Saltar ao contido

Banco de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banco de España
Logo
TipoBanco central e organización
Data de fundación2 de xuño de 1782
Fundador(es)Carlos III de España
Presidente/aPablo Hernández de Cos (2018-) Editar o valor en Wikidata
Sedesede central do Banco de España
EnMadrid
PaísEspaña
40°25′06″N 3°41′41″O / 40.418333, -3.694722
Na rede
http://www.bde.es
Twitter: BancoDeEspana LinkedIn: banco-de-espana Flickr: bde_fotos Galiciana: 2916 BNE: XX144580 Dialnet: 255250 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Banco de España é o banco central de España. É unha entidade de Dereito público con personalidade xurídica propia e plena capacidade pública e privada. No desenvolvemento da súa actividade e para o cumprimento dos seus fins, actúa con autonomía respecto á Administración Xeral do Estado.

Sede principal do Banco de España, en Madrid.

O Banco de España é parte integrante do Sistema Europeo de Bancos Centrais e está sometido ás disposicións do Tratado da Comunidade Europea e aos estatutos do Sistema Europeo de Bancos Centrais.

O Banco de España pode ditar as normas precisas para o exercicio das funcións, que se denominarán «Circulares monetarias». Así mesmo, para o axeitado exercicio do resto das súas competencias, poderá ditar as disposicións precisas para o desenvolvemento daquelas normas que o habiliten expresamente para o efecto. Tales disposicións denominaranse «Circulares». Unhas e outras disposicións serán publicadas no «Boletín Oficial do Estado».

A sede principal está situada, dende 1891, no número 48 da rúa Alcalá, a carón na praza de Cibeles. Tamén hai unha parada de metro co seu nome.

Funcións

[editar | editar a fonte]

O Banco de España participará no desenvolvemento das seguintes funcións básicas atribuídas ao Sistema Europeo de Bancos Centrais:

  • Definir e executar a política monetaria da Comunidade.
  • Realizar operacións de cambio de divisas que sexan coherentes coas disposicións do artigo 109 do Tratado da Comunidade Europea.
  • Posuír e xestionar as reservas oficiais de divisas dos Estados membros. Non obstante, o Goberno poderá ter e xestionar fondos de manobra en divisas, conforme o previsto no artigo 105.3 do Tratado da Comunidade Europea.
  • Promover o bo funcionamento do sistema de pagos.
  • Emitir os billetes e moedas de curso legal.
  • As demais funcións que se deriven da súa condición de parte integrante do Sistema Europeo de Bancos Centrais.

O Banco de España exercerá, ademais, as seguintes funcións:

  • Posuír e xestionar as reservas de divisas e metais preciosos non transferidas ao Banco Central Europeo.
  • Promover o bo funcionamento e estabilidade do sistema financeiro e, sen prexuízo do disposto no cuarto punto anterior, referido aos sistemas de pagos nacionais.
  • Poñer en circulación a moeda metálica e desempeñar, por conta do Estado, as demais funcións que se lle encomenden respecto a ela.
  • Prestar os servizos de tesourería e axente financeiro da Débeda Pública.
  • Asesorar ao Goberno, así como realizar os informes e estudos que resulten procedentes.
  • Elaborar e publicar as estatísticas relacionadas coas súas funcións e asistir ao BCE na recompilación da información estatística necesaria para o cumprimento das funcións do Sistema Europeo de Bancos Centrais.
  • Exercer as demais competencias que a lexislación lle atribúa.

Así mesmo, o Banco de España deberá supervisar, conforme as disposicións vixentes, a solvencia, actuación e cumprimento da normativa específica das entidades de crédito e de calquera outra entidade e mercado financeiro cuxa supervisión lle fose atribuída, sen prexuízo da función de supervisión prudencial levada a cabo polas Comunidades Autónomas no ámbito das súas competencias e da cooperación destas co Banco no exercicio de tales competencias autonómicas de supervisión. Este banco é dos máis seguros de España, pois se se intentase roubar, o chan da fonte de Cibeles caería e inundaríanse ditas cámaras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]