Leica
Leica Camera AG | |
---|---|
Sede de Leica en Wetzlar. | |
Tipo | Sociedade Anónima (Aktiengesellschaft, AG) |
Fundación | 1914 |
Localización | Wetzlar, Alemaña |
Fundador | Ernst Leitz |
Industria | Óptica |
Produtos | Instrumentos ópticos Cámaras fotográficas Obxectivos |
Beneficio | 356 millóns de euros |
Número de empregados | 1 600 |
Na rede | |
https://www.leica-camera.com e https://uk.leica-camera.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leica é unha empresa alemá adicada á fabricación de instrumentos ópticos de precisión. Foi fundada no ano 1914 por Ernst Leitz e o seu nome provén das tres primeiras letras do apelido do fundador e as primeiras dúas da palabra «camera».
Está dividida en tres compañías claramente diferenciadas: Leica Camera AG, Leica Geosystems AG e Leica Microsystems AG que se dedican respectivamente a poducir cámaras fotográficas, equipamento topográfico e equipamento médico.
Series de Leica
[editar | editar a fonte]As cámaras fotográficas de Leica divídense en catro series:
- M; telemétricas
- R; SLR
- S; formato medio
- X; compacta con sensor APS-C
- T; compacta con sensor APS-C e obxectivos intercambiables autofocus
- Outras cámaras Leica actuais ou recentes (dende 2002) son modificacións das Panasonic Lumix (Leica C-Lux, D-Lux, Digilux e V-Lux). Algúns modelos dixitais anteriores (os primeiros Digilux cara 1998 - 2000) estiveron baseados en Fuji.
En maio de 2012 a Galería de Poxas Westlicht, en Viena, poxou unha cámara Leica da serie-0, a cal foi vendida por 2,16 millóns de euros.[1] Estas cámaras son extremadamente valiosas porque só de ten coñecemento de que existen 12 exemplares, e polo seu valor na historia da fotografía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Leica camera fetches 2.16m euros at auction". BBC (en inglés). 13 de maio de 2012.