Romano II
Nome orixinal | (el) Ρωμανός Β΄ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 938 (Gregoriano) Constantinopla, Turquía |
Morte | 15 de marzo de 963 (Gregoriano) (24/25 anos) Constantinopla, Turquía |
Causa da morte | morte accidental, caída de cabalo |
Emperador bizantino | |
9 de novembro de 959 – 15 de marzo de 963 ← Constantino VII – Nicéforo II ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Dinastia macedônica (pt) |
Cónxuxe | Teófano Anastaso (956, 956 (Gregoriano)–963) Verta da Provença (944–949) |
Fillos | Basilio II () Teófano Anastaso Constantino VIII () Teófano Anastaso Ana Porfirogénita () Teófano Anastaso |
Pais | Constantino VII e Helena Lecapena |
Irmáns | Teodora Agatha Zoe Anna Theophano |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Romano II, nado en 939 e finado en 963, sucedeu ao seu pai Constantino VII como emperador bizantino á idade de vinte e un anos, e morreu en 963, segundo se cre, envelenado pola súa segunda esposa, a emperatriz Teófano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda pequeno, foi desposado con Berta, filla ilexítima de Hugo de Arlés, rei de Italia -a cal cambiou o seu nome a Eudocia ao converterse á igrexa ortodoxa-; pero cando Hugo abdicou do trono de Italia e morreu en 947, e tamén morreu Berta en 949, Romano fixo cumprir a promesa do seu pai que lle permitía elixir á súa propia esposa. A elección de Romano recaeu nada menos que na filla dun taberneiro chamada Anastaso, coa que casou, tomando esta o nome de Teófano.
Foi un emperador amante dos praceres, pero tamén foi sensato na elección dos seus ministros. O grande acontecemento do seu reinado foi a reconquista de Creta, tomada aos árabes polo seu xeneral e sucesor no trono Nicéforo Focas en 961.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino VII |
Romano II | Precede a: Nicéforo II |
Dinastía Macedonia |