éirígí
éirígí [eːɼiːɟiː] é un partido político republicano socialista de Irlanda (norte e sur). Foi creado por un pequeno grupo de activistas socialistas republicanos en Dublín en abril de 2006 que se escindiron do Sinn Féinn por enteder que este non estaba suficientemente comprometido co socialismo.[1] Isto é discutido por moitos que afirman que, de feito, éirígí é unha escisión do Sinn Féin polo asunto do proceso de paz e as detenciósn da policía.[2][3][4][5]
éirígí | |
---|---|
Partido político de Irlanda do Norte e da República de Irlanda | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Brian Leeson |
Historia | |
Fundación | 12 de maio de 2007 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo Republicanismo irlandés |
Outros datos | |
Sede | Dublín |
Na rede | |
www.eirigi.org | |
Traxectoria
editarNome
editarO nome do partido, Éirígí, significa "Erguerse" en irlandés, e é unha referencia ao slogan "Os grandes só parecen grandes porque estamos de xeonllos. Levámonos!" usado polos socialistas irlandeses James Connolly e Jim Larkin.[6]
Conversión en partido
editarO 12 de maio de 2007, no primeiro Ardfheis (en galego, Plenario) do partido, os seus membros votaron converterse nun partido político de pleno dereito,[7] malia que aínda non estaba rexistrado no Clerk do Dáil Éireann, unha esixencia legal para aquelas entidades que queiran formar partidos políticos na República de Irlanda.[8] O presidente do partido é Brian Leeson.
Ideoloxía e obxectivos
editarO partido busca a retirada dos británicos de Irlanda e o estabelecemento dunha república de 32 condados baseada nos principios do socialismo democrático. Estabelecido en 2006, pouco antes do 90 aniversario do Alzamento de Pascua de 1916, éirigí era orixinalmente un grupo de campañas centrado en Dublín. éirígí ten participado en campañas como Shell to Sea e Reclaim the Republic (Athshealbhaígí an Phoblacht), que levou á organización a distribuír 60,000 exemplares da Proclamación de 1916 por toda a nación.[9]
Liderado
editarA Executiva Nacional de Éirígí é a responsable do día a día do partido entre reunións da Ardfheis (conferencia do Partido). É elixido polos membros anualmente en base a "un membro, un voto". Os presidentes de cada delegación local tamén son membros da Executiva Nacional.
Notas
editar- ↑ "PROFILE: CLARE DALY TD". thephoenix.ie (en inglés). 2 de maio de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2023.
- ↑ http://www.independent.ie/national-news/radicals-detained-over-ulster-murders-1673387.html Radicals detained over Ulster murders
- ↑ https://archive.today/20120804120603/www.greenleft.org.au/2009/788/40568 Republicans oppose new attacks on civil liberties
- ↑ http://cedarlounge.wordpress.com/2007/01/23/eirigi-new-dawn-fades-ornon-sinn-fein-republicanism-boldly-going-where-many-have-gone-before/ eirigi - new dawn fades
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009. Arquivado 21 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Curry, James (xullo-agosto de 2013). "‘An inspiration to all who gaze upon it’". historyireland.com (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2023.
- ↑ éirígí Becomes a Political Party - Indymedia Ireland
- ↑ "Registering a Political Party in Ireland". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009.
- ↑ "éirígí: For A Socialist Republic". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009. Arquivado 25 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Éirígí |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |