Saab 340
Saab 340 | |
---|---|
Saab 340 de NextJet | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Saab |
Primeiro voo | 25 de xaneiro de 1983 |
Introducido | 1984 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Regional Express Airlines Silver Airways Loganair |
Produción | 1983 - 1999 |
Unidades construídas | 459 |
Variantes | Saab 340 AEW&C |
O Saab 340 é un avión bimotor turbohélice deseñado e producido nun principio por un consorcio entre Saab e Fairchild. Segundo o plan inicial Saab construiría a fuselaxe e a cola e realizaría a montaxe final en Linköping (Suecia), mentres Fairchild sería responsable das ás e das carlingas dos motores. Tras o cesamento da produción por parte de Fairchild, as ás foron montadas en Suecia.
Orixinalmente designado como SF340, o primeiro voo do avión foi o 25 de xaneiro de 1983. Despois de que Fairchild saíse do proxecto en 1984, a designación foi cambiada a 340A. Unha versión mellorada do 340A, o 340B, introduciu motores máis potentes e un temón de cola maior en 1989. A versión final, o 340B Plus, incorporou melloras que tamén foron intrucididas ao mesmo tempo no Saab 2000, e entraron en servizo en 1994.
Unha das melloras introducidas no 340B Plus fai a instalación dun sistema de control activo de ruídos na cabina, para reducir os niveis de ruídos para os pasaxeiros. O primeiro 340B plus foi entregado a Hazelton Airlines en Australia en 1995. Outro cambio con respecto aos modelos anteriores foi o traslado do baño do final da cabina de pasaxe ao espazo entre esta e a zona de mando. Isto incrementou a capacidade total de carga, xa que na súa posición orixinal invadía parte da zona para a mesma.
Debido ao descenso das vendas, a produción do Saab 340 rematou no ano 1998.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Saab 340". Airliners.net. Consultado o 2022-04-11.