Apicio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 a. C. |
Morte | 37 (60/61 anos) |
Causa da morte | suicidio, Intoxicación |
Actividade | |
Ocupación | chef, escritor, poeta |
Período de tempo | Imperio Romano |
Familia | |
Fillos | Apicata |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Apicio, de nome Marcus Gavius Apicius, foi un gastrónomo romano do século I d. C., suposto autor do libro De re coquinaria, que constitúe unha fonte esencial para coñecer a gastronomía no mundo romano. Viviu durante os reinados dos emperadores Augusto e Tiberio. Casou a unha das súas fillas con Lucio Elio Sejano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Apicio era coñecido sobre todo polas súas excentricidades e unha enorme fortuna persoal que dilapidou no seu afán por facerse cos máis refinados alimentos, elaborados en complicadas receitas, algunhas atribuídas a el, como o foie gras obtido do fígado de gansos alimentados con figos. O seu desmedido epicureísmo granxeoulle a antipatía dos estoicos contemporáneos seus como Séneca ou Plinio o Vello. Descoñécese con exactitude a data da súa morte, probablemente acaecida nos anos finais do imperio de Tiberio. A tradición di que se suicidou envelenándose ao asumir que o seu tren de vida o arruinou completamente.
Apicio non foi, con todo, o primeiro autor do mundo clásico que dedicou unha especial atención á gastronomía pois sabemos que en Grecia numerosos autores dedicaron a este xénero varios tratados antes que el. A obra De re coquinaria que chegou ata os nosos días procede dun manuscrito do século V e está lonxe de ser a obra orixinal escrita por Apicio (se é que foi realmente o seu autor). Numerosas variantes do latín utilizado nos diferentes capítulos, incongruencias cronolóxicas na linguaxe e partes inexistentes (pero que aparecen indicadas no Índice -o libro VI é un bo exemplo diso-) fan pensar na recompilación e nos engadidos sucesivos que a obra de Apicio viviu ao longo dos séculos.
Deste xeito, e segundo as análises realizadas, os documentos chegados ata nós poderían datarse a principios do século V de nosa era e son o resultado de engadidos sucesivos. A primeira edición impresa de De re coquinaria realizouse en Milán en 1498, edición de Guillaume Lle Signerre (hai unha edición editada por Bernardino de Venecia que carece de data). A esa edición príncipe sucedéronlle numerosas por toda Europa.
Citas doutros autores sobre Marco G. Apicius
[editar | editar a fonte]- Séneca: Consolación a Helvia, 10, 8-9
- Plinio o Vello: Naturalis Historia
- Tertuliano: De Anima, 33, 4
- Marcial: Epigramas
- Ateneo de Náucratis: Deipnosofistas (O Banquete dos Sabios)