Saltar ao contido

Belitung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBelitung
(id) Belitung Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas maiores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBangka-Belitung, Indonesia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°50′S 107°55′L / -2.83, 107.92
Bañado porestreito de Karimata Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude34 m Editar o valor en Wikidata
Superficie4.478 km² Editar o valor en Wikidata

Belitung (en indonesio, Pulau Belitung e en inglés, Billiton) é unha illa de Indonesia localizada na costa oriental de Sumatra, no mar de Xava. A illa é famosa polos seus pementos e polo seu estaño. Foi posesión dos británicos desde 1812 ata que cedeu o control británico aos neerlandeses polo tratado anglo-neerlandés de 1824. A súa principal cidade é Tanjung Pandan.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Belitung está situada no estreito de Karimata, no límite entre o mar de Xava, ao sur, e o Mar da China Meridional, ao norte. Á súa vez, o estreito de Gaspar, ao oeste, a separa da veciña illa de Bangka.

Administrativamente, Belitung divídese en dous kabupaten (rexencias) na provincia de Bangka-Belitung:

  • Belitung propiamente dicho, coa súa capital en Tanjung Pandan, que é tamén a principal cidade da illa;
  • Belitung Oriental, coa súa capital en Manggar.

Trátase dunha illa de tamaño medio, de 4478 km², cun relevo moderadamente abrupto, con varias montañas. A máis alta é o monte Tajam, cunha altura de só 500 m. Belitung é popular polas súas abstractas rocas de granito e as súas brillantes praias de area branca en Tanjung Tinggi, Tanjung Kelayang, Tanjung Binga e a illa de Lengkuas. O seu mar azul turquesa é moderadamente tranquilo e pouco profundo, adecuado para navegar a vela, o mergullo e a natación.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación, de aproximadamente 200 000 habitantes, concéntrase en pequenas localidades, sendo as maiores Tanjung Pandan, no oeste, e Mangar, no leste. A etnia malaia é a principal de Belitung, aínda que hai representación importante de bugis, sundanés e etnia chinesa, que anteriormente traballaron para os neerlandeses na minería do estaño. Tamén hai grandes poboacións de balineses e maduraneses, que se asentaron alí na transmigración na éra de Suharto.

Economía

[editar | editar a fonte]

Belitung é fonte de estaño, arxila, caolín, mineral de ferro e areas de sílice. A empresa mineira australiana, BHP Billiton, deriva o seu nome desta illa. Tamén é un produtor de pementa, coco, aceite de palma e produtos da pesca. Os seus habitantes traballan como agricultores, pescadores e mineiros. A illa é de fácil acceso, con 4 voos diarios de 50 minutos desde Iacarta. Debido ás fantásticas praias de area branca, o turismo está comezando a converterse nunha parte importante da economía local.

Residencia do administrador da Billiton Maatschappij en Manggar

Cakraningrat III ou K. A. Gending (1696-1700) dividiu o principado en 4 ngabehi : Badau, Sijuk, Belantu e Buding.

Cakraninggrat VI (1755-1785), irmán máis novo de Abudin, solicitou a axuda do sultán de Palembang.

A illa foi cedida aos británicos en 1812 polo sultán de Palembang. Estes, á súa vez, cedérona aos neerlandeses no marco do tratado anglo-neerlandés de 1824 subscrito en Londres. A illa nesa época, tiña grandes reservas de estaño, cuxa extracción iniciouse en 1851 cando Cakraningrat VIII asinou un convenio cos neerlandeses. Para as actividades mineiras estableceuse en 1869 na Haia, a empresa Billiton, a actual BHP Billiton. Para o traballo nas minas utilizáronse mineiros chineses, cuxos descendentes constitúen a segunda comunidade na illa logo da comunidade malaia.

Coa independencia de Indonesia, as actividades mineiras dos neerlandeses pasaron a Timah, unha empresa estatal indonesa.

Príncipes de Belitung

[editar | editar a fonte]

Levaban o título de Depati (do xavanés, adipati, gobernador):

  • Cakraningrat I ou Ki Gegedeh Yakub (1618-1661) fundou o principado;
  • Cakraningrat II ou Ki Agung Abdullah atau Ki Mending (1661-1696);
  • Cakraningrat III ou K. A. Gending (1696-1700);
  • Cakraninggrat IV ou K. A. Bustam, irmán máis novo de Gending;
  • Cakraninggrat V ou K. A. Abudin (1740-1755), fillo de Bustam;
  • Cakraninggrat VI ou K. A. Usman (1755-1785), hermano menor de Abudin;
  • Cakraningrat VII ou K. A. Muhammad Hatam (1785-1815), fillo de Usman;
  • Cakraningrat VIII ou K. A. Rahad