Saltar ao contido

Las Vegas, Nevada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLas Vegas, Nevada
Las Vegas (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeSin City e The Entertainment Capital of the WorldSin City Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°10′09″N 115°08′41″O / 36.1692, -115.1447
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNevada
County of Nevada (en) Traducircondado de Clark (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación641.903 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.843,66 hab./km²)
Número de fogares237.308 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaLas Vegas Valley (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:2.265.461) Editar o valor en Wikidata
Superficie348,16824 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,0381 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude610 m Editar o valor en Wikidata
Creación15 de maio de 1905 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Las Vegas (en) Traducir Editar o valor en WikidataCarolyn Goodman (pt) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal89044–89199, 89044, 89046, 89049, 89052, 89055, 89058, 89061, 89064, 89067, 89075, 89070, 89073, 89079, 89082, 89084, 89088, 89092, 89094, 89096, 89097, 89102, 89105, 89109, 89112, 89115, 89117, 89119, 89121, 89122, 89124, 89128, 89129, 89133, 89136, 89139, 89142, 89145, 89148, 89151, 89154, 89157, 89159, 89162, 89164, 89166, 89171, 89172, 89173, 89167, 89169, 89174, 89177, 89182, 89185, 89187, 89188, 89189, 89191, 89193, 89195 e 89198 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico702 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
León
Phuket (pt) Traducir
Huludão (pt) Traducir
Pernik (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina weblasvegasnevada.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461656

Las Vegas (en inglés pronunciado [lɑːs ˈveɪɡəs]) é a maior das cidades do estado de Nevada nos Estados Unidos de América, así como a maior cidade fundada no século XX. Converteuse nun dos principais destinos turísticos do país grazas ás súas zonas comerciais e de vacacións, pero sobre todo grazas ós seus casinos. De acordo co censo de 2000 a cidade tiña unha poboación de 478.434 habitantes. A oficina do censo estima unha poboación de 518.313 habitantes en 2003. Las Vegas foi a capital do condado de Clark desde o nacemento deste en 1909. Estudos recentes (ano 2005) cifran a poboación da área metropolitana en torno a 1 950 000 persoas. Calcúlase que é habitual que haxa en torno á mesma cifra de turistas durante a tempada de vacacións que de habitantes: xa sexa por viaxes de estadounidenses que van pasar unha fin de semana ou polo turismo mundial.

O nome de Las Vegas aplícase frecuentemente ás áreas do condado de Clark que rodean a cidade, especialmente as áreas residenciais situadas dentro ou preto de Las Vegas Strip. A maior parte dos 7,25 quilómetros de Las Vegas Boulevard están situados fóra dos límites da cidade de Las Vegas, concretamente na area do condado chamado Paradise. Las Vegas é coñecida en ocasións como a "Cidade do pecado" (en inglés: Sin City) debido á popularidade do xogo e apostas legais, a dispoñibilidade de bebidas alcohólicas a calquera hora do día (como en toda Nevada), ou a legalidade da prostitución nos condados veciños (as leis de Nevada prohiben a prostitución nos condados de máis de 400.000 habitantes). O goberno local e os promotores turísticos da cidade prefiren o alcume de "o que pasou en Las Vegas, quedou en Las Vegas". A imaxe glamurosa da cidade fíxoa escenario de diversas películas e series televisivas.

O Lloyd D. George Federal District Courthouse de Las Vegas foi o primeiro edificio federal construído de acordo coas normas aprobadas tras o atentado de Oklahoma City

O nome de Las Vegas deullo o español Antonio Armijo quen chegou aí mentres seguía un vello camiño español desde Texas. Nesa época, nalgunhas áreas baixas do Val de Las Vegas, existían mananciais que creaban extensas áreas verdes que contrastaban co deserto que as rodeaba; de aí o nome de "Las Vegas".

