Saltar ao contido

Daichi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daichi / ALOS
Esquema de Daichi
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASDA
Destino actualRetirado.
Satélite deTerra
Data de lanzamento24 de xaneiro de 2006, 1:33 UTC[1][2][3]
Foguete portadorH-2A[2][3][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2]
Obxectivo da misiónEstudos cartográficos e de recursos naturais.[2]
NSSDC ID2006-002A
Masa4000 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior7072,2 km[1]
Inclinación98,1 graos[1]
Apoapse702,7 km[1]
Periapse699,7 km[1]

Daichi, tamén coñecido polo acrónimo ALOS (Advanced Land Observing Satellite) é un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de xaneiro de 2006 desde o Centro Espacial de Tanegashima mediante un foguete H-2A.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Daichi, ao igual que o seu sucesor, Daichi 2, estaba adicado á observación e cartografía terrestres e á busca de recursos naturais.[2] Funcionou ata o 22 de abril de 2011, en que perdeu enerxía, dándose por finalizada a misión.[4]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

O satélite levaba tres instrumentos a bordo:[4]

  • PRISM (Panchromatic Remote-sensing Instrument for Stereo Mapping): cámara pancromática para cartografía cunha resolución de 2,5 metros.
  • AVNIR-2 (Advanced Visible and Near Infrared Radiometer tipo 2): radiómetro para observación terrestre cunha resolución de 10 metros.
  • PALSAR (Phased Array type L-band Synthetic Aperture Radar): radar de apertura sintética para observación terrestre diúrna e nocturna.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ALOS" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "ALOS" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 March 2007 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (07-82185): 2. 11 de abril de 2007. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ALOS (Daichi)" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  5. Mark Wade (2011). "Daichi" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]