Saltar ao contido

Pfiesteria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pfiesteria é un xénero de dinoflaxelados heterótrofos que se asocia con proliferacións de algas nocivas e mortaldade de peixes, que vive en todo o mundo. Pfiesteria considerouse responsable dalgúns casos sonados de grandes mortaldades de peixes, como os que tiveron lugar nas costas de Carolina do Norte e no estuario da Baía de Chesapeake nas décadas de 1980 e 1990. En resposta a estes gromos tóxicos, seis estados da costa leste dos Estados Unidos iniciaron un programa de monitorización para dispoñer dunha resposta rápida en caso de novos gromos tóxicos e para comprender mellor os factores que inflúen na toxicidade de Pfiesteria.[1] Os novos métodos de detección molecular de que se dispón, permitiron saber que a distribución de Pfiesteria é mundial.[2]

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

Pfiesteria descubrírona en 1988 investigadores da Universidade Estatal de Carolina do Norte e o seu nome débese ao da bióloga Lois Ann Pfiester (1936–1992), que fixo gran parte das primeiras investigacións sobre dinoflaxelados. Unha historia en profundidade do descubrimento pode atoparse no libro And the Waters Turned to Blood de Rodney Barker.[3]

Describíronse dúas especies: Pfiesteria piscicida[4][5] e Pfiesteria shumwayae,[6] ambas as dúas cun complexo ciclo vital. Na literatura estes dinoflaxelados ás veces son denominados "organismos complexos Pfiesteria" (PCOs).

Estratexia de alimentación

[editar | editar a fonte]

As primeiras investigacións serviron para formular a hipótese de que Pfiesteria actúa como un depredador de emboscada utilizando unha toxina que paraliza o sistema respiratorio dos peixes susceptibles tales como o Brevoortia tyrannus, aos que causa a morte por anoxia. Despois consome os tecidos da presa morta.[7]

Controversia

[editar | editar a fonte]

A bioloxía de Pfiesteria e o seu papel nas mortaldades de peixes e na saúde humana estiveron suxeitos a diversas controversias debido a investigacións de resultados contraditorios realizadas nos últimos anos.[8][9] Estas controversias afectaron aos seguintes aspectos:

O complexo ciclo de vida de Pfiesteria piscidica tal como se publicou en 1990: en vermello = etapas tóxicas, en amarelo = etapas posiblemente tóxicas, en azul = etapas pasivas.
  • Ciclo vital: As primeiras investigacións que establecían un ciclo vital complexo de Pfiesteria piscicida son agora discutidas debido a resultados contraditorios obtidos en investigacións recentes, especialmente sobre a cuestión da existencia ou non dunha forma ameboide tóxica.[10]
  • Toxicidade: A hipótese de que Pfiesteria mata aos peixes segregando toxinas na auga foi cuestionada porque esta non puido ser illada en varios experimentos. A toxicidade parece depender das cepas e dos ensaios realizados.[11] A principios de 2007 foi identificada unha toxina moi inestable producida pola forma tóxica de Pfiesteria piscicida.[12]
  • Lesións na pel: As lesións observadas sobre os peixes presumiblemente matados por Pfiesteria foron tamén atribuídas a oomicetos por algúns investigadores. Porén, tamén se estableceu que Pfiesteria shumwayae mata aos peixes ao alimentarse da súa pel mediante microdepredación.[13]
  • Impacto sobre a saúde humana: Os efectos en humanos foron cuestionados a finais de 1990 atribuíndoos á histeria causada pola alarma creada.[14] Porén, foron corroborados por unha avaliación posterior.[15] A controversia sobre os efectos na saúde humana da exposición a Pfiesteria aínda continúa.[16][17]
  1. Magnien RE (2001). "State monitoring activities related to Pfiesteria-like organisms". Environ. Health Perspect. 109 Suppl 5: 711–4. PMID 11677180. 
  2. Rublee PA, Remington DL, Schaefer EF, Marshall MM (2005). "Detection of the Dinozoans Pfiesteria piscicida and P. shumwayae: a review of detection methods and geographic distribution". J. Eukaryot. Microbiol. 52 (2): 83–9. PMID 15817112. doi:10.1111/j.1550-7408.2005.05202007.x. 
  3. Barker, Rodney (1998). And the Waters Turned to Blood. New York: Simon & Schuster. ISBN 0-684-83845-1. 
  4. Steidinger, K.A., Burkholder, J.M., Glasgow H.B.Jr., Hobbs, C.W., Garrett, J.K., Truby, E.W., Noga, E.J. and Smith, S.A. 1996. Pfiesteria piscicida gen. et sp. nov. (Pfiesteriaceae fam. nov.), a new toxic dinoflagellate with a complex life cycle and behavior. J. Phycol. 32, 157-164.
  5. Parrow, M. W. & Burkholder, J. M. 2004. The sexual life cycles of Pfiesteria piscicida and cryptoperidiniopsoids (dinophyceae). J. Phycol. 40, 664–673 (2004).
  6. Parrow, M. W. & Burkholder, J. M. 2003b. Reproduction and sexuality in Pfiesteria shumwayae (Dinophyceae). J. Phycol. 39: 697–711.
  7. Eichhorn, Susan E.; Raven, Peter H.; Evert, Ray Franklin (2005). Biology of plants. New York: W.H. Freeman and Company. p. 205. ISBN 0-7167-1007-2. 
  8. "Pfiesteria: Frequently Asked Questions". Arquivado dende o orixinal o 04-03-2008. Consultado o 06-01-2008. 
  9. Miller TR, Belas R (2003). "Pfiesteria piscicida, P. shumwayae, and other Pfiesteria-like dinoflagellates". Res. Microbiol. 154 (2): 85–90. PMID 12648722. doi:10.1016/S0923-2508(03)00027-5. 
  10. Peglar MT, Nerad TA, Anderson OR, Gillevet PM (2004). "Identification of amoebae implicated in the life cycle of Pfiesteria and Pfiesteria-like dinoflagellates". J. Eukaryot. Microbiol. 51 (5): 542–52. PMID 15537089. 
  11. Burkholder JM, Gordon AS, Moeller PD; et al. (2005). "Demonstration of toxicity to fish and to mammalian cells by Pfiesteria species: comparison of assay methods and strains". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 102 (9): 3471–6. PMID 15728353. doi:10.1073/pnas.0500168102. 
  12. Moeller PD, Beauchesne KR, Huncik KM, Davis WC, Christopher SJ, Riggs-Gelasco P, Gelasco AK (2007). "Metal complexes and free radical toxins produced by Pfiesteria piscicida". Environ. Sci. Technol. 41 (4): 1166–72. PMID 17598275. 
  13. Vogelbein WK, Lovko VJ, Shields JD; et al. (2002). "Pfiesteria shumwayae kills fish by micropredation not exotoxin secretion". Nature 418 (6901): 967–70. PMID 12198545. doi:10.1038/nature01008. 
  14. Greenberg DR, Tracy JK, Grattan LM (1998). "A critical review of the Pfiesteria hysteria hypothesis". Md Med J 47 (3): 133–6. PMID 9601200. 
  15. Collier DN, Burke WA (2002). "Pfiesteria complex organisms and human illness". South. Med. J. 95 (7): 720–6. PMID 12144078. 
  16. Morris JG, Grattan LM, Wilson LA; et al. (2006). "Occupational exposure to pfiesteria species in estuarine waters is not a risk factor for illness". Environ. Health Perspect. 114 (7): 1038–43. PMID 16835056. 
  17. Shoemaker RC, Lawson W (2007). "Pfiesteria in estuarine waters: the question of health risks". Environ. Health Perspect. 115 (3): A126–7. PMID 17431460. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]