Molle
Un molle[1] ou peirao,[2] é unha obra marítima de enxeñaría hidráulica que consiste nunha estrutura costeira alongada que se introduce nos mares ou océanos, fixada no leito acuático polo peso propio das pedras ou dos bloques de formigón, emerxendo da superficie da auga.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo molle deriva do catalán moll, obra de pedra, ferro ou madeira, construída en dirección conveniente na beira do mar ou dun río navegábel, e que serve para facilitar o embarque e desembarque de cousas e persoas[1] e incluso, ás veces, para abrigo das embarcacións, e este do latín mōlēs, -is que, ademais de 'mole, 'peso', 'carga', tamén significa 'dique', 'quebraondas', 'peirao'.
Disposición
[editar | editar a fonte]Necesariamente unha punta do molle sitúase no mar, e a outra punta, en terra. É, por tanto, unha longa e estreita estrutura que se estende en dirección ao mar. Se as dúas puntas estivesen no mar, trataríase dun quebraondas e, se ambas as puntas estivesen na terra, sería un dique.
Usos
[editar | editar a fonte]O molle acostuma ter a finalidade de servir de atracadoiro destinado a proporcionar un lugar de atracacada para navíos e embarcacións nas costas que non contan con augas suficientemente profundas. Pero tamén pode utilizarse para manter aberta a boca dun estuario dun río ou dunha lagoa, como no caso dos molles da barra da lagoa dos Patos no porto de Rio Grande, no Rio Grande do Sur, ou nas lagoas de Marapendi e de Saquarema, no estado do Río de Xaneiro, no Brasil. Algúns molles, non todos, poden tamén servir para manter aberta (libre de agradación ou acumulación de sedimentos) a boca dun estuario.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A súa estrutura pode estar construída a base de bloques especiais de formigón (tetrápodes) ou de rochas. Están calculados, normalmente, para unha determinada altura de onda cun período de retorno especificado. O cálculo dunha estrutura marítima deste porte, así como de diques, esporóns e outras, é realizado por especialistas en enxeñaría hidráulica (en España, enxeñeiros de camiños, canais e portos), xeralmente co auxilio de modelos matemáticos ou físicos construídos nun laboratorio de hidráulica.
Diferenza co píer
[editar | editar a fonte]O píer non é un molle, senón unha estrutura suspendida e apoiada en piares fixados no fondo do mar, que pode servir como atracadoiro (especialmente para pescadores, que pode ter áreas de lecer, e que non conta con quebraondas.
Panorama
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Molle". Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-27.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peirao.