Mockingjay
Mockingjay | |
---|---|
Título orixinal | Mockingjay |
Autor/a | Suzanne Collins |
Cuberta | Tim O'Brien |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | The Hunger Games |
Xénero(s) | Aventuras Ciencia ficción[1] Acción |
Editorial | Scholastic Press |
Data de pub. | 24 de agosto de 2010 |
Formato | Impreso (tapas duras e brandas) |
Páxinas | 390 |
ISBN | ISBN 978-0-439-02351-1 |
Precedido por | Catching Fire |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mockingjay é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada no 2010. É a parte final da triloxía The Hunger Games, sendo as outras dúas The Hunger Games (2008) e Catching Fire (2009). O libro continúa a historia de Katniss Everdeen, que acepta liderar ós distritos de Panem na rebelión contra o tiránico Capitolio. As edicións en tapas duras e en audiolibro foron publicadas por Scholastic o 24 de agosto de 2010. O libro vendeu 450.000 copias logo da primeira semana á venda, superando as expectacións dos publicadores. En xeral recibiu valoracións positivas dos críticos, mentres que a recepción do público e dos fans da saga foi menos entusiasta que cos outros dous libros da triloxía, cun mal recibimento da parte final da historia.
O nome mockingjay refírese ao nome dunha ave ficticia das novelas de Collins, que non foron traducidas a galego. O nome mockingjay é unha mestura dos nomes ingleses das aves: mockingbird (aves norteamericanas do xénero Mimus[2]) e jay (en galego: gaio: Garrulus glandarius), polo que en galego daría algo como mimogaio. Na versión portuguesa chámanlle simplemente tordo, en castelán fíxose tamén a mestura dos nomes das aves dando coma resultado sinsajo.
Para levar ao cinema o libro, Francis Lawrence, o director, dividiu a obra en dúas partes, a primeira The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 estreouse en novembro de 2014, a segunda: The Hunger Games: Mockingjay – Part 2, en novembro de 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mockingjay proves the Hunger Games is must-read literature". io9. 26 de agosto de 26. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ Os Mimus son un xénero da familia Mimidae, que só se distribúen no Novo Mundo e, polo tanto, non se atopan en Galicia, polo cal non teñen unha denominación patrimonial de seu. Esta familia pertence á superfamilia Muscicapoidea, que en Galicia si ten representantes de catro familias e que poderían contribuír a darlle unha denominación ó mockinjay:
- Cinclidae: merlo acuático, merlo rieiro ou rieiro (Cinclus cinclus);
- Muscicapidae: paporroibo, paporrubio ou pisco (Erithacus rubecula), papamoscas paporrubio (Ficedula parva), reiseñor ou rousinol (Luscinia megarhynchos), papoazul (Luscinia svecica), merlo rubio (Monticola saxatilis), merlo azul ou merlo azul (Monticola solitarius), papamoscas cincento (Muscicapa striata), carboeiro, ferreiro, rabirrubio ou rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros), rabirrubio de testa branca ou rabirrubio real (Phoenicurus phoenicurus), chasca colipinta ou chasco rabipinto (Saxicola rubetra) e chasco común (Saxicola rubicola, antes Saxicola torquatus);
- Sturnidae: chirlomirlo ou estorniño (Sturnus vulgaris); e
- Turdidae (que no seu tempo incluíu os chascos, papos e merlos -especialmente Monticola- de Muscicapidae): merlo ou merlo común (Turdus merula)