Europa Oriental

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Mapa da Europa Oriental extendida, incluindo as repúblicas ex-soviéticas incorporadas á UE, tamén as bálticas.
Cita1.pngA Europa Occidental é rica, a central a clase media, o leste europeo é o pobre e despois dos Urais comen os nenos.Cita2.png
Profesor de xeografía sobre Europa Oriental.

A Europa Oriental é a parte de Europa que está situada no leste, separando a Asia de Europa.

Historia[editar]

A Conferencia de Ialta.

As conferencias de Ialta e de Potsdam, dividiron Europa en dúas grandes áreas políticas. Nos países da Europa Oriental impuxéronse no goberno os partidos comunistas coa axuda, ás veces, pola forza do Exército Vermello.

Estes países, afíns ideoloxicamente, organizáronse no:

Na actualidade desapareceron tanto o COMECON como o Pacto de Varsovia. Os países de Europa Oriental estánse a integrar na Unión Europea e na Alianza Atlántica de xeito constante e progresivo trala caída do telón de aceiro.

División segundo a Macrorexión da ONU[editar]

En Europa do Leste, atópase as linguas máis difíciles de entender.

Tendo en conta a división do mundo feita pola ONU, Europa Oriental é unha das macrorexións da ONU nas que se divide Europa. Esta clasificación inclúe 10 estados: Bielorrusia, Bulgaria, Eslovaquia, Hungría, Moldavia, Polonia, República Checa, Romanía, Rusia e Ucraína.

Balcáns

Tradicionalmente tamén son incluídos nesta clasificación os países balcánicos: Albania, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Kosovo, República de Macedonia, Montenegro e Serbia.

Estados desaparecidos

Na Europa Oriental tamén se incluían: Alemaña Oriental, Checoslovaquia e Iugoslavia.

Repúblicas bálticas

As repúblicas bálticas non sempre son incluídas nesta clasificación, aparecendo ás veces dentro da macrorexión xeográfica de Europa do Norte: Estonia, Letonia e Lituania.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Europa Oriental.

Outros artigos[editar]