Francisco Granados
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Granados Lerena 23 de xaneiro de 1964 (60 anos) Valdemoro, España |
Senador de España | |
29 de novembro de 2011 – 21 de febreiro de 2014 | |
Q43103402 | |
22 de novembro de 2003 – 20 de decembro de 2004 – María Dolores de Cospedal ⊟ | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
25 de maio de 2003 – 21 de febreiro de 2014 – Teresa de Jesús Luis Rico ⊟ | |
Alcalde de Valdemoro | |
4 de xullo de 1999 – 27 de novembro de 2003 | |
Datos persoais | |
Residencia | Estremera Prison (en) (2015–2017) |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Outro | |
Condenado por | Lavado de cartos Suborno fraude documental (pt) Tráfico de influencias |
Premios | |
Francisco Granados Lerena, nado en Valdemoro (Madrid) o 23 de xaneiro de 1964, é un político español do Partido Popular. Está casado e ten dúas fillas. Dende o 25 de xullo de 2008 ata o 17 de xuño de 2011 ostentou o cargo de Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior da Comunidade de Madrid.[1] É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Granados estivo involucrado en polémicas e varios casos de corrupción, entre eles a Operación Púnica, na que foi arrestado xunto a outras 50 persoas.[2]
Polémicas e corrupción
[editar | editar a fonte]Caso Gürtel
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: caso Gürtel.
Os concelleiros do Partido Popular José Luis Peñas e Juan José Moreno sinalárono na súa declaración ante o xuíz como un dous cargos do goberno madrileño que fixera presión para que o alcalde de Majadahonda, Ricardo Ortega, procesado no caso, amañase unha venda de solo público.
Un dos construtores denunciados era Julián Jiménez de los Galanes, presidente do grupo DICO, que segundo os declarantes, é amigo persoal de Granados e chamaría a Ortega da súa parte para esixirlle a súa dimisión. Granados negou que algo así ocorrera, dado que polo seu cargo no partido, falaba directamente con Ortega case a diario, pero non negou a súa relación con Jiménez.[3]
Espionaxe
[editar | editar a fonte]En 2009, publicouse información que relacionaba a Consellería de Interior, que presidía, cunha trama de espionaxe aos seus compañeiros de partido Ignacio González, Manuel Cobo e Alfredo Prada.[4][5] Tras unha investigación xudicial, o 15 de xullo de 2010 a xuíz competente ditou auto de arquivo do caso por non acreditarse a realidade dos seguimentos, e por falta de indicios de delito.[6] En 2010 a Audiencia de Madrid ordenou á xuíz reabri-lo caso e reunir as probas necesarias para procesar os acusados por malversación de caudais públicos.[7]
En 2010, citáronse unhas declaracións súas nun artigo sobre os problemas para adoptar medidas de austeridade na administración española, nas que mencionaba o problema de inamobilidade dos funcionarios.[8] En setembro de 2011 presentou unha declaración de bens na que afirmaba que cobrara da Comunidade de Madrid 15.000 euros máis do que declarara oficialmente como seu soldo.[9]
O 19 de febreiro de 2014 publicouse nos medios que Francisco Granados tiña unha conta ao seu nome en Suíza con 1,5 millóns de euros. Os cartos estaban nun depósito aberto desde 1999, segundo comunicou a xustiza suíza á española.[10]
Operación Púnica
[editar | editar a fonte]No marco da Operación Púnica, Francisco Granados foi detido o 27 de outubro de 2014 , xunto con máis de cincuenta persoas. A operación foi coordinada pola Garda Civil, baixo ordes do xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "González, sobre el cese de Granados: "Unos salen y otros entran"". El País. 17 de xuño de 2011.
- ↑ "Francisco Granados y media docena de alcaldes, entre los 51 detenidos por corrupción", artigo en ABC, 27 de outubro de 2014 (en castelán).
- ↑ "Dos ex ediles del PP implican a la cúpula popular en el 'caso Majadahonda'". El País. 22/06/2005.
- ↑ "La trama de espionaje en Madrid, paso a paso". El País. 21/01/2009.
- ↑ "El ‘caído’ Granados (y III): el ridículo de los espías y la pérdida de Caja Madrid… ¿punto de inflexión?". El plural. 29 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ La juez archiva el caso del espionaje en Madrid por 'falta de indicios de delito'
- ↑ "La Audiencia de Madrid reabre el caso del espionaje del Gobierno de Aguirre a sus adversarios en el PP". El País. 30/03/2011.
- ↑ "El dolor en España: Las medidas de austeridad son difíciles de adoptar, como el ejemplo español muestra". The Economist.
- ↑ "El exconsejero Granados cobró más sueldo del que figura en el Presupuesto". El País. 09/09/2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ Hernández, José Antonia; Irujo, José Maria (27/10/2014). "Detenido Francisco Granados en una macro redada contra la corrupción" (en castelán). El País. Consultado o 27 de octubre de 2014.
- Políticos do PP
- Nados na Comunidade de Madrid
- Nados en 1964
- Deputados da VI Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados da VII Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados da VIII Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados da IX Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Senadores por designación da Asemblea de Madrid
- Conselleiros da Comunidade de Madrid