Saltar ao contido

Elac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElac
Biografía
Nacemento425 Editar o valor en Wikidata
European Hun Empire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte454 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Pannonia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Rei dos hunos Imperio Huno
453 – 454, 457
← Atila, BledaErnakh, Dengizic ⊟ Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXefe tribal Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Nedao Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos hunos Editar o valor en Wikidata
FamiliaAttilid dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisAtila Editar o valor en Wikidata  e Kreka Editar o valor en Wikidata
IrmánsErnakh
Dengizic
Csaba Editar o valor en Wikidata

Elac, falecido no 454 era o fillo máis vello de Atila (434-453) e Kreka.[1] Despois da morte de Atila no 453, o seu Imperio esfarelouse e os seus restos foron gobernados polos seus tres fillos, Elac, Dengizic e Ernac. Gobernou brevemente pois morreu na batalla de Nedao no 454,[2] e foi sucedido polos seus irmáns Dengizic e Ernac.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No 448 ou 449 d.C., como relata Prisco, "Onegesio, xunto co fillo máis vello de Atila, fora enviado aos Acatziri, un pobo escita -huno- con que se estaba a aliar Atila".[3] Como as tribos e clans Acatziri) estaban gobernados por diferentes líderes, o emperador Teodosio II intentou, mediante agasallos, estender animadversión entre eles, pero os agasallos non se entregaron segundo o rango e Curidachus, un dos seus líderes, avisou e chamou a Atila contra os seus compañeiros líderes.[4] Así o fixo Atila e Curidachus quedou coa súa tribo ou clan no seu propio territorio, mentres que o resto dos Acatziri quedaron sometidos a Atila.[3] Atila "desexou facer do seu fillo maior o seu rei e enviou a Onegesio a facelo". Onegesio regresou con Elac, quen "rompera a man dereita".[5]

Prisco tamén menciona o número de fillos: "Onegesios estaba sentado nunha cadeira á dereita do sofá do rei, e fronte a Onegesios dous dos fillos de Atila -Dengizic e Ernac- estaban sentados nunha cadeira. O máis vello, Elac, estaba sentado no sofá de Atila, non preto del senón ao bordo, mirando ao chan por respecto ao seu pai".[6] Despois dos ritos da morte de Atila en 453, segundo Xordanes en Getica, os fillos Elac, Dengizic e Ernac (pero posiblemente existiron tamén outros fillos que finxiron o trono:[7]

"xa que as mentes novas adoitan estar excitadas pola oportunidade de arrebatar o poder, os herdeiros de Atila comezaron a disputar o reinado. Todos desexando gobernar de forma autónoma, todos destruíron o imperio simultaneamente. Así, a abundancia de herdeiros a miúdo carga máis os reinos que a falta deles. Os fillos de Atila ... esixían que as nacións suxeitas se dividisen entre elas por igual sorte para que, como ocorre cos bens domésticos, os reis bélicos e a súa xente se distribúan por sorteo ".[8]

Aproveitando a situación problemática, unha coalición de tribos xermánicas, dirixida por Ardarico, rei dos xépidos, sublevouse para librarse da dependencia respecto dos hunos e "polo que estaban armados para a destrución mutua. A guerra efectuouse en Panonia, xunto a un río chamado Nedao. Alí, entraron en combate varias nacións que estaban sometidas a Atila ... godos, xépidos, ruxios, suevos, hunos, alanos e hérulos".[9] Pola condición de "dependencia" considérase o pago de tributos e servizo militar.[7] Houbo moitas escaramuzas, mais a vitoria inesperada recaeu nos xépidos.[10] Ardarico e os seus aliados, sobre todo ostrogodos de Teodomiro, aniquilaron case 30.000 hunos e os seus aliados.[11] Este feito marcou o principio da desintegración da confederación que dominaban os hunos, a penas un ano despois da morte de Atila.[2] Na batalla morreu o fillo máis vello de Atila, Elac. Segundo Prisco:

"Dicíase que o seu pai o amaba tanto máis alá dos seus outros fillos que o situou primeiro entre os distintos herdeiros do reino. A súa fortuna, con todo, non estaba en harmonía co desexo do seu pai. Porque é indiscutible que, despois de matar a moitos inimigos, foi asasinado de xeito tan heroico que o seu pai, se o sobrevivise, tería desexado morrer tan gloriosamente ".[11]

Xordanes afirmou que:[11][12]

"Cando Ellac foi asasinado, os seus irmáns restantes pelexaron preto da beira do mar do Ponto, onde dixemos que se instalaron os godos. E así sucedeulle aos hunos o que se pensaba que lle sucedería a todo o mundo: a súa desintegración era tan calamitosa que unha nación que, coas súas forzas unidas, adoitaba aterrar, dividida, caeu ... Moitas nacións, enviando embaixadas, chegaron a terras romanas e foron acollidas polo emperador Marciano ... Agora, cando os godos viron aos xépidas defendendo por si mesmos o territorio dos hunos e a xente dos hunos que vivían de novo nas súas antigas moradas, preferiron pedir terras ao Imperio romano en vez de invadir as terras doutros con perigos para eles mesmos. Daquela, recibiron Panonia."

Despois da batalla, as tribos xermánicas sometidas a Atila comezaron a reafirmar a súa independencia.[13] Non obstante, non foi repentino e non todas conseguiron liberarse.[14] Os hunos "deron a volta e buscaron as partes de Escitia que limitan co río Danaper, que os hunos chaman na súa propia lingua Var".[15] Ernac "escolleu un fogar na parte máis afastada de Escitia Minor".[16] Non todos os hunos abandonaron inmediatamente a bacía dos Cárpatos, senón só o Danubio Medio[17] pois algúns hunos permaneceron na Dacia Ripensis, é dicir, no baixo Danubio, Moesia e Tracia.[16]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Varios eruditos derivan Elac dunha palabra semellante ao turco antigo älik / ilik / ilig ("príncipe, gobernante, rei),[18][19] que deriva de *el (reino) lä-g (para gobernar, o gobernante).[20] ser un título en lugar dun nome persoal.[18]

  1. Maenchen-Helfen 1973, pp. 407-408.
  2. 2,0 2,1 Maenchen-Helfen 1973, p. 144.
  3. 3,0 3,1 Given 2015, p. 55.
  4. Given 2015, p. 56.
  5. Given 2015, p. 61.
  6. Given 2015, p. 72.
  7. 7,0 7,1 Heather 2007, p. 354.
  8. Given 2015, p. 114.
  9. Given 2015, pp. 114-115.
  10. Gordon 1966, p. 111.
  11. 11,0 11,1 11,2 Given 2015, p. 115.
  12. Maenchen-Helfen 1973, p. 149.
  13. Heather 2007, p. 446.
  14. Heather 2007, p. 356.
  15. Maenchen-Helfen 1973, p. 156.
  16. 16,0 16,1 Maenchen-Helfen 1973, p. 151.
  17. Heather 2007, pp. 355–356.
  18. 18,0 18,1 Maenchen-Helfen 1973, p. 407.
  19. Golden 1992, p. 88.
  20. Pritsak 1982, pp. 445–446.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]