Saltar ao contido

SU-100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SU-100
Tipocazacarros
OrixeUnión Soviética Unión Soviética
Usado porComando das Forças Conjuntas da Albânia
Construídosao redor de 2330
Peso31.6 toneladas
Lonxitude6100 milímetros
Anchura3.00 metros
Altura2.25 metros
editar datos en Wikidata ]

O SU-100 foi un cazacarros soviético usado extensivamente durante as últimas etapas da segunda guerra mundial e en servizo moitos anos despois cos exércitos dos aliados soviéticos por todo o mundo.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Foi desenvolvido en 1944 como unha mellora do SU-85, fabricado co mesmo chasis do T-34-85. Foi deseñado e construído na UZTM (fábrica de maquinaria pesada dos Urais) en Yekaterinburg. O SU-100 rapidamente demostrou estar entre os mellores canóns autopropulsados da segunda guerra mundial, capaz de penetrar 125 mm de blindaxe vertical a unha distancia de 2.000 m e a blindaxe frontal inclinada de 85 mm do Panther alemán dende os 1.500 m. O seu desenvolvemento estivo supervisado por L. I. Gorlitskiy, deseñador xefe de todos os canóns autopropulsados medios soviéticos. Os traballos comezaron en febreiro de 1944, e o primeiro prototipo do SU-100, chamado "Object 138", fabricouse en marzo. Tras intensiva probas con diferentes modelos de canóns de 100 mm, os enxeñeiros soviéticos aprobaron o canón D-10S para a produción en masa.

O casco do SU-100 tiñan grandes melloras sobre o do SU-85; o espesor da blindaxe frontal aumentouse de 45 a 75 mm, e o posto do comandante colocouse nun pequeno espazo no lado dereito do caso; combinada coa súa cúpula este aumentou enormemente a súa efectividade. Tamén instaláronse dúas unidades de ventilación, en vez da única que levaba o seu antecesor. A produción en masa do SU-200 comezaría en setembro de 1944.