Aínda podes solicitar os apoios para proxectos de infraestruturas de almacenamento enerxético destinadas a empresas, asociacións de empresarios, persoas autónomas galegas e empresas de servizos enerxéticos. 👉 Os apoios poden ascender aos 500.000 € por proxecto! https://lnkd.in/drKnUBVC #SexamosEficientes #GaliciaCrece
Instituto Enerxético de Galicia
Administración pública
Santiago de Compostela, A Coruña 2262 seguidores
O Inega é a axencia pública da Xunta de Galicia en materia de enerxía.
Sobre nosotros
O Inega é a axencia pública da Xunta de Galicia que traballa cos diferentes sectores económicos fomentando iniciativas para a investigación e desenvolvemento das tecnoloxías enerxéticas, favorecendo o aforro, a eficiencia e o uso racional da enerxía.
- Sitio web
-
http://www.inega.gal/
Enlace externo para Instituto Enerxético de Galicia
- Sector
- Administración pública
- Tamaño de la empresa
- De 11 a 50 empleados
- Sede
- Santiago de Compostela, A Coruña
- Tipo
- Agencia gubernamental
- Fundación
- 1999
- Especialidades
- energía, energías renovables, ahorro energético y energía sostenible
Ubicaciones
-
Principal
Avelino Pousa Antelo, 5
Santiago de Compostela, A Coruña 15703, ES
Empleados en Instituto Enerxético de Galicia
-
Iria López Montecelos
Técnico energías renovables
-
Roberto Carlos González Fernández
Director Simposium URBAN SOLUTIONS-Tesorero ICOIIG- UTE ALUMBRADO Concello Vigo-Subdirector revista Dínamo Técnica -Miembro Foro Enerxia Galicia…
-
Isabel Pariente
DELEGADA REGIONAL NOROESTE - RED ELÉCTRICA - REDEIA | Foro Enerxético de Galicia | #WomanSTEM
-
olaia ledo pelaez
Ingeniera de la Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Industrial de Vigo
Actualizaciones
-
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na inauguración do Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial (SPERTUS), enmarcado no seo dun acordo de colaboración entre o Inega e a Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa intervención, destacou a importancia da minaría sustentable e das materias primas como base fundamental no proceso de transición enerxética en Galicia. https://lnkd.in/ehRRCYjj #SexamosEficientes #GaliciaCrece
-
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou no acto de inauguración do IX Congreso Nacional da Asociación Técnica de Puertos y Costas (ATPYC), que reuniu en A Coruña a máis de 250 profesionais do sector. Aquí tes un resumo dos puntos que destacou na súa intervención no encontro 👇 ✅A aposta da Xunta por situar a Galicia á vangarda do proceso de transición enerxética en España ✅A oportunidade que supón para Galicia o desenvolvemento da eólica mariña ✅A importancia da relación dos principios estratéxicos da Axenda Enerxética de Galicia co ámbito portuario ✅Os proxectos que contribuirían á transición enerxética nos portos e costas de Galicia coma os de hidróxeno verde ✅A importancia da colaboración entre institucións para avanzar e acadar os obxectivos propostos ✅O acordo subscrito da Consellería de Economía e Industria, a Consellería de Mar e Recursos de Galicia (RDG) para levar a cabo a maior auditoría enerxética da historia de Galicia https://lnkd.in/ej3tXCXv #SexamosEficientes #GaliciaCrece
-
Consulta os apoios dispoñibles para empresas en ℹ https://lnkd.in/dMskT6Eu #SexamosEficientes #GaliciaCrece
-
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu á inauguración das novas instalacións fotovoltaicas postas en marcha no Centro Comercial Ponte Vella. O centro comercial ourensán é un dos beneficiarios da liña de axudas do Goberno galego para a instalación de equipamentos de enerxías renovables. Contou con 18.500 euros, que permitiron a instalación de 144 paneis fotovoltaicos para autoconsumo. O director xeral explicou que estas axudas buscan continuar apoiando as empresas no reto que teñen de transformarse, e tamén aos fogares, para que cada vez sexa máis doado e economicamente máis barato poder acceder a estas tecnoloxías. #GaliciaCrece #SexamosEficientes
-
Instituto Enerxético de Galicia ha compartido esto
Sabes que é o Inega? É o Instituto Enerxético de Galicia, que xestiona a política enerxética da nosa comunidade 💡. Un dos seus obxectivos fundamentais é acadar un equilibrio na explotación dos recursos naturais para a obtención da enerxía necesaria para o desenvolvemento diario do conxunto da sociedade. Se queres saber máis, entra en www.inega.gal Instituto Enerxético de Galicia
-
A Xunta de Galicia destina 2,5 M€ a axudas para proxectos de infraestruturas de almacenamento enerxético para empresas, persoas autónomas e asociacións de empresarios. Contámosche as claves neste vídeo 👇 Solicita xa! https://lnkd.in/drKnUBVC #SexamosEficientes #GaliciaCrece
-
Xa podes solicitar os apoios para proxectos de infraestruturas de almacenamento enerxético cun orzamento de 2,5 M€. ✅ Están destinadas a empresas, asociacións de empresarios, persoas autónomas galegas e empresas de servizos enerxétixos. ✅Os apoios poden ascender aos 500.000 € por proxecto; cada beneficiario pode solicitar máis dun proxecto. Prazo aberto ata o 8 de novembro! https://lnkd.in/drKnUBVC #GaliciaCrece #SexamosEficientes
-
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da I Xornada de almacenamento enerxético en Galicia, organizada polo Cluergal - Clúster das Enerxías Renovables de Galicia. O director destacou os datos que sitúan a Galicia como a segunda Comunidade autónoma que máis enerxía eléctrica renovable xerou entre xaneiro e maio deste ano 2024 e incidiu na necesidade de apostar pola xestión e o almacenamento de enerxías renovables para aproveitar as súas grandes vantaxes. 💡A enerxía hidráulica está á cabeza, tan só por detrás de Castela e León. #SexamosEficientes #GaliciaCrece
-
📣PRAZO AMPLIADO📣 Apoios destinados á instalación de 🔋estacións de recarga e a adquisición dun 🚗 vehículo eléctrico. https://lnkd.in/dvVgNxiN Solicita ata o 31 de decembro! #SexamosEficientes #Galiciacrece