Emanuel Feuermann
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1902 Kolomyia, Ucraína (pt) |
Morte | 25 de maio de 1942 (39 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemitério Kensico (pt) |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista, profesor de música |
Período de actividade | 1914 - |
Empregador | Hochschule für Musik und Tanz Köln (en) |
Xénero artístico | Música clásica |
Instrumento | Violoncello |
Selo discográfico | Parlophone |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Emanuel Feuermann, nado en Kolomyia o 22 de novembro de 1902 e finado en Nova York o 25 de maio de 1942, foi un violonchelista austríaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido nunha familia xudía. O seu pai tocaba o violín e o violoncello e foi o seu primeiro mestre. Seu irmán Sigmund tamén tiña talento musical, polo que seu pai decidiu trasladar a toda a familia a Viena en 1907. Aos nove anos, recibiu clases de Friedrich Buxbaum, chelo principal da Orquestra Filharmónica de Viena (Wiener Philharmoniker), e estudou con Anton Walter na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien en Viena. En febreiro de 1914, con once anos, dou o seu primeiro concerto, tocando o Concerto en Re maior de Joseph Haydn coa Wiener Philharmoniker, dirixida por Felix Weingartner.
En 1917, Feuermann foi a Leipzig onde estudou con Julius Klengel. En 1919 o chelista Friedrich Wilhelm Ludwig Grützmacher (1866-1919), o sobriño Friedrich Wilhelm Grützmacher morreu, e Klengel recomendou a Feuermann para o posto de Grützmacher no Conservatorio de Gürzenich en Colonia.
En 1929, Feuermann convértese no profesor da Universität der Künste Berlin en Berlín.
Colaborou con músicos como os violinistas Carl Flesch, Szymon Goldberg e Joseph Wolfsthal e Paul Hindemith, quen tocou a viola nun trío con Feuermann e Wolfsthal, o tamén violinista Jascha Heifetz e o pianista Artur Rubinstein.
O tres de abril de 1933, o ascenso do nazismo obrigouno a deixar o Conservatorio de Berlín polo feito de ser xudeu, polo que se trasladou a Londres xunto con Goldberg e Hindemith. Bronislaw Huberman axudou a Feuermann e á súa familia a escapar a Israel. Dende Israel se trasladarían aos Estados Unidos en 1937.
Ensinou no Curtis Institute of Music ata a súa morte.
Nos Estados Unidos, fixo moitas gravacións de música de cámara xunto co virtuoso do violín Jascha Heifetz, o gran pianista Arthur Rubinstein, entroutros. A súa relación con Paul Hindemith estropeouse cando Hindemith elixiu a Gregor Piatigorsky para a estrea do seu Concerto para Violoncello.
Morreu en 1942 por unha infección resultante dunha operación de almorrás.
Foi neno prodixio, e estaba considerado un virtuoso do seu tempo pola súa musicalidade e técnica. Decote era comparado co violinista Jascha Heifetz, con quen tocou con frecuencia música de cámara. Lémbranse tamén as súas interpretacións xunto ao director Eugene Ormandy.