tender
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /tɛn.'dɛr/ (AFI)
tender
- Estender, estirar ou despregar o que está engurrado ou amontoado.
- Exemplo: Segou e tendeu a herba ao sol. Os mariñeiros tenderon de noite o xeito para apañaren as sardiñas.

- Colgar nunha corda roupa mollada, ou estendela no chan para que seque.
- Exemplo: Tendín a roupa no prado á beira do río onde a lavei. Non puiden tender a roupa no patio porque ameazaba chuvia
.

- Colocar unha persoa ou un animal sobre unha superficie horizontal.
- Exemplo: Tenderon a rapaza desmaiada na cama e intentaron reanimala. Tendemos o porco no banco para a mata

- Colocar ou construír algo apoiándoo en dous ou máis puntos.
- Exemplo: Tender unha corda para secar a roupa. Tenderon unha nova ponte no río

- Colocar unha trampa ou un artificio contra alguén.
- Exemplo: Na comarca hai moitos xabarís e tivemos que tender trampas para protexer a leira do millo. Tendéronlle unha emboscada

Observacións
tender
- Dirixirse de maneira natural cara a algo.
- Exemplo: As temperaturas tenden a subir

- Dito dunha persoa ou dunha cousa, ter unha tendencia, calidade, característica, disposición ou inlinación non ben definida, ou a moverse ou evolucionar nunha determinada dirección ou maneira.
- Exemplo: A situación tende a empeorar. É un home que tende a deprimirse moi facilmente

- Ter algo unha característica ou calidade pouco definida.
- Exemplo: Esa saia tende a marrón.
- Exemplo: Esa saia tende a marrón.
- (Matemáticas) Aproximarse unha variábel ou unha función a un valor determinado sen chegar nunca a alcanzalo.
- Exemplo: No cálculo diferencial a pendente dunha recta tanxente a unha curva pódese encontrar por medio da pendente dunha recta que pasa por dous puntos cuxa distancia entre si tende a cero.

- Colocarse unha persoa ou un amimal sobre unha superficie horizontal.
- Exemplo: O gato tendeuse na solaina á raioliña. Tendeuse na cama e quedou durmida