Xeografía litoral
A xeografía litoral é unha rama da xeografía que estuda a relación entre a terra e a auga e o clima na zona costeira (ademais doutros factores xeográficos).
Zonas costeiras
editarAs zonas costeiras son un tipo de espazo con características especiais, porque resultan da intersección de tres factores xeográficos, principalmente, como son o relevo, o clima e o mar, polo que a dinámica destes tipos de paisaxe resulta máis complexa. Esta interacción de factores, que inclúen a presenza ocasional doutros factores (como a presenza de esteiros, urbanizacións, verteduras, actividade humana, xeo, etc), poden facer o estudo aínda máis complexo.
A xeografía litoral estuda as paisaxes costeiras no seu conxunto e, en particular, a súa dinámica.
Costa
editarA costa, sendo o punto de encontro entre a terra e a auga, é un ambiente en que ocorren constantemente a erosión (eliminación de material, debida ás ondas e mareas, correntes mariñas e vento) e sedimentación (depósito de material procedente de ríos próximos ou de franxas de litoral). A suma destes procesos é o balance de sedimentos na costa. O impacto deste balance de sedimentos sobre a forma da costa pode ser:
- Se o saldo é negativo e a erosión é predominante, a costa é alta, marcada por cantís e rochedos;
- Se o saldo é positivo, con predominio dos fenómenos de depósito, a costa será baixa. Neste caso poden distinguirse dúas posibilidades: costas abertas, onde hai unha clara separación lineal entre a auga e a costa; ou costas protexidas, cando, despois dunha primeira liña de terra se abren espazos de auga máis ou menos ligadas ao mar (como as lagoas).
Praia
editarA parte da costa afectada pola acción das ondas é a praia, comprendida desde a base da praia (que tamén é o límite inferior da costa) ata o máis alto nivel alcanzado polas ondas nas tempestades máis violentas.
A praia pode dividirse en tres zonas:
- Zona emerxida: a porción da praia que é alcanzada pola auga só durante as ondas particularmente violentas, como as producidas nos temporais;
- Zona intermareal: é a parte da praia alternativamente descuberta ou oculta baixo a auga, dependendo da ondada e das mareas. Está delimitada polos límites máximos e mínimos atinxidos pola auga durante as mareas máis altas e máis baixas,
- Zona somerxida: é a parte do conxunto que está sempre cuberta de auga, se ben segue estando afectada pola acción da dinámica litoral.
A diferenza nas condicións de ondas que poden xurdir dunha praia significa que poden ter características físico-xeográficas moi diferentes. Dependendo da forma dunha liña costeira pódese falar de: península, istmo, cabo e golfo. A estrutura do litoral é moi variada e depende da terra, das augas que corren sobre el e da súa exposición a condicións meteorolóxicas diversas.