Saltar ao contido

Lola Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLola Flores

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Dolores Flores y Ruiz Editar o valor en Wikidata
21 de xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Xerez da Fronteira, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de maio de 1995 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Alcobendas, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de mama Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Outros nomesLola Flores
La Faraona Editar o valor en Wikidata
ResidenciaXerez da Fronteira
Madrid Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo español Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCopla Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, actriz de cinema, actriz, bailaor, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata - 1995 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCopla andaluza, Flamenco e Ranchera Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI
RCA Victor
Seeco (pt) Traducir
Belter (pt) Traducir
Sony Music Entertainment Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEl Pescaílla (1957–1995) Editar o valor en Wikidata
FillosLolita Flores, Antonio Flores, Rosario Flores Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarmen Flores Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0282871 Allocine: 248008 Allmovie: p23966
BNE: XX929344 Spotify: 1ZcvF2meiXi5UPDJWxrKR5 iTunes: 14698511 Musicbrainz: e9abb900-fba0-4e1b-ae09-a7ea8f72551b Discogs: 486060 Allmusic: mn0000656420 Find a Grave: 6995486 Genius: Lola-flores Editar o valor en Wikidata

María Dolores Flores Ruiz, máis coñecida polo nome artístico de Lola Flores, nada en Xerez da Fronteira o 21 de xaneiro de 1923 e finada en Alcobendas (Madrid) o 16 de maio de 1995, foi unha cantante de copla, bailaora e actriz española, artisticamente alcumada "La Faraona".

Estivo casada co guitarrista Antonio González "El Pescaílla" (1926-1999), co que tivo tres fillos, os cantantes Lolita Flores (Dolores González Flores) (1958), Antonio Flores (Antonio González Flores) (1961-1995) e Rosario Flores (Rosario González Flores) (1964). Foi irmá da tamén cantante Carmen Flores (1936), tía do exfutbolista e adestrador Quique Sánchez Flores (1965) e avoa das actrices Elena Furiase (filla de Lolita) e Alba Flores (filla de Antonio).

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Lola Flores foi á escola en Sevilla, onde viviu de 1923 en 1933. Formouse artisticamente cos xitanos do seu clan, por exemplo, aos dous anos xa bailara en tablaos con Antonio Chaquetas. Aos dezaseis anos, cando ela e a súa familia volveron a Xerez, xa empezou a cantar e bailar profesionalmente. En 1940 foi a vivir a Madrid e gravou o seu primeiro disco, Lerele. Desde 1941 bailou facendo parella co cantante Manolo Caracol, con quen traballou ata o 1951. En 1957 casou cun guitarrista da súa compañía, o barcelonés Antonio González, El Pescaílla. Actuou en numerosos espectáculos e fixo de actriz nunha trintena de películas, entre elas La Faraona, en 1953, unha das máis soadas, rodada en América.

Producida por Cesáreo González, os anos cincuenta converteuse na estrela con maior caché do Estado Español, cobrando un millón de pesetas por película. Nos sesenta era a miúdo contratada, entre outros, polo goberno, que entón monopolizaba a televisión e controlaba a radio, tanto para programas destes medios como, por exemplo, cada 18 de xullo (inicio da Guerra civil española) para cantar no palacio de La Granja para Francisco Franco. Ao morrer o ditador, a canción e a danza española deixaron de estar de moda, así que a partir de entón dedicouse sobre todo a colaborar en programas de televisión (Sabor a Lola e Ay Lola, Lolita, Lola) e facer películas, por exemplo Sevillanas, de Carlos Saura, en 1992.

Morreu na súa residencia do Lerele o 16 de maio de 1995 aos 72 anos por mor dun cancro de mama que lle foi diagnosticado en 1972.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Premios e honores

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]