Órgano timpánico
Un órgano timpánico é un tipo de órgano auditivo que se encontra en insectos que consta dunha membrana estendida nun marco formado por algunha estrutura anatómica que ten detrás un saco de aire e está asociada con neuronas sensoriais.[1] Os sons fan vibrar a membrana e as vibracións son percibidas por un órgano cordotonal. Os Hymenoptera (abellas, avespas, formigas, etc.) non teñen órgano timpánico,[2] senón un órgano de Johnston, que detecta as vibracións doutra maneira.
Os órganos timpánicos poden estar situados en case calquera parte do insecto: no tórax, a base das ás, o abdome, as patas, etc., dependendo do grupo de insectos. Pénsase que esta estrutura evolucionou independentemente moitas veces en distintas liñaxes.[3] Como resultado, a súa posición e estruturas úsanse a miúdo para axudar a determinar a taxonomía das especies. Por exemplo, todos os membros dos lepidópteros Geometridae teñen uns distitntivos órganos timpánicos abdominais pares que se abren cara á parte frontal do primeiro segmento abdominal.[4] Dentro do órgano, as estruturas concretas varían en forma e úsanse para indicar se as subfamilias comparten un antepasado común. Noutras familias de Lepidoptera con órganos timpánicos abdominais, a apertura pode ter unha diferente orientación e a estrutura unha distinta forma.
Os órganos timpánicos evolucionaron en Lepidoptera para permitirlles detectar as chamadas de ecolocación de morcegos predadores. O intervalo de frecuencias á que unha avelaíña é máis sensible está xeralmente asociado coas frecuencias usadas na ecolocación pola comunidade de morcegos simpátrica.[5] En presenza de morcegos predadores, observouse que a especie de lepidópteros Mythimna unipuncta detén os seus comportamentos de apareamento, como son as chamadas buscando parella e o aleteo.[6] Ademais, a audición é importante para os comportamentos relacionados coa busca de parella nesta especie porque as femias incrementan a súa frecuencia de aleteo arredor dos machos e os machos producen un ruído trémulo como resposta.[7]
Notas
editar- ↑ Yack, Jayne E. (2004-04-15). "The structure and function of auditory chordotonal organs in insects". Microscopy Research and Technique (en inglés) 63 (6): 315–337. ISSN 1097-0029. PMID 15252876. doi:10.1002/jemt.20051.
- ↑ "A Closer Look: Sound Generation and Hearing - Bee Culture". 22 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2023. Consultado o 08 de febreiro de 2023.
- ↑ Strauß, Johannes; Lakes-Harlan, Reinhard (2014). Insect Hearing and Acoustic Communication. ResearchGate. Animal Signals and Communication (en inglés) 1. pp. 5–26. ISBN 978-3-642-40461-0. doi:10.1007/978-3-642-40462-7_2. Consultado o 2017-11-09.
- ↑ Cook, Mark A.; Scoble, Malcolm J. (1992-07-01). "Tympanal organs of geometrid moths: a review of their morphology, function, and systematic importance". Systematic Entomology (en inglés) 17 (3): 219–232. ISSN 1365-3113. doi:10.1111/j.1365-3113.1992.tb00334.x.
- ↑ Hofstede, Hannah M. ter; Goerlitz, Holger R.; Ratcliffe, John M.; Holderied, Marc W.; Surlykke, Annemarie (2013-11-01). "The simple ears of noctuoid moths are tuned to the calls of their sympatric bat community". Journal of Experimental Biology (en inglés) 216 (21): 3954–3962. ISSN 0022-0949. PMID 23913945. doi:10.1242/jeb.093294.
- ↑ Acharya, L. “Predation Risk and Mating Behavior: the Responses of Moths to Bat-like Ultrasound.” Behavioral Ecology, vol. 9, no. 6, 1 Jan. 1998, pp. 552–558., doi:10.1093/beheco/9.6.552.
- ↑ Fitzpatrick, Sheila M., and Jeremy N. Mcneil. “Male Scent In Lepidopteran Communication: The Role Of Male Pheromone In Mating Behaviour Of Pseudaletia Unipuncta (Haw.) (Lepidoptera: Noctuidae).” Memoirs of the Entomological Society of Canada, vol. 120, no. S146, 1988, pp. 131–151., doi:10.4039/entm120146131-1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarScoble, MJ. (1992). The Lepidoptera: Form, function, and diversity. Oxford Univ. Press. ISBN 978-1-4020-6242-1.