Saltar ao contido

Billy Corgan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBilly Corgan

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Elk Grove Village, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónGlenbard North High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Chicago Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguitarrista, cantante, poeta, cantautor, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo e Synthpop Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeChloe Mendel (2023–) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbilly-corgan.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004842 Facebook: BillyCorgan Twitter: Billy Instagram: ogilala MySpace: billycorgan Youtube: UCGSPIEnBOoXXSL1z6ayKARg Souncloud: williampatrickcorgan Spotify: 12B5JK11NOP7OQ9Fxjrpx2 Last fm: Billy Corgan Musicbrainz: 3cbfd3e3-6d9b-4327-84ba-42cf646c98f9 Songkick: 543013 Discogs: 8978 Allmusic: mn0000070026 Genius: Billy-corgan Editar o valor en Wikidata

William Patrick Corgan Jr., nado o 17 de marzo de 1967 en Elk Grove Village (Illinois), é un músico e poeta estadounidense, coñecido por ser o líder, cantante, guitarrista e único membro permanente da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Fundou o grupo Zwan despois da separación de The Smashing Pumpkins no ano 2000, pero este tivo unha curta vida e só editou o álbum Mary Star of the Sea. No ano 2004 publicou o libro de poemas Blinking with Fists, e ao ano seguinte o disco en solitario TheFutureEmbrace. A comezos do 2006 The Smashing Pumpkins volveron a reunirse, deta vez contando só con Corgan e o batería Jimmy Chamberlin da súa formación orixinal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Corgan é o fillo máis vello de William Corgan Sr. e Martha Louise Maes Corgan Lutz. Ten dous irmáns, Jesse (a canción "Spaceboy" está dedicada a el) e Ricky, que é pintor. Os pais divorciáronse cando era neno e o seu pai casou outra vez máis tarde. A súa idade máis temperá a pasou xunto cos seus avós, e posteriormente xunto co seu pai e a súa madrasta en Glendale Heights, Illinois.

Corgan decidiu comezar a tocar a guitarra cando foi á casa dun amigo e viu a súa Flying V. Cando tiña 15 anos Corgan cos seus aforros mercou a súa primeira guitarra, unha Gibson Les Paul.

No ano 1985 Corgan trasladouse dende Chicago a St. Petersburg, Florida xunto a súa primeira banda, chamada The Marked, que disolveuse despois de nove meses. Posteriormente Corgan volveu a Chicago para vivir co seu pai.

The Smashing Pumpkins

[editar | editar a fonte]

Mentres traballaba nunha tenda de discos, Corgan coñeceu a James Iha, co cal emprendeu unha relación de amizade. Posteriormente coñeceu a D'Arcy Wretzky nun concerto de Dan Reed Network. Así, xuntos e cunha caixa de ritmos, formaron The Smashing Pumpkins, unha das bandas máis representativas do rock dos 90.

A banda tentou axendar un concerto no Cabaret Metro, un famoso local de Chicago. O dono do Metro, Joe Shanahan, rexeitou á banda debido a que non tiña batería. A banda entón contratou ao batería de jazz Jimmy Chamberlin grazas a un amigo común. O concerto no Metro o día 5 de outubro de 1988 foi a primeira actuación de The Smashing Pumpkins coa súa formación completa.

A nova banda fusionou diversos estilos como rock psicodélico e hard rock dun xeito moi orixinal no seu álbum de estrea, Gish, en 1991. Despois do éxito de Gish, The Smashing Pumpkins contribuíron en 1992 na película Singles co seu tema "Drown, e asinaron un contrato coa grande discográfica Virgin Records para gravar Siamese Dream, que se converteu nun grande éxito.

O seguinte traballo da banda, Mellon Collie and the Infinite Sadness, editado no ano 1995 consagrou a The Smashing Pumpkins. O disco recibiu sete nomeamentos aos premios Grammy e sería certificado nove veces como álbum de platino nos Estados Unidos. A canción "1979" foi o maior éxito de Corgan, acadando o número 1 das listas da Billboard de modern rock e mainstream rock. A súa aparición no programa Saturday Night Live o 11 de novembro de 1995 para promocionar este álbum foi a estrea de Corgan coa súa cabeza afeitada, unha estética que mantén dende entón.

Durante a xira de Mellon Collie and the Infinite Sadness a bando viuse afectada pola adición á heroína do batería Jimmy Chamberlin. O 12 de xullo de 1996 Chamberlin e o teclista da xira Jonathan Melvoin tiveron unha sobredose nun hotel e Melvoin morreu. A banda tomou a decisión de despedir a Chamberlin e continuou coma trío.

O seu seguinte traballo, o álbum Adore editado en 1998, foi realizado con caixas de ritmos e baterías de estudio, e estaba formado por pezas máis suaves que a dos seus discos anteriores. Adore gañou os eloxios dunha parte da crítica e fans, pero outros críticos e a moitos dos seus seareiros máis recentes consideraron que a banda se afastara demasiado do seu son, resultando nun coonsiderable descenso na venda de discos.

