Cariólise
Aparencia
A cariólise é a completa disolución da cromatina dunha célula moribunda debido á degradación encimática producida por endonucleases. Nas preparacións, despois da cariólise a célula enteira se tingue finalmente de eosina uniformemente. Xeralmente a cariólise vai precedida pola cariorrexe e ocorre principalmente como resultado de necrose, mentres que na apoptose, despois da cariorrexe o núcleo xeralmente se disolve e na célula fórmanse corpos apoptóticos.[1]
Nota
[editar | editar a fonte]- ↑ Cotran; Kumar, Collins (1998). Robbins Pathologic Basis of Disease. Philadelphia: W.B Saunders Company. ISBN 0-7216-7335-X.