Han Song
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Chongqing, República Popular da China |
Residencia | Pequín |
Educación | Universidade de Wuhan - Máster en Derecho (1984–1991) |
Actividade | |
Ocupación | escritor de ciencia ficción, reporteiro |
Empregador | Xinhua (pt) |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
Páxina web | blog.sina.com.cn… |
Han Song (chinés simplificado: 韩松; pinyin: Hán Sōng), nado en Chongqing en 1965, é un escritor chinés de ciencia ficción e redactor xefe da axencia estatal de noticias Xinhua.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Han Song ten formación en filoloxía inglesa pola Southwest Normal University da súa cidade, en Chongqing, e un mestrado en xornalismo pola Universidade de Wuhan.
É un autor en chinés coa maior parte do seu traballo aínda non traducido a outras linguas.
Obra
[editar | editar a fonte]Han Song ten un estilo distintivo onde recurre moito a frases descritivas longas xustapostas. Foi descrito polo China Daily como un nacionalista chinés que utiliza a ficción para arremeter e burlarse da hipocrisía occidental [1], na súa obra 2066: Red Star Over America describe o colapso dos EEUU nun mundo dominado pola China. Mais o autor Ken Liu ve nos escritos de Song unha continuación da liña crítica, agresiva de Lu Xun cara a historia e cultura chinesas. Onde as súas obras falarían da vertixinosa velocidade do desenvolvemento chinés e como este está deixando atrás a milleiros de vítimas. Nunha modernidade chinesa carente de valores. [2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- 天道, tiāndào [„Ceo“]; galardoado no Galaxy Award de 1989.
- 佛性 (fú xìng 'Budda-Natur'), publicado no 2000, ISBN 978-3-453-31904-2.
- 老年时代, lǎonián shídài ; galardoado co Galaxy Award no ano 2013
- Submarinos no orixinal 潜艇 , onde narra o modo de vida de migrantes que chegaron aos afluentes do río Yangsté e debido á crise de falta de vivendas víanse forzados a vivir en pequenos submarinos como unha vila acuática paralela aos locais. Publicado o 17 de novembro de 2014; na antoloxía en español Estrellas Rotas ISBN 978-84-9181-924-0 e en alemán na antoloxía Zerbrochene Sterne, ISBN 978-3-453-32058-1.
- 宇宙墓碑 ; galardoado co Galaxy Award de 2015.
- Salinger e os coreanos, na antoloxía en español Estrellas Rotas Salinger y los coreanos ISBN 978-84-9181-924-0 no orixinal 塞林格与朝鲜人, publicado no ano 2016; traducido ao inglés e, por separado, ao alemán na antoloxía Zerbrochene Sterne, ISBN 978-3-453-32058-1.
- 2066: Red Star Over America publicado no ano 2000
- Red Ocean publicado no ano 2004
- My Homeland Does Not Dream, cunha temática onde o Estado droga aos cidadáns para que poidan traballar pola noite 2012
- Triloxía do Hospital:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://web.archive.org/web/20110322061249/http://europe.chinadaily.com.cn/epaper/2011-03/18/content_12192254.htm
- ↑ Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 106–. ISBN 978-84-9181-924-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 韩松 (La literatura china traducida en España)