Saltar ao contido

Patti Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatti Smith

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Patricia Lee Smith Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónRowan University (pt) Traducir
Deptford Township High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLetra, Composición musical, poesía, artes escénicas, canto, música rock e Escrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Detroit Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora, fotógrafa, debuxante, música, artista de performance, Cantante de rock, artista discográfico, música de rock, compositora, guitarrista, poetisa, cantante, artista visual, escritora, Activista polos dereitos humanos, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Protopunk, post-punk e Art rock Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Clarinete e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoArista (1975–2002)
Columbia Records (2002–) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFred Smith (1980–1994), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosJackson Smith, Jesse Smith Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webpattismith.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0005446 Allocine: 27188 Rottentomatoes: celebrity/patti_smith Allmovie: p127326 Metacritic: person/patti-smith TV.com: people/patti-smith-1
Facebook: 212587898832647 Instagram: thisispattismith MySpace: pattismith Youtube: UCZ75jeE46GMKNBvXXKiUCiA BNE: XX999169 Souncloud: pattismithmusic Spotify: 0vYkHhJ48Bs3jWcvZXvOrP iTunes: 13762 Last fm: Patti Smith Musicbrainz: d135874d-9cae-4fef-97e3-36acbd9f5a26 Songkick: 94437 Discogs: 193816 Allmusic: mn0000747445 WikiTree: Smith-137122 Deezer: 3307 Genius: Patti-smith Editar o valor en Wikidata

Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Definida como a madriña do punk, Patti Smith inventou unha nova definición do feminino: nas súas cancións, na súa poesía, proxectouse como lesbiana, andróxina, home, mártir, Deus-Muller.

En 1955, o mesmo ano no que nacía o rock and roll, a cantautora trasladouse a Nova Jersey. Súa nai era testemuña de Xehová, e seu pai ateo, un feito que a marcou profundamente, dándolle unha dobre visión de Deus, unha visión que percorre todo o seu traballo. Apaixonada pola vida e pola obra de Arthur Rimbaud e Jean Genet, en 1967 mudou a Nova York, onde coñeceu o pintor Robert Mapplethorpe, con quen viviu durante un tempo. Anos máis tarde, a cantautora trasladouse a París coa súa irmá, onde traballou nas rúas como performance artist. Durante os anos setenta foi abrindo camiño no mundo do teatro e da poesía underground mentres lles abría o pano a bandas como The New York Dolls, escribía cancións para Blue Oyester Cult, ou publicaba os seus primeiros poemas nun festival en honor a Rimbaud.

En 1975 e coa colaboración de John Cale, Patti Smith gravou o seu primeiro disco, Horses, un disco cuxa portada a constituía unha foto feita por Mapplethorpe, na que Smith non era nin home nin muller. Un ano despois aparecía o seu segundo traballo, Radio Ethiopia, no que mesturaba a linguaxe relixiosa co rock and roll e no que Genet era a súa máxima inspiración. Máis tarde virían Easter (1978) e Wave (1979).

Ata 1996 Smith estivo recluída en Detroit. Casada con Fred “Sonic” Smith, con quen tivo dous fillos, a cantautora decidiu editar en 1988 un disco dunha soa tirada, Dream of Live, ao que seguirían Gone Again en 1996, editado logo da morte do seu home; Peace and Noise en 1997; Gung Ho no 2000; Trampin' no 2004; e Twelve no 2007.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Horses 1975 Arista Records
Radio Ethiopia 1976 Arista Records
Easter 1978 Arista Records
Wave 1979 Arista Records
Dream of Life 1988 Arista Records
Gone Again 1996 Arista Records
Peace and Noise 1997 Arista Records
Gung Ho 2000 Arista Records
Trampin' 2004 Columbia Records
Twelve 2007 Columbia Records
Banga 2012 Columbia Records

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Seventh Heaven (1972). Poesía.
  • Witt (1973). Poesía.
  • Woolgathering (1992). Poesía.
  • Babel. Poesía. Ed. Anagrama, 1996.
  • The Coral Sea (1996). Poesía.
  • Strange Messenger, exposición de arte publicada como libro no 2003.
  • Auguries of Innocence (2005). Poesía.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Patti Smith. Dream of life [1]. Documental sobre a artista dirixido por Steven Sebring, quen filmou a artista durante once anos, desde 1996 a 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]