Saltar ao contido

Vergoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eva cóbrese e baixa a súa cabeza en sinal de vergoña. Eva despois da Caída, por Auguste Rodin.

A vergoña[1] ou vergonza[2] é unha emoción ou azoramento do ánimo por unha falta cometida, por unha humillación recibida ou por timidez, inseguridade ou medo ó ridículo. Tamén pode aparecer cando se transgreden as normas sociais ou familiares.[3] A súa expresión adoita vir acompañada de sinais físicos e de actitude, como poden ser as ondas de calor, o rubor das meixelas ou unha actitude postural coa ollada dirixida cara a abaixo.[4]

É un sentimento de base biolóxica que ten a súa importancia para manter a coherencia e o poder no seo dun grupo tribal ou familiar. Así, avergoñar un neno porque mancou a outro ou por achegarse a un perigo pode facer que cesen estas actitudes negativas. A vergoña é polo tanto manipulable, xa que pode espertar por outras cuestións, por outra banda de todo naturais, pero que interesan para o mantemento do poder. O pudor é tamén un sentimento empregado para manter a represión da sexualidade.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vergoña.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vergonza.
  3. "Vergoña". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  4. Darwin, Charles (1872). The expression of the emotions in man and animals. Londres: John Murray. 
  5. Kimmel, Michael S. Homofobia, temor, vergüenza y silencio en la identidad masculina Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., extractes del capítol Masculinity as Homophobia. Fear, Shame and Silence in the Construction of Gender Identity, Thousand Oaks, Sage Publications, 1994.