Saltar ao contido

Robert De Niro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert De Niro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Anthony De Niro Editar o valor en Wikidata
17 de agosto de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Tim BurtonNanni Moretti ⊟ Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMarbletown (pt) Traducir
Gardiner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónStella Adler Studio of Acting (en) Traducir
HB Studio
P.S. 41 (en) Traducir
Elisabeth Irwin High School (pt) Traducir
Instituto de Teatro e Cinema Lee Strasberg (pt) Traducir
Rhodes Preparatory School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, produtor de teatro, actor, produtor, realizador, produtor, actor de teatro, produtor de televisión, produtor de cinema, guionista, actor de cinema, actor de dobraxe, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCinema dramático, filme de suspense, cinema de suspense psicolóxico, filme sobre crime, filme épico (pt) Traducir, gangster film (en) Traducir, filme de acción, filme de deportes, Cinema de terror, cinema de terror psicolóxico, crime drama film (en) Traducir, cinema de asaltos, crime thriller film (en) Traducir, Neo-noir, cinema bélico, war drama (en) Traducir, historical drama film (en) Traducir, filme de misterio, Cinema negro, filme histórico, cinema de comedia, Western e filme de fantasía Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLee Strasberg (pt) Traducir e Herbert Berghof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalMartin Scorsese: Martin Scorsese and Robert De Niro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeGrace Hightower (1997–2018), divorcio
Diahnne Abbott (1976–1988), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaCharmaine Sinclair (1993–1995)
Toukie Smith Editar o valor en Wikidata
FillosDrena De Niro
 () Diahnne Abbott
Raphael De Niro
 () Diahnne Abbott
Julian De Niro
 () Toukie Smith
Aaron De Niro
 () Toukie Smith
Elliot De Niro
 () Grace Hightower Editar o valor en Wikidata
PaisRobert De Niro, Sr. Editar o valor en Wikidata  e Virginia Admiral Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000134 Allocine: 8 Rottentomatoes: celebrity/771484299 Allmovie: p17593 206312 Metacritic: person/robert-de-niro TV.com: people/robert-de-niro IBDB: 54568
Facebook: bobbydeniro BNE: XX887842 Musicbrainz: 5cc59119-95ca-415a-8a14-3eac45670afe Discogs: 375300 WikiTree: De_Niro-1 Editar o valor en Wikidata

Robert De Niro, nado o 17 de agosto de 1943 en Nova York, é un actor, director e produtor estadounidense de orixe italiana. Os seus primeiros papeis maiores foron nos filmes Toca con xeito ese tambor e Quérote, Nova Iorque, ambos de 1973. En 1974, interpretou a Vito Corleone en O padriño (II parte), un papel que lle valeu o Óscar ó mellor actor secundario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduado na Little Red School House, De Niro fixo o seu debut no cine na película francesa Three Rooms in Manhattan (1965) (como extra) e no 1968 en Greetings e Bloody Mama (dirixidas por Brian De Palma). Despois disto, fixo algúns papeis maiores e menores noutras películas con pouca repercusión, ata que gañou popularidade co seu papel en Toca con xeito ese tambor (1973). Empezou a traballar con Martin Scorsese o mesmo ano con Malas Calles. Outras películas de Scorsese nas que participou De Niro son Taxi Driver (1976), Nova York, Nova York (1977), Touro salvaxe (1980), The King of Comedy (1983), Cape Fear (1991) e Casino (1995). Na maioría destes filmes, De Niro interpretou personaxes emocionalmente inestables con tendencias sociopáticas. Mención á parte merece Taxi Driver, pois a súa actuación como Travis Bickle levouno á fama mundial e uniu para sempre o nome de De Niro co famoso monologo "Estas falándome a min?".

A mediados dos anos 80, De Niro empezou a facer papeis de comedia e tivo moito éxito neste xénero con películas como Brazil (1985), Midnight Run (1988), Wag the Dog (1997), Unha terapia perigosa (1999), Meet the Parents (2000) e Meet the Fockers (2004).

A finais dos 80 De Niro comezou a investir na área de Tribeca en Nova York incluíndo un estudio de cine e un festival de cine. De Niro admitiu máis tarde que algúns dos seus malos papeis que tomou nos 90 foron soamente para apoiar esas obras de caridade.

Gañou dous Oscar da academia, como mellor actor por Touro salvaxe, e como Mellor Actor Secundario por O padriño (II parte).

Curiosamente De Niro e Marlon Brando son os únicos actores que gañaron o Oscar interpretando o mesmo personaxe, Brando gañou por interpretar o vello Vito Corleone en O padriño (aínda que rexeitou o premio), mentres De Niro gañou o premio por interpretar o novo Vito en O padriño (II parte). Brando e De Niro non traballaron xuntos ata The Score (2001).

