Par cranial
Aparencia
Nervios craniais | |
---|---|
Vista inferior do cerebro e tronco do encéfalo amosando os nervios craniais. Unha versión sen lendas pódese descargar aquí | |
Latín | nervus cranialis (plural: nervi craniales) |
Nervios craniais |
---|
CN I - Olfactorio |
CN II - Óptico |
CN III - Oculomotor |
CN IV - Troclear |
CN V - Trixémino |
CN VI - Abducente |
CN VII - Facial |
CN VIII - Vestíbulococlear |
CN IX - Glosofarínxeo |
CN X - Vago |
CN XI - Accesorio |
CN XII - Hipogloso |
Os pares craniais ou nervios craniais son un conxunto de doce pares de nervios pertencentes ó sistema nervioso central.
Características
[editar | editar a fonte]Diferenciánse doutros nervios en que non saen da medula espiñal. Estes nervios dirixen a información en dous sentidos: do sistema nervioso central a músculos ou glándulas, e dos diversos territorios cara ó sistema nervioso central. Certos autores falan dun décimo terceiro par cranial, pero é moi discutida a súa existencia.
Son os principais responsables das diferentes vías de sensibilidade.
- I par cranial: nervio olfactorio. Responsable da vía olfactiva.
- II par cranial: nervio óptico. Vai da retina ó quiasma e outras estruturas do sistema nervioso central.
- III par cranial: nervio motor ocular común ou oculomotor. Move a maior parte dos músculos do ollo.
- IV par cranial: nervio troclear ou patético. Move o músculo oblicuo maior.
- V par cranial: nervio trixémino. Recolle a información sensitiva da faciana e leva motora para a mastigación.
- VI par cranial: motor ocular externo ou abducente. Leva información motora para o músculo recto externo do ollo.
- VII par cranial: nervio facial e intermediario de Wrisberg. Leva información motora para os músculos da faciana e recolle información sensitiva da lingua.
- VIII par cranial: nervio estatoacústico, auditivo ou vestíbulo-coclear. Recolle información auditiva e nociceptiva.
- IX par cranial: nervio glosofarínxeo.
- X par cranial: nervio vago ou pneumogástrico. Leva información parasimpático ás vísceras torácicas e a case todas as abdominais.
- XI par cranial: nervio accesorio ou accesorio espiñal.
- XII par cranial: nervio hipogloso.