Loggia
Unha loxa[1] é un elemento arquitectónico, utilizado especialmente na arquitectura italiana do século XVII (loggia). Aseméllase a unha soleira do pazo galego. Na casa señorial, coincide coa planta nobre.
Funciona a xeito de galería ou pórtico e está aberto[2] integramente polo menos por un dos seus lados e sostido por columnas ou piares e arcos. Atópase normalmente a rente do chan, aínda que tamén pode atoparse a niveis máis elevados sobre doutro a rentes do chan. Neste caso chámase loggia dupla.
É semellante á Stoá grega pero é diferente do soportal, da galería e do perístilo aínda que estea presente unha columnata.
A súa orixe é discutida aínda que hai autores que falan da súa antigüidade, sendo unha das poucas contribucións dos hititas á arquitectura[3]. Porén, e usualmente recoñecido que aparece no renacemento en Italia, no Trecento e xa xeneralizadas no Quattrocento[2], e o seu uso irase estendendo por toda Europa pola reputación dos arquitectos e escultores que a foron empregando como: Giambologna, Michelangelo, ou Pietro Tacca...
Na arquitectura moderna, na casa, este termo refírese de xeito xeral a un balcón cuberto no desborde da fachada, sen tamaño ou forma específica.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Loggia del Vasari (Arezzo)
-
Loggia dei lanzi (Florencia)
-
Loggia di Brescia
-
Loggia Amulea (Padua)
-
Loggia no Castelo do duque de Bretaña (Nantes)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Rodriguez,, Alberte (2004). Dicionario visual da construción. Santiago de compostela: COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). ISBN 978-84-85665-63-1.
- ↑ 2,0 2,1 Wackernagel, Martin (1997). El medio artístico en la Florencia del Renacimiento. Obras y comitentes, talleres y mercado. Arte y Estética. Akal. p. 233. ISBN 978-84-460-0626-8.
- ↑ Trachtenberg, Marvin; Hyman, Isabelle (1990). Arquitectura. De la prehistoria a la modernidad. Arte y estética. Akal. p. 85. ISBN 84-7600-628-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loggia |