De Niro é comparado acotío co actor Al Pacino,[Cómpre referencia] co que traballou na película de Michael Mann Heat (1995). De Niro interpretaba unha versión máis nova do pai de Pacino en O padriño (II parte).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

De Niro casou dúas veces. Ten unha filla chamada Dreena e un fillo chamado Raphael da súa primeira muller Dianne Abbott, así como dous fillos, Julian Henry e Aaron Kendrick da súa relación coa antiga supermodelo Toukie Smith. Os nenos, que son xemelgos, foron concibidos con fecundación in-vitro. Raphael, anteriormente actor, dedícase agora ao mercado inmobiliario en Nova York. A finais do 2004, De Niro casou outra vez coa súa segunda muller Grace Hightower, unha antiga azafata dez anos máis nova.[Cómpre referencia] Tiveron un fillo, Elliot, en 1998. A parella pediu o divorcio por diversas disputas.

De Niro ten as súas principais residencias en Manhattan. De Niro apoia firmemente o Partido Demócrata, e prestou apoio explicitamente a Al Gore nas eleccións presidenciais do ano 2000, e a John Kerry nas do 2004. En 1998 pronunciouse en contra do "impeachment" ao presidente Bill Clinton como amigo persoal dos Clinton.

Posúe unha parte do restaurante Rubicon de San Francisco con Francis Ford Coppola e Robin Williams.[Cómpre referencia]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Actor ou director

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Papel Notas
1965 Three Rooms in Manhattan Cliente do restaurante Sen creditar
1968 Greetings Jon Rubin
1969 Sam's Song Sam
The Wedding Party Cecil Rodada en 1963
1970 Bloody Mama Lloyd Barker
Hi, Mom! Jon Rubin
1971 Jennifer on My Mind Mardigian, condutor de taxi
Born to Win Oficial Danny
The Gang That Couldn't Shoot Straight Mario Trantino
1973 Tocan con xeito ese tambor Bruce Pearson
Quérote, Nova Iorque John 'Johnny Boy' Civello
1974 O padriño (II parte) Vito Corleone
1976 Taxi Driver Travis Bickle
1900 Alfredo Berlinghieri
The Last Tycoon Monroe Stahr
1977 Nova York, Nova York Jimmy Doyle
1978 O cazador Michael Vronsky
1980 Touro salvaxe Jake LaMotta
1981 True Confessions Monsignor Desmond "Des" Spellacy
1983 The King of Comedy Rupert Pupkin
1984 Houbo unha vez en América David "Noodles" Aaronson
Falling in Love Frank Raftis
1985 Brazil Archibald 'Harry' Tuttle
1986 A misión Rodrigo Mendoza
1987 O corazón do anxo Louis Cypher
Os intocables de Eliot Ness Al Capone
1988 Midnight Run Jack Walsh
1989 Jacknife Joseph 'Jacknife' Megessey
We're No Angels Ned
1990 Stanley & Iris Stanley Everett Cox
Un dos nosos James "Jimmy" Conway
Espertares Leonard Lowe
1991 Guilty by Suspicion David Merrill
Backdraft Donald 'Shadow' Rimgale
Cape Fear Maximilian "Max" Cady
1992 Night and the City Harry Fabian
Mistress Evan M. Wright
1993 A Bronx Tale Lorenzo Anello Tamén director
Mad Dog and Glory Wayne 'Mad Dog' Dobie
This Boy's Life Dwight Hansen
1994 Mary Shelley's Frankenstein A criatura
1995 A Hundred and One Nights Le mari de la star-fantasme en croisière
Casino Sam 'Ace' Rothstein
Heat Neil McCauley
1996 The Fan Gilbert "Gil" Renard
Sleepers Padre Bobby
O cuarto de Marvin Dr. Wally
1997 Cop Land Tenente Moe Tilden
Jackie Brown Louis Gara
Wag the Dog Conrad Brean
1998 Great Expectations Arthur Lustig
Ronin Sam
1999 Unha terapia perigosa Paul Vitti
Ninguén é perfecto Walter Koontz
2000 The Adventures of Rocky and Bullwinkle Fearless Leader
Men of Honor Xefe Leslie William 'Billy' Sunday
Os pais dela Jack Tiberius Byrnes
2001 15 Minutes Det. Eddie Flemming
The Score Nick Wells
2002 Showtime Det. Mitch Preston
City by the Sea Vincent Anthony LaMarca
Outra terapia perigosa Paul Vitti
2004 Godsend Dr. Richard Wells
Shark Tale Don Lino Voz
Meet the Fockers Jack Tiberius Byrnes
The Bridge of San Luis Rey Arcebispo de Lima
2005 Hide and Seek David Callaway / Charlie
2006 Arthur and the Minimoys O rei Voz
The Good Shepherd Xeneral Bill Sullivan Tamén director
2007 Stardust Capitán Shakespeare
2008 Righteous Kill Det. Thomas "Turk" Cowan
What Just Happened Ben
2009 Everybody's Fine Frank
2010 Machete Senador McLaughlin
Stone Jack Mabry
Little Fockers Jack Tiberius Byrnes
2011 Manuale d'amore 3 Adrian
Asasinos de elite Hunter
Limitless Carl Van Loon
Noitevella Stan Harris
2012 Being Flynn Jonathan Flynn
Red Lights Simon Silver
Freelancers Sarcone
The Big Wedding Don Griffin
Silver Linings Playbook Patrick
2013 The Comedian Jackie Burke
Caza humana Benjamin Ford
Hands of Stone Ray Arcel

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]