O oficial e explorador do exército estadounidense John C. Frémont viaxou ao val de Las Vegas o 3 de maio de 1844, cando este territorio formaba parte aínda de México; lideraba un grupo de exploradores do corpo de enxeñeiros do exército estadounidense. O 10 de maio de 1855, despois da anexión de Las Vegas aos Estados Unidos, Brigham Young enviou un grupo de 30 misioneiros mormóns para converter a poboación indíxena. Os mormóns abandonaron a zona en 1857 xa que os nativos rexeitaron os seus ensinos. En 1864 o exército construíu o Forte Baker. En 1900, os mananciais foron canalizados cara á cidade que quedou así provista dunha fonte de auga corrente. Isto permitiu a Las Vegas converterse nunha parada na que encher auga para os trens que viaxaban entre Os Ánxeles (California) e Albuquerque (Novo México).

Legalizaron o xogo en 1931, Las Vegas iniciou a súa fama mundial. En 1941 empezáronse a construír grandes hoteis que incorporaban casinos de xogo. Moitos dos primeiros investidores da cidade foron acusados de traer a Las Vegas diñeiro procedente dos sindicatos do crime da costa Leste. De feito o primeiro hotel de características da cidade moderna (Flamingo) foi construído baixo a supervisión do gángster Benjamin "Bugsy" Siegel.

Desde os anos 50, esténdese a actividade musical na cidade, maiormente como complemento ás salas de xogo. Estrelas como Elvis Presley, Frank Sinatra, Tom Jones, gozan dunha actividade privilexiada, cobrando elevados cachés polos seus shows nun local estable, sen necesidade de facer fatigosas xiras. En tempos recentes, seguiron esta tradición outras estrelas como Cher, Céline Dion, e Sheena Easton.

Renacemento da cidade

[editar | editar a fonte]
Las Vegas en 1895.
O extremo sur de Las Vegas Strip en 2003.

Cando o hotel The Mirage abriu as súas portas en 1989 iniciouse unha etapa de construción que se afastaba do centro da cidade cara á zona coñecida como Las Vegas Strip. Isto resultou nunha caída do turismo da cal a zona do downtown (zona centro) aínda se está recuperando.

Fixéronse moitos esforzos por parte dos dirixentes da cidade para diversificar a economía de Las Vegas, tentando atraer empresas de manufacturas, bancos e outras actividades comerciais. A ausencia de imposto sobre a renda tanto individual como corporativo e os sinxelos trámites burocráticos necesarios para crear unha corporación fomentaron o éxito dos esforzos realizados.

O desenvolver relativamente tarde un núcleo urbano ha feito que Las Vegas manteña un prezo bastante alcanzable dos inmobles en comparación cos núcleos urbanos próximos. Como consecuencia a cidade experimentou recentemente un boom tanto en poboación como en turismo. Deste xeito en 2001 a área metropolitana de Las Vegas foi o centro de poboación de maior crecemento en todos os Estados Unidos. A poboación incorporada a Las Vegas foi de 478.434 persoas. A área metropolitana de Las Vegas Valley é o fogar de 1 583 172 residentes segundo a estimación do condado en 2003.

Interior dun casino.

Como reflexo do rápido crecemento da poboación atópase a construción a principios dos 90 do novo Barrio Chinés (Chinatown en inglés) en Spring Mountain Road. Inicialmente consistía unicamente nun enorme complexo comercial, aínda que recentemente a área ampliouse con novos centros comerciais.

Coa expansión da zona de Las Vegas Strip nos 90, a zona de Las Vegas Downtown comezou a sufrir. O Fremont Street Experience construíuse nun esforzo de arrastrar turistas á zona do downtown. Aínda que freou o declive non detivo a caída de turismo e ingresos. O Neonopolis con restaurantes e teatros construíuse para ofrecer máis servizos á zona centro. Neonopolis sufriu diversos cambios na propiedade e a xestión de tal forma que non puido alugar todo o espazo dispoñible. En marzo de 2005 atopábase en venda.

