poeta portuguesa.
- 1936 - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego.
- 1950 - Luisa Fernanda Rudi, política aragonesa.
- 1989 - Taylor Swift, cantante e actriz estadounidense.
Mortes
editar- 1124 - Calisto II (Guido de Borgoña), 162º papa da igrexa católica.
- 1204 - Maimónides, filósofo hispano-hebreo.
- 1250 - Frederico II, emperador romano-xermánico e rei de Sicilia (1212-1250).
- 1466 - Donatello, escultor florentino.
- 1521 - Manuel I, rei de Portugal (1495-1521).
- 1565 - Konrad von Gessner, naturalista suízo.
- 1557 - Tartaglia, matemático italiano.
- 1769 - Christian Fürchtegott Gellert, poeta alemán (n. 1715)
- 1784 - Samuel Johnson, escritor británico.
- 1868 - Carl Friedrich Philipp von Martius, médico, botánico e explorador alemán.
- 1870 - Pascual Madoz Ibáñez, intelectual, político e escritor español.
- 1894 - Juan León Mera, escritor ecuatoriano.
- 1912 - Vital Aza, escritor español.
- 1925 - Antonio Maura, estadista español.
- 1930 - Fritz Pregl, químico austríaco, premio Nobel de Química en 1923.
- 1931 - Gustave Le Bon, polígrafo francés.
- 1934 - José Santos Chocano, escritor peruano.
- 1935 - Victor Grignard, químico francés, premio Nobel de Química en 1912.
- 1944 - Wassily Kandinsky, pintor e teórico da arte rusa, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de máis sona do século XX.
- 1945 - Irma Grese, supervisora nazi de campos de concentración.
- 1950 - Abraham Wald, matemático húngaro.
- 1961 - Grandma Moses, pintora estadounidense.
- 1979 - Álvaro Paradela Criado, médico e escritor galego (n. 1911).
- 1983 - Mary Renault, escritora británica.
- 1983 - Nichita Stănescu, poeta romanés.
- 1984 - Antonio Tovar, lingüista e historiador español.
- 1988 - María Teresa León, escritora española.
- 1996 - Víctor de los Ríos, escultor español.
- 1997 - Luís Freire García, botánico e micólogo galego. (n. 1914).
- 2001 - Chuck Schuldiner, músico estadounidense.
- 2006 - Loyola de Palacio, política española.
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santa Lucía.