Doboj
Добој (sr-cyrl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bosnia e Hercegovina | ||||
Entidade territorial administrativa | República Serbia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 68.514 (2013) (105,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 648 km² | ||||
Bañado por | Río Bosna, Spreča (en) e Usora (en) | ||||
Altitude | 143 m | ||||
Comparte fronteira con | Doboj South Municipality (en) Derventa (pt) Modriča Municipality (en) Doboj East (en) Maglaj (en) Prnjavor Municipality (en) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 28 de xuño de 1415 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Doboj (en) | Boris Jerinić (pt) (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | City of Doboj Assembly (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 74000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 053 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | doboj.gov.ba |
Doboj (en serbio: Добој) é unha cidade e concello situado na República Serbia dentro da federación de Bosnia e Hercegovina. A cidade é un importante nó ferroviario e alí ten a súa sede os Ferrocarrís da República Serbia e a Corporación dos Ferrocarrís de Bosnia e Hercegovina. A superficie do concello é de 691 km² despois que tras a Guerra de Bosnia se formaran, integrados na Federación de Bosnia e Hercegovina, os concellos de Doboj do Leste e Doboj do Sur de maioría musulmá e Usora de maioría croata. A poboación estimada do concello é de 80.000 habitantes e da cidade de 30.000 [1]. A composición étnica variou considerablemente coa Guerra de Bosnia, actualmente a maioría da poboación é serbia con arredor do 80%, un 13% é bosniomusulmá e un 3% croata.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira vez que se menciona a localidade de Doboj foi en 1415 pero de feito pola cantidade de obxectos atopados en escavacións arqueolóxicas había xa un núcleo de poboación desde moito antes e a Fortaleza de Doboj data do século XIII, construída sobre unha anterior que podería ser do século X. En 1476 a fortaleza xunto coa localidade caeu baixo o Imperio Otomán. Durante a primeira guerra mundial en Doboj estableceuse o máis grande dos campos de concentración para serbios polo que pasaron case 46.000 prisioneiros. Na segunda guerra mundial Doboj converteuse nun importante foco de resistencia dos partisanos. A cidade quedou liberada o 17 de abril de 1945
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Esas cifras aparecen na web oficial do concello [1] Arquivado 12 de abril de 2008 en Wayback Machine.. O último censo oficial en Bosnia e Hercegovina foi en 1991 antes da guerra de Bosnia que modificou considerablemente a demografía da localidade. Segundo o censo de 1991 o concello de Doboj tiña 102.549 habitantes, aproximadamente un 40% de bosniomusulmáns e 39% de serbios
- ↑ Segundo a Oficina de Estatísticas de Bosnia e Hercegovina, datos estimados de de 2005 [2]