Rudi Fischer

(Redirección desde «Écurie Espadon»)

Rudolf "Rudi" Fischer (nado o 19 de abril de 1912 en Stuttgart, Alemaña e finado o 30 de decembro de 1976 en Lucerna, Suíza) foi un piloto suízo.

Modelo:BiografíaRudi Fischer
Biografía
Nacemento19 de abril de 1912 Editar o valor en Wikidata
Stuttgart, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Lucerna, Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Fischer participou en oito Grandes Premios do Campionato do Mundo, debutou o 27 de maio de 1951. Logrou dous podios, e anotou un total de 10 puntos no campionato. Tamén participou en numerosas carreiras fóra de campionato de Fórmula Un e Fórmula 2.

Andaina

editar

Debutou na segunda tempada da historia do campionato do mundo da Fórmula 1, en 1951, disputando o 27 de maio do 1951 o Gran Premio de Suíza, que era a proba inicial da tempada.

Rudi Fischer participou nun total de oito carreiras (con dous podios) puntuables para o campionato de F1, repartidas ao longo de dúas tempadas na F1, as que corresponden aos anos 1951 e 1952. No Gran Premio de Suíza de 1952 en Berna, Fischer terminou segundo tras Piero Taruffi, ambos pilotos con Ferraris.[1]

Fischer competiu e gañou en numerosas probas automobilísticas fora da F1.

Écurie Espadon / Scuderia Espadon

editar

Rudi Fisher foi o líder da "Écurie Espadon",[2] o nome do equipo na maior parte da súa carreira como piloto.

Écurie Espadon compoñíana un grupo de cabaleiros corredores afeccionados suízos. A palabra "Écurie" foi utilizado ao principio xa que a maioría dos coches do equipo eran franceses, en xeral Gordinis. Máis tarde o equipamento do equipo cambiou aos vehículos italianos Ferrari e outros, de aí que o nome do equipo cambiou e pasou a usar a palabra italiana equivalente "Scuderia".

O equipo participou en varias carreiras en toda Europa, o documento de presentación descríbe.[3]

O equipo compoñíase de:

  • Rudolf Fischer: dono dun restaurante de éxito.
  • Rudolf Schoeller
  • Peter Hirt: un rico home de negocios de Küssnacht, preto de Zürich, que fabricaba ferramentas de precisión.
  • Peter (Pierre) Staechelin de Basilea.
  • Max de Terra
  • Paul Glauser

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1950 Écurie Espadon SVA 1500 FIAT L4 RU
MON
500
SUI
NTS
BEL
FRA
ITA
NC 0
1951 Écurie Espadon Ferrari 212 Ferrari V12 SUI
11
500
BEL FRA
RU
ALE
6
ITA ESP NC 0
1952 Écurie Espadon Ferrari 500 Ferrari L4 SUI
2
500
BEL FRA
11[4]
RU
13
ALE
3
NED
ITA
Ret
10
  1. Swiss Auto Race to Taruffi, Los Angeles Times, May 19, 1952, Page 24.
  2. [1] Arquivado 10 de abril de 2008 en Wayback Machine. Presentation document Ecurie Espadon
  3. [2] Team Espadon background
  4. Inscribiuse e clasificou no seu Ferrari 500, pero un fallo no motor significou que volveu ao modelo 212 da tempada anterior para a carreira. Compartido con Peter Hirt.

Véxase tamén

editar