Saltar ao contido

Sonora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSonora
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 29°50′N 110°57′O / 29.83, -110.95
EstadoMéxico Editar o valor en Wikidata
CapitalHermosillo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.850.330 (2015) Editar o valor en Wikidata (15,88 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá
Lingua o'odham
Lingua guarijío
Lingua névome
Lingua mayo
Lingua tubar
Lingua seri
cocopah (pt) Traducir
Lingua yaqui
Língua troque copala (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie179.503 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude592 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1831 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Gobernador Editar o valor en WikidataClaudia Pavlovich Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongreso de Sonora Circunscrición: 21, (Escano: 33) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal83-85 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2MX-SON Editar o valor en Wikidata

Páxina websonora.gob.mx Editar o valor en Wikidata

Sonora é un dos 31 estados de México que se atopa no norte de México. A súa capital e cidade máis poboada é Hermosillo. Limita cos estados mexicanos de Chihuahua polo leste, Sinaloa polo sur e Baixa California polo noroeste, co mar de Cortés ou golfo de California (océano Pacífico) polo oeste e cos Estados Unidos polo norte. Con 179 503 km² é o segundo meirande estado, por detrás de Chihuahua, e con 14,83 hab/km², o quinto menos densamente poboado, por detrás de Campeche, Chihuahua, Durango e Baixa California Sur. Foi fundado o 10 de xaneiro de 1824.

O territorio está conformado por catro provincias fisiográficas: a Serra Madre Occidental, as Serras e Vales Paralelos no centro, o deserto e a costa do golfo de California. Está composto principalmente por desertos semiáridos e pradeiras, onde só nas zonas máis altas se produce chuvia de abondo para manter outros tipos de vexetación.

É fogar de oito pobos indíxenas, entre eles os mayos, os yaquis e os seris. Foi economicamente importante pola agricultura, a gandería (en especial de vacún) e a minería dende o período colonial, e pola súa situación como estado fronteirizo dende a Intervención estadounidense en México. Despois da venda de La Mesilla, Sonora perdeu máis dun cuarto do seu territorio. Dende o século XX até o presente, a industria, o turismo e os agronegocios dominaron a economía, o cal atraeu migración doutras partes de México.

Divídese en 72 concellos e algunhas das localidades máis importantes son Ciudad Obregón, Navojoa, Caborca, Guaymas, Puerto Peñasco, Nogales, Agua Prieta, San Luis Río Colorado, Nacozari de García e Cananea.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.