1971
Aparencia
1971 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1971 MCMLXXI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2724 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1420 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4667 – 4668 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5731 – 5732 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2026 – 2027 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1893 – 1894 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5072 – 5073 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1349 – 1350 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1391 – 1392 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2221 | ||||||||||||||||||
|
1971 (MCMLXXI) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano. Foi Ano Santo Xacobeo, e foi declarado Ano Internacional da Loita contra o Racismo e a Discriminación Racial pola Organización das Nacións Unidas.
O ano 1971 tivo tres eclipses solares parciais (25 de febreiro, 22 de xullo e 20 de agosto) e dúas eclipses lunares totais (10 de febreiro e 6 de agosto).
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- O Instituto da Lingua Galega publica o manual Galego 1, primeiro método de ensino do galego [1]
- 1 de xaneiro - Chile: o goberno de Unidad Popular nacionaliza a banca privada.
- 2 de xaneiro - 66 mortos pola rotura das bancadas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow, Escocia.
- 29 de abril - Bolivia nacionaliza a mina de zinc de Matilde, antes pertencente a unha compañía estadounidense.
- 22 de maio - Un terremoto coa duración de 20 segundos destrúe Bingöl, na Turquía, e deixa máis de 1000 mortos.
- 1 de xuño - Veteranos de guerra por unha Paz Xusta protestan contra a Guerra do Vietnam.
- 16 de xullo - Francisco Franco designa Xoán Carlos I como seu succesor.
- 25 de agosto - Bangladesh e a Bengala Occidental sofren fortes inundacións.
- 26 de agosto - Un goberno civil asume o poder na Grecia.
- 17 de outubro - Lanzamento do satélite artificial estadounidense ASTEX.
- 25 de outubro - A Asemblea Xeral das Nacións Unidas admite a República Popular da China e expulsa Taiwán.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 17 de xaneiro - Javier Gutiérrez Álvarez, actor galego.
- 17 de febreiro
- Carlos Gamarra, futbolista paraguaio.
- SaRenna Lee, actriz porno estadounidense.
- Denise Richards, actriz estadounidense.
- Monica Roccaforte, actriz porno húngara.
- 28 de febreiro - Xesús Fraga, escritor galego.
- 27 de marzo - David Coulthard, piloto de Fórmula 1.
- 16 de abril - Selena, cantante mexicano-estadounidense texana.
- 5 de maio - Elvira Riveiro, escritora galega.
- 4 de xuño - Joseph Kabila, presidente da República Democrática do Congo
- 5 de xuño - Mark Wahlberg, cantante de rap e actor estadounidense.
- 27 de xuño - Príncipe Dipendra do Nepal (m. 2001)
- 1 de xullo - Missy Elliott, cantante estadounidense.
- 16 de xullo - Carlos Núñez, músico galego.
- 17 de xullo - Aarne Ruben, escritor estoniano.
- 11 de setembro - Richard Ashcroft, cantante e guitarrista inglés.
- 18 de setembro - Lance Armstrong, ciclista estadounidense.
- 2 de outubro - Tiffany Darwish, cantante estadounidense.
- 13 de outubro - Luís Tosar, actor galego.
- 20 de outubro
- Snoop Dogg, cantante de rap estadounidense.
- Dannii Minogue, cantante e actriz Australiana, filla de Kylie Minogue.
- 29 de outubro - Winona Ryder, actriz estadounidense.
- 24 de decembro - Ricky Martin, cantante portorriqueño.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 10 de xaneiro - Coco Chanel, modista francesa (n. 1883)
- 27 de xaneiro - Jacobo Arbenz, presidente de Guatemala (n. 1913)
- 25 de febreiro - Theodor Svedberg, químico sueco, Premio Nobel (n. 1884)
- 3 de marzo - Harold Clayton Lloyd, actor americano (n. 1893).
- 14 de marzo - Pedro Barrié de la Maza, empresario e político galego (n. 1888).
- 6 de abril - Igor Stravinskii, compositor ruso (n. 1882).
- 15 de abril - Jesusa Prado, política e revolucionaria galega (n. 1897).
- 21 de abril - François Duvalier, coñecido como Papa Doc, ditador do Haití (n. 1904).
- 11 de maio - Antón Iglesias Vilarelle, mestre e músico galego (n. 1891).
- 4 de xuño - Gyorgy Lukács, filósofo húngaro (n. 1885).
- 15 de xuño - Wendell Meredith Stanley, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n. 1904).
- 18 de xuño - Paul Karrer, químico suízo, premio Nobel de Química en 1937 (n. 1889).
- 25 de xuño - Placeres Castellanos, mestra antifascista galega (n. 1896).
- 25 de xuño - John Boyd Orr, físico e biólogo escocés, Premio Nobel (n. 1880).
- 28 de xuño - José Cernadas Pérez, tipógrafo e sindicalista galego (n. 1880).
- 1 de xullo - Sir William Lawrence Bragg, físico británico, premio Nobel de Física en 1915 (n. 1890).
- 3 de xullo - Jim Morrison, músico estadounidense (n. 1943).
- 6 de xullo - Louis Armstrong, músico de jazz estadounidense (n. 1901).
- 23 de xullo - Van Heflin, actor estadounidense (n. 1910).
- 14 de agosto - Francisco Pérez Leirós, político e sindicalista galego (n. 1895).
- 31 de agosto - José Casais Santaló, escritor e diplomático galego (n. 1894).
- 10 de setembro - Pier Angeli, actriz italiana (n. 1932).
- 11 de setembro - Nikita Khrushchev, dirixente da Unión Soviética (n. 1894).
- 20 de setembro - Giorgos Seferis, poeta e diplomático grego, Premio Nobel de Literatura (n. 1900).
- 21 de setembro - Bernardo Houssay, médico, biólogo e fisiólogo arxentino, premio Nobel de Medicina en 1947 (n. 1887).
- 12 de outubro - Gene Vincent, cantante de rock estadounidense (n. 1935).
- 29 de outubro - Arne Tiselius, premio Nobel de Química en 1948 (n. 1902).
- 9 de decembro - Ralph Bunche, diplomático estadounidense, premio Nobel da Paz en 1950 (n. 1904).
- 20 de decembro - Faustino Rey Romero, escritor galego (n. 1921).
- Física: Dennis Gabor
- Química: Gerhard Herzberg
- Fisioloxía ou Medicina: Earl W. Sutherland Jr.
- Literatura: Pablo Neruda
- Paz: Willy Brandt
- Economía: Simon Kuznets
Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1971 |