A cidade comprou 247.000 m2 propiedade da compañía ferroviaria Union Pacific Railroad nos anos 90 co obxectivo de crear algo que atraese turistas cara ao centro da cidade. Despois de varias propostas, virtualmente toda esa parcela non ten ningún plan de desenvolvemento firme. O concello acordou realizar cambios na zona de Fremont Street permitindo que as barras estean máis xuntas duplicando as que existen noutras cidades. Estes cambios teñen aínda que mostrar o seu impacto.

Nos primeiros anos 2000 producíronse algúns signos prometedores; anunciáronse varios proxectos de condominio ou multipropiedade. A cidade convenceu á axencia tributaria estatal para que desprazase a súa sede desde as aforas da cidade a un novo e céntrico edificio aberto en abril de 2005. Espérase que os proxectos de multipropiedade acheguen poboación nova a esta zona da cidade. Espérase tamén que a axencia tributaria xere unha demanda adicional de negocios nesta zona, especialmente nas horas diúrnas.

Xeografía e demografía

[editar | editar a fonte]
O Gran Canón.

A cidade de Las Vegas ocupa unha área de 293,6 km2. A cidade está localizada nunha zona árida, rodeada de montañas con cores que van do rosa ao gris no Condado de Clark. Ao estar situada no deserto, a maior parte do terreo é rochoso e poeirento. A poboación é un crisol de cubanos, latinos, estadounidenses e turistas de tódalas nacionalidades.

  • Altitude: 609 metros.
  • Latitude: 36º 10' 30" N
  • Lonxitude: 115º 08' 11" O
  • Superficie: 340 km2
    • Terra: 339,74 km2
    • Auga: 0.26 km2
Típica imaxe do deserto que rodea a Las Vegas

Las Vegas ten un clima desértico con moi pouca choiva e extremadamente cálido no verán. Temperaturas de 40 °C son habituais entre os meses de maio a setembro. Non é estraño que durante varios días ao ano estas temperaturas superen o 45 °C. Os habitantes da cidade prefiren utilizar túneles, pasadizos, coches ou monorraís con tal de evitar as altas temperaturas. Tamén é frecuente atopar ventiladores que disparan chorros de vento e auga pola rúa. Os invernos son fríos e ventosos. Poden producirse chuvieiras, pero menos frecuentemente, na primavera e o outono. De xullo a setembro, o monzón mexicano trae a miúdo bastante humidade do golfo de México causando tempestades de tronos durante a tarde. Aínda que as montañas que rodean a cidade poden verse nevadas de novembro a marzo, non é común que isto suceda na zona urbana, pero sucede algúns anos como a nevada que caeu o 17 de decembro de 2008.[1]

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 14 17 21 26 32 37 40 39 34 27 19 14
26
Temperatura mínima media (°C) 4 6 10 13 19 24 28 27 22 15 8 4
12
Precipitación (mm) 15 13 13 5 5 2,5 10 13 7,6 5 10 10
10,4
Fonte: Weatherbase

Edificacións, puntos turísticos e espectáculo

[editar | editar a fonte]

Localización dos grandes hoteis

[editar | editar a fonte]

Vista nocturna do skyline de Las Vegas Strip preto do Bellagio

Vista nocturna do skyline de Las Vegas Strip preto do Bellagio


Norte cara á Fremont Street
?
Stratosphere
Sahara Avenue Sahara Avenue
Circus Circus Sahara
Riviera
Echelon Place
Convention Center Drive
Wynn Las Vegas
Fashion Show Mall
Spring Mountain Street Sands Avenue
Treasure Island The Venetian
Casino Royale
The Mirage Harrah's
Imperial Palace
Caesars Palace Flamingo
Bill's Gamblin' Hall and Saloon
Flamingo Road Flamingo Street
Bellagio Bally's
Paris
Planet Hollywood
Harmon Avenue Harmon Avenue
Proxecto City Center
Monte Carlo
New York-New York MGM Grand
Tropicana Avenue Tropicana Avenue
Excalibur Hotel e Casino Tropicana
Luxor
THEhotel, Mandalay Bay, Four Seasons
Russell Street
?
Cara ao sur da Interestatal 215
cara ao Aeroporto Internacional de Las Vegas

Principais edificios

[editar | editar a fonte]
O Circus Circus, popularizado grazas a unha das películas de James Bond, en 1971.
Caesars Palace.
Paris Hotel.
New York, New York Casino.

