Saltar ao contido

veleno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «veleno».
Símbolo internacional do veleno
  • Pronuncia: /βe.'le.no̯/ (AFI)

Substantivo masculino

veleno
(sg: veleno; pl: velenos)

  1. (Medicina) Calquera substancia sólida, líquida ou gasosa que pode producir enfermidades, lesións ou alterar as funcións do organismo cando entra en contacto cun ser vivo, e que incluso pode provocar a morte.
    • Exemplo: Moitas cobras teñen veleno nos dentes.

      .
  2. (Medicina) Aquilo que prexudica a saúde.
    • Exemplo: O tabaco e o alcohol son velenos para a saúde.

      .
  3. (Figurado) Actitude maligna de alguén.
    • Exemplo: As palabras do vello estaban cargadas de veleno.

      .

Sinónimos

pezoña

Termos relacionados

velenoso