Polunga
Polunga (ポルンガ Porunga?) é un personaxe do anime e manga Dragon Ball. É o dragón das Bólas máxicas do planeta Namek. Polunga só pode ser chamado mediante a linguaxe de Namek. O seu nome significa en namekiano Deus dos soños. O seu tamaño é superior, polo menos o dobre, ó de Shenron. Este Dragón ten maiores poderes que Shenron á hora de cumprir desexos e ademais é quen de cumprir 3 desexos no canto dun só. Morreu unha vez debido a que Saichōrō, ó ser do cal dependía o poder das bólas morreu. As bólas máxicas de Namek convertéronse entón en pedra.
Aparece por primeira vez na saga de Freezer. Despois de que os dous primeiros desexos se fixesen realidade, Saichōrō morre e as bólas máxicas desapareceron. Unha vez resucitado grazas a Shenron, o terceiro desexo puido facerse realidade. Os tres primeiros desexos foron:
- Resucitar a Piccoro, morto no combate contra Nappa.
- Transportar a Piccoro ó planeta Namek.
- Transporta a tódalas persoas do planeta Namek á Terra, agás a Son Goku e a Freezer.
Aparece unha segunda vez durante os combates contra Majin Boo para cumprir os desexos de Vexeta.
- Reconstruír a Terra, que fóra destruída por Boo.
- Resucitar a tódalas persoas mortas dende o día do Torneo Mundial de Artes Marciais, excepto ós malvados.
- Darlle tódalas súas forzas a Son Goku para que puidese ser quen de lanzar a Bóla Genki