Ikonos
Aparencia
Ikonos | |
---|---|
A illa de Ascensión fotografiada por Ikonos | |
Tipo | Observación terrestre |
Destino actual | Fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 24 de setembro de 1999, 18:21 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Athena 2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Observación terrestre.[2] |
NSSDC ID | 1999-051A |
Masa | 726 kg[6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6983 km[1] |
Inclinación | 98,1º[1] |
Apoapse | 617,3 km[1] |
Periapse | 608,5 km[1] |
Ikonos ou Ikonos 2 (debido á perda do satélite orixinal durante o lanzamento) foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 24 de setembro de 1999 mediante un foguete Athena 2 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]Ikonos foi o primeiro satélite de observación terrestre privado capaz de sacar imaxes en alta resolución. Usaba o bus LM-900, fabricado por Lockheed Martin, estabilizábase nos tres eixos e o instrumento principal era unha cámara cunha resolución de ata 1 metro. O satélite orixinal foi perdido durante un lanzamento o 27 de abril de 1999 debido a un fallo na separación da cofia do foguete. Ikonos foi retirado en 2015, despois de 15 anos de servizo, o dobre da vida esperada inicialmente.[2][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IKONOS 2" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2020). "Ikonos 2" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (00-52637). 29 de marzo de 2000: 6. Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Ikonos 2" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ikonos" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2020). "Ikonos" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.