Saltar ao contido

Deltebre

Modelo:Xeografía políticaDeltebre
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°43′10″N 0°42′30″L / 40.719444444444, 0.70833333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
Ámbito funcional territorialTerres de l'Ebre
ComarcaBaix Ebre Editar o valor en Wikidata
CapitalDeltebre Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
La Cava (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación11.818 (2023) Editar o valor en Wikidata (110,04 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie107,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Río Ebro, Canal de l'Esquerra de l'Ebre (en) Traducir e Golfo de Sant Jordi Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1977 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLluís Soler i Panisello (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43580 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE43901 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT439018 Editar o valor en Wikidata

Páxina webdeltebre.cat Editar o valor en Wikidata

Deltebre é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, na comarca do Baix Ebre. Formouse en 1981 pola unión dos municipios de Jesús i María e La Cava que, á súa vez, se sedgregaran de Tortosa en 1977. É a poboación máis próxima á desembocadura do río Ebro. Segundo o INE, no 2006 tiña 10 811 habitantes.

Coñécese pouco sobre a historia de Deltebre. Segundo a tradición, foron os mouriscos os primeiros que se instalaron na zona. A mediados do século XVIII existían algúns asentamentos temporais na zona do delta.

En 1818 construíuse a igrexa de San Miguel da Cava e a poboación empezou a organizarse ao redor da mesma. O municipio formouse en 1977 por unión dos de Jesús i María e La Cava.

O termo municipal inclúe tres espazos considerados de interese natural: a punta do Fangar, que inclúe un porto e unha praia; a lagoa da Canle Vella e a zona coñecida como o Garchal formada por pequenas illas.

Conta cun ecomuseo destinado a orientar aos visitantes que realizan excursións polo parque natural do Delta do Ebro.

Deltebre celebra a súa festa maior no mes de agosto. En maio ten lugar unha celebración en conmemoración da segregación do municipio.

Deltebre ten dúas publicacións dirixidas á cidadanía: Desaigüe está destinada a toda a poboación en xeral, con noticias sobre a vila, a súa gastronomía, as actividades culturais e lúdicas, as novas construcións municipais etc. I per què? está destinada á mocidade, con seccións de música, literatura, cultura e actividades por e para a xuventude.

Economía

[editar | editar a fonte]

A finais do século XIX, e tras a construción da canle do Ebro, o cultivo do arroz converteuse na principal actividade agrícola en Deltebre, converténdose practicamente nun monocultivo. Existen algunhas explotacións familiares de produtos da horta. Desde 1955 conta cunha cooperativa arroceira.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]