Ácuatlon

proba de atletismo e natación

O ácuatlon é unha especialidade deportiva relacionada co tríatlon e que consiste na agrupación dunha carreira a pé, unha proba de natación, e de novo unha carreira a pé. Non é unha especialidade olímpica.

Soldados do Fort Bliss, Texas, agardan polo pistoletazo de saída do Commander's Cup Aquathlon.

A diferenza do tríatlon, o ácuatlon ofrece algunhas vantaxes de tipo loxístico, porque reduce o espazo destinado á competición e mais a duración da mesma. Porén, ao igual ca no tríatlon, as probas dispútanse ininterrompidamente e cunhas transicións cronometradas que habitualmente son clave na resolución da proba.

O ácuatlon está adscrito en Galiza á federación deportiva de tríatlon e péntatlon moderno. O campionato do mundo da especialidade dispútase normalmente unha semana antes de que teña lugar o de tríatlon.