Entre as edificacións de Las Vegas podemos atopar o centro da cidade, composto por casinos de todo tipo e a periferia, unha masa de chalés que se estende polo ermo deserto. Os casinos están conectados moi frecuentemente entre eles por monorraís ou pasadizos subterráneos con aire acondicionado que repele as atafegantes temperaturas da cidade. O espectáculo, as exposicións, as galerías de arte e os museos xeran tantos ingresos como os casinos. A tematización fai únicos a cada hotel, algúns deles con categoría de cinco diamantes. Por exemplo:

  • O Caesars Palace: con aparencia de templo romano estirado até ser convertido nun rañaceos. O interior parece un paseo polo antigo Imperio e obsérvanse máquinas con aspecto romano e espectáculos de robots, lume, auga e luces que semellan loitas entre deuses. Actualmente é un dos grandes puntos turísticos da cidade debido ao show Cher At The Colosseum no que a cantante Cher actúa catro días á semana desde o 6 de maio de 2008, no coliseo do hotel que foi construído para Céline Dion no seu show "A New Day...". Tamén o británico Elton John actúa esporadicamente co seu show "The Rede Piano".
  • O Excalibur Hotel e Casino: Con aspecto de castelo e temática medieval/Camelot.
  • O Stratosphere: con aparencia de torre de control de aeroporto e unha lanzadeira e dúas montañas rusas na súa cúspide.
  • O Paris: Un palacio francés, unha Torre Eiffel e un Arco do Triunfo en miniatura. Recreación interna dunha pequena parte da cidade de París.
  • O Treasure Island: rodeado de auga e ten un espectáculo de especialistas e bailaríns gratuíto que se representa cada media hora e que inclúe barcos piratas, sereas e fogos artificiais.
  • O Venetian: Con paseo en góndola no seu segundo piso, recreación interna e externa en fachada de Venecia.
  • O MGM, con fachada composta de artigos do cinema estadounidense, Hollywood, Os Ánxeles.
  • O New York, New York, con fachada composta por miniaturas de edificios emblemáticos de Nova York e unha pequena Estatua da Liberdade. Recreación interna dunha pequena porción da cidade.
  • O Aladdín: con recreación interna dunha cidade persa. Cedeu o paso ao Planet Hollywood Resort and Casino.
  • O Mirage, un dos hoteis máis famosos do Strip. Tematizado na polinesia entre as súas instalacións inclúe un volcán, delfinario, tigres e leóns brancos,... Conta cun espectáculo homenaxe aos Beatles creado polo Cirque du Soleil e artistas como Danny Gans, Jim Carrey ou Siegfried & Roy.
  • O Luxor, con forma de pirámide, estatuas e mesmo unha esfinxe. Toda a maxia de Exipto en Las Vegas.
  • O Bellagio, luxoso hotel de 5 diamantes tematizado no lago Como (Lombardía, Italia). As súas fontes cibernéticas bailan cada noite ao son da música de Frank Sinatra ou Elvis Presley.
  • O Circus Circus, tematizado no fabuloso mundo do circo. Por unha banda, ofrece atraccións e números circenses de forma gratuíta e continuada ao longo do día. Ademais, ten un parque de atraccións cuberto por unha gran cúpula rosa, cuxas montañas rusas e demais atraccións funcionan os 365 días do ano.
  • O Mandalay Bay famoso polas súas piscinas de ondas, o seu gran acuario incluíndo varias especies de quenllas e os seus espectáculos e combates de boxeo.
  • O que fose pioneiro no Strip e famoso polos seus espectáculos e historia, e o Stardust Resort & Casino foi pechado despois de 48 anos de funcionamento, e está en proceso de derriba.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]