Flanagan Flash-Back
Flanagan Flash-Back | |
---|---|
Título orixinal | Flanagan Flashback |
Autor/a | Andreu Martín e Jaume Ribera |
Orixe | Cataluña |
Lingua | catalán |
Colección | Fóra de Xogo (nº 118) |
Xénero(s) | Novela negra, literatura xuvenil |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | febreiro 2009 |
Formato | 13 x 21 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 240 |
ISBN | ISBN 978-84-9782-567-2 |
Precedido por | Eu tampouco me chamo Flanagan |
Seguido por | Els bessons congelats |
Tradución | Isabel Soto |
[ editar datos en Wikidata ] |
Flanagan Flash-Back é un libro publicado no 2009 de Andreu Martín e Jaume Ribera. É o duodécimo da serie protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Trama
[editar | editar a fonte]Nos primeiros días de setembro, pouco antes do seu décimo oitavo aniversario, Flanagan descobre que a súa primeira moza, Clara Longo, foi detida acusada de tráfico ilegal de xoias.
Entrementres o Komando Destruction, o grupo de rapaces de dez anos que xa ten aparecido noutras historias, quere contratalo para facer chantaxe á súa mestra.
Flanagan non dubida á hora de axudar a Clara, malia que esta pídelle que a deixe en paz, pero, quizais por sentimento de culpa, sente a necesidade de ir tras Clara. Porén, todo se complica cando sabe que Clara pasou a noite en comisaría por mor da morte da súa tía, coa que vivía.
Flanagan investiga a morte da tía, centrándose no seu mozo, e nun posible amante. Tras unha boa sesión de acción (coma sempre, mesturada con escenas divertidas e absurdas para os perseguidores de Flanagan), e persecucións (desta volta axudado pola nova Honda CBR 125 do detective), no último momento, coa axuda de Charche e Nines, evita a morte de Clara.
Finalmente, descóbrese que o presunto amante da tía era un xuíz que abusara sexualmente de Clara co consentimento da súa tía.
O relato remata cunha festa sorpresa organizada por Charche e Nines, onde están invitados moitos dos coñecidos e amigos de Xan.
Narración
[editar | editar a fonte]O libro ten un crossover coa novela El com del crim dos mesmos autores, quinto volume da saga protagonizada polo detective Àngel Esquius.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha[Ligazón morta] na web da editorial.