Consulta os apoios dispoñibles de🔌eficiencia enerxética, 🚗mobilidade eficiente e ♻enerxías renovables en ℹ inega.gal #SexamosEficientes Galicia Crece
Publicación de Instituto Enerxético de Galicia
Más publicaciones relevantes
-
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reuniuse cos alcaldes dos concellos de Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo; adheridos a esta iniciativa e que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou). Esta axuda financia a contratación da subministración centralizada de electricidade a través da Central de Contratación de Adercou, destacando a instalación de paneis fotovoltaicos nas dependencias dos dez concellos adheridos, cunha potencia de 1,13 MWp, equivalente ao 13% do seu consumo de electricidade.
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
-
Xa podes solicitar as axudas a actuacións de aforro e eficiencia enerxética para empresas e persoas autónomas de ata 2M€ en concorrencia non competitiva. ℹ En convocatorias anteriores figuran proxectos para renovación de maquinaria industrial como compresores de aire ou equipos de frío❄, a substitución da iluminación actual por tecnoloxía LED💡 ou instalacións de aproveitamento de enerxía xeotérmica e aerotérmica para climatización☀. Solicita xa! https://lnkd.in/dmebcRKD #SexamosEficientes #GaliciaCrece
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
-
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou Levgranite, unha das empresas galegas beneficiarias da liña de axudas que a Xunta ven de convocar de novo para promover o aforro e a eficiencia enerxética no tecido empresarial cun orzamento de 7,5M€. Levgranite, especializada na comercialización ao por maior de granito, renovou a iluminación dunha nave de exposición de 1.500 m por lámpadas con tecnoloxía led. Recibiu unha axuda de case 3.000 euros para un investimento total de 11.000 euros que lle vai permitir aforrar 30,7 MWh ao ano, un 75% do consumo eléctrico inicial.
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
-
A Xunta de Galicia destina 7,5 M€ a axudas para actuacións de eficiencia enerxética para empresas e persoas autónomas. Contámosche as claves neste vídeo 👇 Solicita xa! https://lnkd.in/dmebcRKD #SexamosEficientes #GaliciaCrece
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
Neste momento están en proceso de resolución as liñas convocadas este ano para fogares galegos ás que se destinarán 3,5M€: para a instalación de equipamentos de xeotermia🌱, aerotermia 🍃 e solar térmica☀, e para placas de enerxía fotovoltaica🔌. #SexamosEficientes #GaliciaCrece
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
-
Xa podes solicitar os apoios de eficiencia enerxética🔌 e enerxías renovables♻ destinadas a empresas industriais do sector de automoción🚗. As axudas poden oscilar entre o 65% e o 35% en función da tipoloxía e do tamaño da empresa. Contámosche as claves neste vídeo 👇 #SexamosEficientes #GaliciaCrece
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
Recorda que as empresas do sector industrial da provincia da Coruña aínda poden solicitar os apoios a proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética. 📣 Axudas de ata 3M€ por entidade beneficiaria! ✅ Trátase da primeira convocatoria do Fondo de Transición Xusta O obxectivo destes apoios é o desenvolvemento de proxectos singulares de descarbonización e renovación industrial que permitan unha redución de emisións de CO2 e unha redución do consumo enerxético. Consulta as claves 👉🏽https://lnkd.in/dahiFPcA #SexamosEficientes Galicia Crece
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
-
🔵O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou nas xornadas Future Energy Summit 2024 celebradas en Madrid. Na súa intervención falou da Lei de Recursos Naturais que se está a tramitar no Parlamento galego e resaltou que permitirá abaratar a factura eléctrica ás familias e ás empresas, así como avanzar na autonomía enerxética da comunidade galega. ➡️ A Lei comprende os proxectos de produción de enerxía a partir de fontes renovables; os que requiren da concesión de augas que a propia lei determina; e os dereitos, concesións mineiras e proxectos de explotación mineiros. Galicia Crece #SexamosEficientes
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
-
As oportunidades e os desafíos para o impulso da cadea de valor do hidróxeno verde centrou o encontro da Universidad Internacional Menéndez Pelayo celebrado hoxe en Santander no que participou o director xeral de Planificación Enerxética e Minas. Na súa intervención, Pablo Fernández Vila incidiu en que é necesario un marco regulatorio claro para o sector e subliñou que os proxectos de hidróxeno son claves para descarbonizar a industria. Galicia Crece #Sexamoseficientes
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-
-
🔵O director xeral de Planificación Enerxética e Minas clausurou as XIV Xornadas Técnicas Enermar: O Mar e as Enerxías Renovables, onde sinalou que Galicia aspira a seguir sendo un referente na eólica terrestre, pero tamén na mariña, pois o sector enerxético agora mira ao mar 🌊 ➡️ Pablo Fernández Vila explicou que Galicia aspira a ser un referente neste eido, sempre garantindo a compatibilidade cos recursos pesqueiros, co medio mariño e co medio ambiente, e incidindo na repercusión dos beneficios sociais e económicos que teñen que quedar no territorio. Galicia Crece #SexamosEficientes
Inicia sesión para ver o añadir un comentario.
-