Chamberlin volvería á banda no ano 1999 e no 2000 editaríase Machina/The Machines of God. No remata das gravacións deste álbum a baixista D'arcy Wretzky deixou a banda e foi substituída pola antiga compoñente de Hole Melissa Auf der Maur. Nese mesmo ano aparecería Machina II/The Friends & Enemies of Modern Music gratuitamente en Internet.

A finais do 2000 a banda separouse, realizando o seu último concerto en Chicago o día 2 de decembro.

Zwan e carreira en solitario

[editar | editar a fonte]

Despois de xirar brevemente con New Order, a finais do 2001 reuniuse con Chamberlin para formar a banda Zwan, ao lado do seu vello amigo Matt Sweeney. A formación completouse co guitarrista David Pajo e a baixista Paz Lenchantin. A banda tivo dúas encarnacións distintas, o enfoque principal foi o dunha banda de rock optimista cun son conducidos polas tres guitarras do grupo, e o segundo foi un lado acústico con inspiracións folk e gospel. O quinteto actuou durante o ano 2002 e o seu único álbum, Mary Star of the Sea, foi lanzado a principios do 2003 con boas críticas en xeral. No medio da xira de promoción do álbum, os conflitos de Corgan e Chamberlin cos outros membros da banda levaron á cancelación da mesma e fixeron que o grupo entrase nun hiato aparente, anunciando formalmente a súa separación en setembro do 2003.

Corgan ao vivo en agosto de 2011

No ano 2004 Corgan comezou a escribir mensaxes autobiográficos na súa páxina de MySpace, culpando a Iha da ruptura de The Smashing Pumpkins, dicindo de Wretzky que era unha adicta as drogas, e criticando aos antigos compañeiros de Zwan chamándoos oportunistas e egoístas.

A finais do 2004 Corgan publicou Blinking with Fists, un libro de poesía. A pesar da mestura de recensións, estreouse na lista de libros máis vendidos do New York Times. Sobre ese tempo, comezou a escribir mensaxes autobiográficas en Internet baixo o título de The Confessions of Billy Corgan.

Tamén no 2004 Corgan comezou a súa carreira en solitario, inicialmente tocando cancións folk acústicas relacionadas coa historia de Chicago. Abandonou este estilo en favor dun son electrónico/shoegaze/rock alternativo para o seu primeiro álbum, The Future Embrace. Publicado o 21 de xuño do 2005 a través de Reprise Records, tivo críticas moi diversas e só vendeu 69.000 copias. Corgan xirou para promocionar o traballo cunha banda que incluía a Linda Strawberry, Brian Liesegang e Matt Walker.

Regreso de The Smashing Pumpkins

[editar | editar a fonte]

No ano 2005 Corgan publicou un anuncio a páxina completa en dous grandes xornais de Chicago (The Chicago Tribune e The Chicago Sun-Times) revelando o seu desexo de reformar The Smashing Pumpkins. Varios días despois, Jimmy Chamberlin aceptou o ofrecemento de Corgan de reunirse.

O 20 de abril do 2006 a páxina oficial da banda confirmou que o grupo estaba en proceso de reunión. Os Pumpkins pasaron no estudio a meirande parte do 2006 e o principio do 2007, realizando o seu primeiro concerto despois de 7 anos o 22 de maio do 2007, con Ginger Pooley (baixo) e Jeff Schroeder (guitarra) substituíndo a Wretzky e Iha. O novo álbum, Zeitgeist, lanzouse nos Estados Unidos o 10 de xullo dese ano, estreándose no número 2 das listas da Billboard. A banda xirou exhaustivamente o resto do 2007 e o 2008, editando tamén o EP American Gothic e os sinxelos "G.L.O.W." e "Superchrist". Chamberlin deixaría o grupo en marzo do 2009, e Corgan elixiu continuar adiante co nome.

No verán do 2009 Corgan formou a banda Spirits in the Sky para realizar un concerto tributo a Sky Saxon de The Seeds. Posteriormente estivo de xira co grupo, composto polo ex-membro de Catherine Kerry Brown, o baixista de Electric Prunes Mark Tulin, o teclista de Strawberry Alarm Clock Mark Weitz, a colaboradora de Corgan Linda Strawberry, o frautista Kevin Dippold, o violinista Ysanne Spevack, o novo batería dos Pumpkins Mike Byrne, e o guitarrista de Jane's Addiction Dave Navarro, tocando versións e novo material dos Smashing Pumpkins en varios clubs de California. Ao final da xira, Corgan, Byrne, Tulin e Brown volveron a Chicago para comezar a traballar no novo álbum dos Pumpkins, Teargarden by Kaleidyscope. A actual formación, que inclúe á baixista Nicole Fiorentino, xirou durante o ano 2010 e actualmente está gravando o traballo Oceania.