.be

Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bélxica

.be é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bélxica. O dominio está activo desde 1989 e foi administrado por Pierre Verbaeten da Katholieke Universiteit Leuven. No ano 2000, o seu control foi transferido para a DNS Belgium.

.be
Logo
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación1988
PaísBélxica
Na rede
https://dnsbelgium.be
editar datos en Wikidata ]

Os nomes dos dominios son rexistrados directamente nun segundo nivel. Algunhas institucións académicas belgas, tales como a Vrije Universiteit Brussel e a Université Libre de Bruxelles, empregan nomes de terceiro nivel baixo ac.be, aínda que outras abandonaron esta práctica, como a Katholieke Universiteit Leuven, a Universiteit Gent e a Université Catholique de Louvain.

Todo rexistro co .be ten que se facer a través dun axente rexistrador.

O partido de extrema dereita Vlaams Belang fixo unha proposición no Parlamento da rexión de Flanders demandando a creación do dominio .vl (por "Vlaanderen", Flandres en neerlandés) pero a súa proposición non prosperou ao non recibir apoio dos outros partidos. Só os estados recoñecidos pola ONU poden escoller un dominio de dúas letras.[1] En outubro de 2008, o goberno flamengo expresaba a súa intención de obter un dominio de tres letras para Flandres, algo como .vla, .vln ou .fla.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar