Peto de dorso branco
Dendrocopos leucotos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Macho de D. leucotos | |||||
Estado de conservación | |||||
Pouco preocupante[1] | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2]
| |||||
Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2]
|
O peto de dorso branco (Dendrocopos leucotos) é un peto euroasiático do xénero Dendrocopos.
É o máis grande dos petos con pintas do Paleártico occidental, de 24 a 26 cm de longo cunha envergadura alar de 38 a 40 cm e cunha plumaxe similar á do peto real, pero con barras brancas nas ás en vez de pintas, e unha parte inferior do dorso branca. O macho ten a parte superior da cabeza vermella, a femia tena negra.[3]
En Europa, viven dúas subespecies: D. l. leucotos, que vive no norte e centro de Europa, e D. l. lilfordi nos Balcáns e Turquía e polo oeste chega aos Pireneos. Outras dez razas viven na rexión cara ao leste ata Corea e o Xapón. É unha ave escasa, xa que necesita grandes extensións de bosque maduro de folla caduca con grandes cantidades de madeira morta aínda en pé ou caída. O seu número diminuíu en Escandinavia. En Suecia, o declive da súa poboación causou que o goberno promulgase a protección da especie no seu Plan de Acción da Biodiversidade nacional.[4] Na estación reprodutora escava un burato para a nidación duns 7 cm de largo e 30 cm de profundidade no tronco dunha árbore podre. Pon de tres a cinco ovos brancos e incúbaos de 10 a 11 días. Vive predominantemente de escaravellos perforadores da madeira e das súas larvas, así como doutros insectos, noces, sementes e bagas. O tamborileo nos trocos dos machos é moi alto, as chamadas inclúen un débil kiuk e un kweek máis longo.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Hai doce subespecies recoñecidas.[5][6]
- D. l. leucotos (Bechstein, 1802), a subespecie nomeada, espallada por Eurasia desde Europa do norte, central e do leste ao noroeste de Asia, Corea e Sakhalin.
- D. l. lilfordi (Sharpe & Dresser, 1871) dos Pireneos a Asia Menor, Cáucaso e Transcaucasia.
- D. l. tangi (Cheng, 1956) da provincia de Sichuan, no oeste da China.
- D. l. subcirris (Stejneger, 1886) de Hokkaido, norte do Xapón.
- D. l. stejnegeri (Kuroda, 1921) do norte de Honshū, Xapón.
- D. l. namiyei (Stejneger, 1886) do sur de Honshū, Kyushu, Shikoku, Xapón, e a illa de Cheju, Corea
- D. l. takahashii (Kuroda & Mori, 1920) da illa Ullung (no leste de Corea).
- D. l. owstoni (Ogawa, 1905) da illa Amami-O-Shima no norte das illas Ryukyu, Xapón.
- D. l. fohkiensis (Buturlin, 1908) das montañas da provincia de Fujian sueste da China.
- D. l. insularis (Gould, 1863) de Taiwán.
- D. l. quelpartensis (Kuroda & Mori, 1918).
- D. l. uralensis (Malherbe, 1860).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dendrocopos leucotos". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ 2,0 2,1 BirdLife International and NatureServe (2014) Bird Species Distribution Maps of the World. 2014. Dendrocopos leucotos. In: IUCN 2014. The IUCN Red List of Threatened Species. Version 2014.3. http://www.iucnredlist.org. Downloaded on 27 May 2015.
- ↑ The Birds of the Western Palearctic [Abridged]. OUP. 1997. ISBN 0-19-854099-X.
- ↑ National Biodiversity Action Plan of Sweden, Uppsala (1999)
- ↑ "GlobalTwitcher.com: White-backed Woodpecker Dendrocopos leucotos". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑ "eol Encyclopedia of Life: Dendrocopos leucotos".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gorman, Gerard (2004): Woodpeckers of Europe: A Study of the European Picidae. Bruce Coleman, UK. ISBN 1-872842-05-4.