The Vines
The Vines | |
---|---|
Craig Nicholls | |
Orixe | Sydney, Australia |
Período | 1994 - 2018 (hiato) |
Xénero(s) | rock alternativo, garage rock, grunge, post-punk revival, neo-psicodelia |
Selo(s) discográfico(s) | Wicked Nature, Capitol, Heavenly, Ivy League, BMGCooking VinylSony |
Membros | Craig Nicholls |
Antigos membros | Patrick Matthews Ryan Griffiths Hamish Rosser David Olliffe Brad Heald Lachlan West Tim John |
Na rede | |
http://www.thevines.com/ | |
The Vines é unha banda australiana de rock alternativo formada en Sydney en 1994. O seu son foi descrito como un híbrido musical entre o garage rock dos 60 e o rock alternativo dos 90. O grupo pasou por numerosos cambios na súa formación, sendo o vocalista e guitarrista Craig Nicholls o único membro constante de toda a súa traxectoria.
O éxito de The Vines na insdustria musical australiana fixo que gañase o premio ARIA en 2002 ao artista - sinxelo revelación, por "Get Free" e que recibise outras cinco nomeacións polo seu álbum de estrea Highly Evolved. A banda recibiría outras dúas nomeacións nos anos seguintes. En 2003 o álbum chegaría a ser disco de platino en Australia,[1] e dende entón o grupo publicou seis álbums de estudio máis, o último deles, In Miracle Land, no ano 2018.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Highly Evolved | 2002 | Capitol Records |
Winning Days | 2004 | Capitol Records |
Vision Valley | 2006 | Capitol Records |
Melodia | 2008 | Ivy League Records |
Future Primitive | 2011 | Sony Music Australia |
Wicked Nature | 2014 | Wicked Nature Music |
In Miracle Land | 2018 | Wicked Nature Music |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ARIA Charts - Accreditations - 2003 Albums". web.archive.org. 2012-02-07. Archived from the original on 14 de xuño de 2017. Consultado o 2022-12-23.